Publicidade
Contacto
|
*Amendoados
(07/05/2007) :: Descargar receita en pdf ::
Ingredientes:
Para catro persoas:
· 1/4 kg. de améndoas (en po)
· 1/4 kg. de azucre
· 3 ovos
· canela moída
· relado de pel de limón
· 1/4 vaso de augardente
· azucre en po
Tempo de elaboración: 15 minutos + 20-30 de forno.
Preparación:
Nun bol, mestura as améndoas en po, co azucre, os ovos, a canela, e o relado de limón. Cando teñas unha masa uniforme, fai con ela unhas boliñas como albóndegas.
A continuación imprégnaas na augardente e rebózalas co azucre en po.
Coloca nunha bandexa de forno a 190 grados de 20 a 30 minutos
Bo proveito.
Voltar á Cociña Arroutada!
Ir á Portada
|
Publicidade:
|