*Sopa campesiña
(04/01/2007) ::Ver receita :: Descargar receita en pdf ::
Imos depurarnos!
Pasou o Nadal e como sempre nestas datas un bebe e come demais, nesta sociedade consumista na que nos movemos os excesos están á orde do día.
Por iso imos dar a receita dunha sopiña que lle dá forza e vigor ao corpo e ao mesmo tempo depúranos de tanto doce e de tanta comida...[ler máis]
*Vieiras con crema de grelos
(26/12/2006) ::Ver receita :: Descargar receita en pdf ::
Seica no Nadal o marisco é un prato que de xeito habitual se serve nas mesas do noso país, nesta receita utilizamos unhas vieiras que teñen un prezo alcanzábel e un dos produtos por excelencia do noso interior: os grelos ou nabos. Unha mestura de sabores e de espazos; mar e terra que poden resultar gorentosos a quen os cociñe e sobre todo a quen os coma. Tentade a facelas e xa nos contaredes!...[ler máis]
*Cociña Arroutada!. A nova sección gastronómica en ArroutadaNoticais.com Redacción 17 de decembro de 2006 Por que non só de escribir vive o home... e a muller, decidimos en ArroutadaNoticias.com abrir un espazo de cociña e aínda que pode parecer clásico imos intentar que sexa innovador. Imos comezar con receitas de cociña clásicas, innovadoras, inventadas, escoitadas... todas aquelas receitas que nos resulten interesantes e que teñamos a ben colgar neste lugar de encontro que é ArroutadaNoticias.com...[ler máis]