ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Cinema
Sección coordinada por Bruño Fraga Bugallo

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns


Ligazóns patrocinadas:
contactos liberales
Fotografos Vizcaya
productos masaje
Koplowitz
polilaminado
anuncios clasificados
Energia solar
Muebles de oficina


Publicidade:

*A crítica: Zodiac
(15/06/2007)
PUNTUACIÓN ARROUTADA: 4
15 de maio de 2007 Zodiac é unha película que xerou bastantes expectativas coa súa aparición. O seu director, David Fincher, tiña chamado a atención con títulos como Seven ou o Clube da Loita. O reparto de actores tamén era prometedor: sen haber grandes estrelas mediáticas está inzado de caras coñecidas que triunfaron en series de TV (Anthony Edwards de Urxencias) ou novos valores do cinema ianqui (Jake Gyllenhaal, Mark Ruffalo). Tamén está o xenial Robert Downey Junior, enfant terrible de Hollywood, aínda que non estamos ante a súa mellor interpretación. Estas expectativas xeradas acháronse na súa maioría defraudadas...[ler máis]

*O Cineclube de Compostela condenado pola proxección de Terra negra
Redacción 12 de xuño de 2007 O pasado 30 de Maio, o xuíz Pablo González Carreró Fojón estimaba a denuncia presentada pola produtora Cámara Oscura Películas SL contra o Cineclube de Compostela pola proxección de Terra negra. Coa súa sentencia, condénase ao Cineclube ao pago de 250 euros, máis intereses e custos, en concepto duns alegados dereitos de exhibición, ignorando por completo toda a nosa defensa...[ler máis]

*Non tanto glamour como o pintan
· Unha outra visión da Gala dos Premiso Mestre Mateo 06
Redacción 22 de maio de 2007 O pasado mércores 9 de novembro celebrouse no recén inaugurado e recén privatizado Teatro Colón da Coruña a gala dos Premios Mestre Mateo do audivisual galego correspondentes ao pasado ano 2006. E aló foron quen subscriben por encarga de ArroutadaNoticias, sendo preciso dicir que non comezou a cousa con bon pé...[ler máis]

*Un franco, 14 pesetas, triunfa nos premios Mestre Mateo 06
Redacción 11 de maio de 2007 Un ano máis, a Academia Galega do Audiovisual entregou os seus Premios Mestre Mateo, correspondentes ao ano 2006, na gala celebrada o mercores no Teatro Colón da Coruña. Entre as principais candidatas aos galardóns salientaban producións televisivas como A casa de 1906 ou A vida por diante, e cinematográficas como De Profundis, De bares ou Un franco, 14 pesetas, que contaba co maior número de nominacións, catorce...[ler máis]

*O Cineclube de Compostela enfróntase este xoves a unha demanda pola proxección do filme Terra Negra
· O xuízo realizarase a partir da unha da tarde no Xulgado do Mercantil nº1 da Coruña
Redacción 09 de maio de 2007 O Cineclube de Compostela enfróntase este xoves 10 de maio a unha demanda interposta pola produtora Cámara Oscura Películas SL. Esta empresa privada reclama ao Cineclube o pago de 250 euros en virtude de supostos "dereitos de exhibición" pola proxección do filme Terra Negra o 21 de Febreiro de 2006. O xuízo realizarase a partir da unha da tarde no Xulgado do Mercantil nº1 da Coruña...[ler máis]
*O Cineclube proxecta a obra póstuma de Andrzej Munk

*A crítica: Sunshine
(07/05/2007)
PUNTUACIÓN ARROUTADA: 4
07 de maio de 2007 Danny Boyle deuse a coñecer con Trainspotting en 1996. Nos anos seguintes dirixiu poucas películas, e cun resultado irregular. Dá a impresión de que tenta fuxir do "estigma" que supón ter rodado ese psicotrópico filme de culto, paseando polos xéneros e buscando abeiro nos grandes medios de Hollywood. Sunshine parece un intento máis de se diversificar a súa carreira, neste caso no campo da ciencia ficción...[ler máis]

*O Mércores 9 de Maio celébrase no Colón Caixa Galiza a Gala de Entrega dos Premios Mestre Mateo 06
· Manquiña e Morris, os presentadores. Entre o cadro artístico, Luís Tosar, Farruco, Xosé Ramón Gayoso, Paula Carballeira e Iolanda Muíños. A Banda The Ellas, dá a nota
Redacción 07 de maio de 2007 O Colón Caixa Galiza d'A Coruña acolle o mércores día 9 ás 21:30 hs a Gala de Entrega dos Premios Mestre Mateo 06, que será retransmitida pola TVG. Os seus presentadores, Manuel Manquiña e Antonio Durán (Morris), os músicos da Banda The Ellas, as persoas encargadas de entregar os distintos premios, e diversas famosas e famosos no mundo do audiovisual, conforman o eixe vertebrador do espectáculo desta nova edición dos Premios, é a que maior número de producións se levan presentado para optar a cada unha das 25 estatuíñas que conforman as categorías dos Premios: 125 traballos e 63 Produtoras...[ler máis]

*Presentación de “ABRÍGATE” na Mostra de Cine Latinoamericano de Lleida
· A película rodada en Betanzos o pasado verán competirá na sección oficial a concurso
· Está rodada en galego e en castelán na súa versión orixinal

Redacción 23 de marzo de 2007 O vindeiro domingo 25 de marzo terá lugar no marco da XIII Mostra de Cine Latinoamericano de Lleida a preestrea de “ABRÍGATE”, a primeira película para a grande pantalla do director galego Ramón Costafreda (recoñecido realizador de publicidade e director da tv movie “Máis ca irmáns”) e protagonizada por Félix Gómez, Manuela Pal e María Bouzas, na que tamén intervén un amplo elenco de actores galegos como Celso Bugallo, Pablo Tamayo, Cristina Ramallal, Luis Zahera, Pepo Suevos, etc...[ler máis]

*Festa de sexto aniversario, o sábado no Cineclube
· Contará coas actuacións de Leo i Arremecághona!!! e Ataque Escampe e a proxección de Stop Making Sense
Redacción 23 de marzo de 2007 O Cineclube de Compostela muda de día e actividade para celebrar este sábado 24 de marzo o seu sexto aniversario cunha festa con proxección e concertos. Será, como o resto das súas actividades, no Centro Social O Pichel (Santa Clara, 21), e dará comezo ás 21:30 da noite coa proxección de Stop Making Sense (Jonathan Demme, EUA, 1985). Ás 23:00 comezarán os concertos de Ataque Escampe e O Leo i Arremecaghona!!!. Desta, a música será a protagonista no Cineclube...[máis]

*A terceira xeración, a reflexión de Fassbinder sobre a loita armada, hoxe mércores no Cineclube
Redacción 14 de marzo de 2007 Hoxe mércores 14 de marzo, ás 22:00 horas, o Cineclube de Compostela (Santa Clara, 21) proxecta A terceira xeración (Die Dritte Generation, RFA, 1979), do director alemán Rainer Werner Fassbinder. Este filme representa unha arriscada aposta no cinema do director alemán, virado xa daquela para un cinema político máis afastado das billeterías. Difícil de ver, A terceira xeración é considerada hoxe, no entanto, un dos mellores filmes do director do cinema novo...[ler máis]

*A crítica: Diamante de sangue
(07/03/2007)
PUNTUACIÓN ARROUTADA: 3
07 de marzo de 2007 A acción deste filme de Edwad Zwick sitúase en Serra Leona. Alí mestúranse as historias dun contrabandista de diamantes sen escrúpulos (Leonardo DiCaprio) e un home que perdeu á súa familia e foi obrigado polos rebeldes a traballar na extracción de diamantes como escravo (Djimon Hounsou). El busca ao seu fillo e posúe algo que o contrabandista busca: un diamante de valor excepcional...[ler máis]

*Hoxe luns comeza o prazo para enviar guións ao concurso Compostela Plató de guións para curtametraxes
· Este concurso do IV Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, Curtocircuíto, circunscríbese só ao estado español
Redacción 12 de marzo de 2007 Hoxe luns 12 de marzo comeza o prazo de envío de guións de curtametraxes para participar na sección oficial do IV Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela Curtocircuíto 07, e que leva por título Compostela Plató...[ler máis]

*Sicilia!, o resultado do traballo de Straub e Huillet, o mércores no Cineclube
Redacción 27 de febreiro de 2007 O Cineclube de Compostela despide o mes de febreiro con a proxección de Sicilia!, de Jean-Marie Straub e Danièlle Huillet, este mércores 28 de febreiro ás 22:00 horas no Centro Social O Pichel (Santa Clara, 21). Se no pase da semana pasada -en Onde xace o teu sorriso?- Pedro Costa filmaba o proceso de montaxe e construción dunha longametraxe por parte desta parella de cineastas, esta semana poderemos ver o resultado dese traballo de edición, Sicilia!...[ler máis]

*A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer as e os finalistas dos Premios Mateo 06
• Os sobres coas votacións das socias e socios foron abertos diante dos medios de comunicación
Redacción 23 de febreiro de 2007 A Academia Galega do Audiovisual abriu esta mañá ante os medios de comunicación, os 25 sobres remitidos polo Notario á Xunta Directiva, e que contiñan os nomes das producións e profesionais que as socias e socios da A.G.A. elixiron como Finalistas en cada unha das 25 categorías establecidas nos Premios Mestre Mateo 06...[ler máis]

*Ósos, do portugués Pedro Costa, no Cineclube de Compostela
Redacción 14 de febreiro de 2007 Hoxe, mércores 14, ás 22:00 (no Local Social O Pichel, Santa Clara, 21), o Cineclube proxecta por vez primeira un filme do cineasta portugués Pedro Costa. Trátase de Ósos, realizado en 1997 e protagonizado pola mesma Vanda que tres anos despois protagonizaría No cuarto da Vanda e máis recentemente Xuventude en marcha. Nel, Pedro Costa grava unha historia do mísero Bairro das Fontaínhas, en Lisboa, que adquire a condición de pais no início do filme. Un home que mendiga pola cidade co seu fillo, até que empeza a pensar en vendelo, unha muller que adoita deixar o gas aberto, unha enfermeira que quere axudar a todo o mundo... Como decote, Costa amosa os personaxes, os escenarios, mirando directamente para a cámara...[ler máis]

*Ivan Rodriguez e Antela Cid protagonizan Sueños, a primeira curtametraxe de Marta Cabrera
Redacción 06 de febreiro de 2007 O actor Ivan Rodríguez e a actriz Antela Cid serán os protagonistas da próxima curtametraxe dirixida por Marta Cabrera, da Escola de Imaxe e Son de Vigo, que se rodará en Vigo, Baiona e Nigrán entre o 7 e o 9 de febreiro...[ler máis]

*O Cineclube estrea en Compostela Bs. As., de Alberte Pagán, co seu director
Redacción 06 de febreiro de 2007 O Cineclube estrea en Compostela Bs. As. (Galiza, 2006), o último filme do cineasta do Carballiño Alberte Pagán o mércores 7 de febreiro, ás 22:00 da noite no local social O Pichel (Santa Clara, 21). O filme contará con a presenza do director galego, que xa dirixiu obras como Conversas em Zapatera, Como foi o conto e Os Waslala, e que se ten destacado como a principal figura do cinema experimental na Galiza, tanto na súa faceta de realizador como na de investigador. Bs. As. foi xa amosado aí acabando 2006 na sección "Llendes" do Festival Internacional de Cinema Independente de Xixón e vén de ser seleccionado para a competición oficial no Festival Internacional de Cinema Documental de Nafarroa "Punto de Vista", un certame de referencia para o cinema documental europeo...[ler máis]

*Onte presentouse o documental “Cabo Verde. Sabi. A muller e a terra, o home e o mar”
• O documental emitirase sábado 3 de febreiro ás 15.40 horas pola galega
Redacción 03de febreiro de 2007 Onte presentouse o documental “Cabo Verde. Sabi. A muller e a terra, o home e o mar” coproducido por Abada Xestión Cultural e a CRTVG e dirixido por Manuel Maseda, contando coa colaboración da Dirección Xeral de Cooperación Exterior...[ler máis]

*A Regueifa Plataforma edita o documental CCCV, unha obra de Ramiro Ledo sobre a figura do cineasta galego Carlos Varela
• O documental está editado baixo licenza Creative Commons
• Pódese desacrgar de balde ou visualizar dende Google Video

Redacción 31 de xaneiro de 2007 A Regueifa Plataforma, un Netlabel sen ánimo de lucro que distribue na rede obras baixo licenza Creative Commons, ven lanzar o documental CCCV (Cine Clube Carlos Varela) de Ramiro Ledo. No documental o director vai encadeando a historia do nacionalismo galego entre os anos 1975 e 1980 escollendo as imaxes que o cineasta Carlos Varela deixou nun alarde de premontaxe na gravación...[máis en Cinema]

*Nas lendes do documentario con 'Sen sol' de Chris Marker no Cineclube de Compostela
Redacción 30 de xaneiro de 2007 O Cineclube de Compostela proxecta este mércores 31 de xaneiro, ás 22:00 horas n'O Pichel (Santa Clara, 21), Sen sol (1983), un dos filmes máis importantes do documentalista francés Chris Marker. Sen sol, porén, supera os límites do que tradicionalmente se entende como documentario. É un ensaio, un caderno de viaxes pola vida, un diario poético que vai de San Francisco a Toquio. Une documental e fición, xoga coa montaxe e recréase no mundo onírico que lle suxire a música de Mussorgski, da que está tirado o título do filme, para falar dos recordos...[ler máis]

*Comezan as votacións para elixir os nominados aos Premios Mestre Mateo 06 da Academia Galega do Audiovisual
• Das Produtoras presentadas, un 79 % son da provincia da Coruña, o 15 % de Pontevedra, un 4 % de Lugo e o 2 % restante, de Ourense
Redacción 29 de xaneiro de 2007 A meirande parte das empresas Produtoras ou escolas que presentan candidaturas aos Premios Mestre Mateo 06, están emprazadas na provincia da Coruña: un 79 % delas. A de Pontevedra sitúase en segundo lugar, cun 15 %, e a moita distancia en nº de empresas están Lugo co 4 % e Ourense co 2 %, o que se corresponde coa implantación territorial da industria audiovisual galega. Estas cifras despréndense das candidaturas presentadas aos Premios Mestre Mateo 06 que organiza a Academia Galega do Audiovisual, e que trala xuntanza mantida esta fin de semana pola Comisión dos Premios, quedou fixada a listaxe de candidaturas a cada unha das 25 categorías que establecen as Bases que os rexen. Lembrar que este ano, presentáronse un 55% de empresas máis que na convocatoria do ano pasado, e un 26 % máis o número de producións presentadas respecto do mesmo ano...[ler máis]

*'Tire Dié' e '...A Valparaiso', documental latinoamericano dos 60 no Cineclube
Redacción 24 de xaneiro de 2007 Esta semana, o Cineclube de Compostela programa unha sesión duplae, coa proxección -o mércores 24 ás 22:00 horas no local social O Pichel (Santa Clara, 21) - de dous documentais realizados en Latinoamérica a comezos dos anos 60': Tire Dié, de Fernando Birri e ...A Valparaiso , de Joris Ivens...[ler máis]

*O Cineclube de Compostela presenta, por primeira vez en Galiza "Raymundo"
• O filme é a ópera prima dos cineastas Ernesto Ardito e Virna Molina
Redacción 16 de xaneiro de 2007 O vindeiro mércores 17 de xaneiro ás 22:00 horas proxéctase no Cineclube de Compostela o filme documental "Raymundo", realizado na Arxentina en 2002 por Ernesto Ardito e Virna Molina. A longametraxe está dedicada á figura de Raymundo Gleyzer, cineasta arxentino, realizador de filmes revolucionarios na clandestinidade antes da ditadura de Videla, e militante do partido marxista PRT-ERP, que foi asasinado en 1976 pola Triple A (Alianza Anticomunista Arxentina)...[ler máis]

*Ramiro Ledo presenta o seu filme CCCV o mércores 10 no Cineclube de Compostela
· O director explicará o proceso de realización da fita e proxectarase material inédito de Carlos Varela
Redacción 08 de xaneiro de 2007 O Cineclube de Compostela abre este mércores 10 de xaneiro a súa programación do 2007 coa proxección de CCCV (Cine Clube Carlos Varela) do cineasta galego Ramiro Ledo Cordeiro, no Local Social O Pichel (Santa Clara, 21) ás 22:00. A proxección contará coa presenza do realizador, que explicará ao público asistente de qué xeito foi construindo o filme a partir do proceso de escolma e tratamento do material orixinal ao que tivo acceso. Asemade, logo da proxección de CCCV, serán proxectados anacos inéditos do material filmado por Carlos Varela Veiga, que até o de agora non sairan á luz...[ler máis]

*Faces, de Cassavetes, fecha a programación de 2006 no Cineclube
Redacción 26 de decembro de 2006 O Cineclube de Compostela fecha a súa programación para o 2006 este mércores 27 ás 22:00 no centro social O Pichel (Santa Clara, 21), co filme Faces (1968), de John Cassavetes: a neurose e insatisfacción dun matrimonio de clase media nos sesenta contadas con escenas improvisadas, os monólogos nocturnos de empresarios arrepentidos de seren tan burgueses, discurso metacinematográfico... Cassavetes creou unha forma americana de cinéma vérité co seu uso innovador da cámara de cine, perspectiva intensamente emocional, e a énfase na improvisación. O crítico Ray Carney denominouno pai do cinema independente americano...[ler máis]

*Unha verdade incómoda
(21/12/2006)
PUNTUACIÓN ARROUTADA: 7
21 de decembro 2006 Nas últimas semanas tense falado moito deste filme que conseguiu espertar a preocupación polo cambio climático, ocupando espazo nos telexornais e nas conversas cotiás, a pesar de non se ter estreado nalgunha cidade galega...por agora. Non se trata dun filme convencional de ficción co seu inicio, no e desenlace. Tampouco é exactamente un documental. Trátase da filmación dunha conferencia sobre o cambio climático ofrecida por Al Gore (acostumaba a ser o próximo presidente dos Estados Unidos, como el mesmo se presenta) na que se intercalan momentos de corte autobiográfico nos cales o propio Gore explica a evolución e motivacións da súa preocupación por este tema...[ler máis]

*O Ilusionista
(11/12/2006)
PUNTUACIÓN ARROUTADA: 6

*Cinema. A nova sección de crítica de cinema en ArroutadaNoticias.com
Readacción 11 de decembro 2006 Cinema é a nova sección de crítica de cinema en ArroutadaNoticias.com, coordinada por Bruño Fraga Bugallo (A Coruña, 1983) publicaremos semanalmente unha crítica a unha película escollida por el así como a "Puntuación Arroutada" que el lle asignará a cada filme. Para a estrea da sección Bruño escolleu a película O Ilusionista de Neil Burger á que lle da unha Puntuación Arroutada de 6.

Ir á Portada


Publicidade:

Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com