ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*5ª Crónica de Iván Prado dende Chiapas. Crónica de circos e outras historias

Día a día vai medrando o proxecto de pallasos en rebeldía de Galicia no seo da revolta indíxena.

En 1995 cheguei a Chiapas para participar na inauguración dos Augasquentes e naquel momento sentía que o meu camiño vital estaría sempre ligado a esta revolución indíxena, pero a verdade é que co exército pisándonos os talóns e as comunidades zapatistas inmersas no proceso de defensa armada do seu territorio, non atopaba xeito de acoplarme a un movemento clandestino cunha forma de vida tan diferente á que eu coñecía.

No 96 realicei unha viaxe para pór en marcha un proxecto de cooperación coa Comunidade da Realidade e entrevistarme coa comandancia. Pero era o mometo de romper o diálogo co  Goberno por incumprir os acordos de San Andrés, así que frustradas as nosas intencións e con certa crise no corpo marchamos para casa coas mans baleiras. Voltamos en 1998 despois da Matanza de Acteal nunha iniciativa da que teremos que falar  de vagar algún día: a comisión civil de DDHH, na que intregaba con sete compañeiros máis a Coordinadora Internacional da mesma. Unha viaxe durísima Logo virían máis viaxes e traballos pero ata a Marcha da Cor da Terra no 2001 no fun capaz de reconcialiarme con esta revolución que tiña tempo indíxena e estratexias indescifrables. Foi na zona norte, no ano 2001,  actuando no caracol V "Que fala para todos" e dando talleres para os promotores de educación da terceira xeración; logo viñeron xiras de actuacións e pequenas obradoiros de xogos polas comunidades dos municipios autónomos do Traballo, Ti`Colenja, Venustiano Carranza, Tila.., días nos que comezamos a coñecer o funcionamno dos Caracois, a nova estructura organizativa da que se dotaran os municipios en resistencia  para construír a autonomía.

Hoxe estamos dando formación en técnicas de  pallasos malabares e  xogos cooperativos, aplicadas á pedagoxía, pero sobre todo estamos sedimentando a futura Escola de Novo Circo.

Despois de tres días de pallasadas  os plans da escola dispáraronse: de setembro a decembro volveremos a Chipas para participar na creación da 5ª xeración de promotores de educación e no curso de reciclaxe dos promotores existentes pero ademais coñeceremos ao grupo de compas que xa terán decidido, para daquelas, baixo acordo da súa comunidade entrarlle a ser pallasos.

Para daquelas unha nova aventura zapatista erguerá o voo destino ao planeta dos cómicos, dos cómicos con pasamontañas e paliacates, dos bufóns que apostan o seu pescozo por rirse do monarca, dos pallasos que empreñan un nariz vermello como arma contra as inxustizas.


Voltar a novas

Ver anteriores