|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*4ª
Crónica de Iván Prado dende Chiapas
O
primerio día de traballo cos promotores de educación
deste sector do V Caracol, tróuxonos futbol, un baño
paradisíaco, case 8 horas de traballo e varias
sorpresas.
Máis
de sesenta promotores e promotoras de educación estaban
agardandando pola nosa chegada, homes e mulleres que entregaron
unha parcela moi importante da súa vida á comunidade
e á causa zapatista. Dende nenos de 13 anos ata pais e nais
de familia que poden rír e xogar como rapaces pero que á
hora de traballar demostran unha responsabilidade e un compromiso
só explicable dentro dun proceso revolucionario.
Empezando
os traballos fixemos varios xogos de coñecemento que pronto
nos regalaron varias sorpresas como o xogo da Telaraña, na
que as persoas preséntanse ao grupo lanzando un ovillo
de lá mentras explican un soño na vida, para pouco a
pouco irse construindo unha rede de soños comunitarios. E
alí metidos no cento de formación escoitamos a
promotores que o seu soño era o de que sub volvese ben
e pronto, ou ser piloto de avións, ou que a revolución
triunfase, ou facerse insurxentes.
Descubrimos que na
serra zapatista tamén se fala galego variante chol, xa que
os compas enseguida repetían entre eles as palabras que nos
escoitaban, escachando da risa, imitando o noso acento. Finalmente
triunfou a de "ostia como pican estas formigas..."
Pero
a mellor sorpresa de todas foi cando en metade dunha xuntanza de
avaliación dos obradoiros do día cos coordinadores
da formación, un dos compas, (imos porlle de nome Pedro)
que é o máximo responsable de educación do V
Caracol, comenzou a explicar o proxecto en Chiapas dos Pallasos en
Rebeldía de Galicia como unha realidade xa, todos os
galegos da xuntanza empezamos lanzarnos miradas de complicidade.
Parece que o camiño emprendio xa hai tempo comeza a dar
froitos.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|