ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*3ª Crónica de Iván Prado dende Chiapas


14 de abril día da República: Os Pallasos en Rebeldía saen para Tila.

Cada Caravana a Chiapas convértese nunha viaxe na montaña rusa da vida, cando te decatas estás cabeza abaixo ou revivindo o mesmo bucle histórico centrífugamente.


Celebrar o 75 aniversario da 2ª República española en metade da montaña zapatista, rodeado de promotores de educación en resistencia, e preparando os talleres dos Pallasos en Rebeldía de Galicia, co resto dos meus compañeiros de aventuras, é posiblemente o mellor xeito de revivir na actualidade momentos emocionantes da historia do noso país, pero cun océano e milleiros de cerros polo medio.

Saímos con tres horas de retraso do Caracol destino Jolja, o outro centro de formación zapatista, e tras seis horas de viaxe e búsqueda de baterias de coche e auga de lume (imprescindibles para realizar a nosa xira), chegamos a unha paraxe incrible de montañas e vales no corazón do municipio de Tila, o maior foco de paramilitares de toda a zona.

Entre o Caracol e Jolja vivimos momentos dunha roadmovi, con historias da guerrilla incluíndas, escenas do lonxano oeste (entrando na vila de Tila a buscar gasolina baixo as amenazantes miradas dos priístas) e negociacións imposibles con mestizos  convertidos en pequnos administradores do racismo local.

Chegamos, descargamos e fómonos a lavar a un regato con pozas e penedos de película, alí entre as risas do baño e frotando a roupa do espectáculo eu non podía deixar de pensar na fortuna e na decisión que marca a miña vida. Dende moi neno víame a min mesmo convivindo con indíxenas nas selvas Centroameriacanas, colaborando coas guerrillas e aportando a miña achega á construcción dun mundo máis xusto. Tamén me vía subido ao sofá da miña casa mentres botaban películas de romanos dirixindo compañías de teatro; aínda lembro unha conversa que tiven cun Luis Tosar aínda adolescente nos asentos dun bus camiño a Ribadeo (íamos a facer unha animación de rúa con Tareixa, a nosa mestra en común de teatro) eu tería 13 ou 14 cando lle dixen a ese compañeiro accidental de viaxe que eu no mundo do teatro quería ser director. Case vinte anos despois aquí me atopo, dando clases e dirxindo compañías de pallasos rebeldes, galos e indíxenas.


Voltar a novas

Ver anteriores