ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas


Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*
2ª Crónica de Iván Prado dende Chiapas


Un baño coa Xunta de Bon Goberno nas fervenzas máis magnificas de Chiapas, pode ser unha verdadeira inmersión no mundo máxico do neozapatismo indíxena.

Se as fervenzas do Bashkan son o suficientemente imponetes para emocionar a calquera, en compañía dos líderes desta revolta india os efectos multiplícanse ata perder a conta.

Saltar de poza en poza, perseguir unha iguana, bucear por covas misteriosas e deitar o lombo baixo auténticos grifos naturias de hidormasaxe, pode parecer o anuncio dunha publicidade turística, pero nada máis lonxe da realidade, se neste momento nesta zona de Chiapas non hai un inmenso complexo turístico de luxo é xustamente porque o zapatistas co seus corpos e os seus traballos o levan impedindo dendo hai xa varios anos, aínda a costa de enfrentamentos con outros sectores da comunidade, éntreles ospropios paramilitares.

E eles que son conscientes do efecto multiplicador que ten o movemento zapatista a nivel internacional, non perden ocasión de explicar porque é tan importante loitar pola autonomía indíxena que lles garantiría, entre outras cousas, poder facer usos dos seus recursos naturais para impedir que fosen expoliados polas multinacionais que controlan a economía mexicana.

Pola tarde despois de repoñer forzas sen descabalgarnos da montaña rusa emocional na que sempre se convirten as nosas caravanas, poñemos en pé o primerio pase da versión zapatista da Cadeira Voadora, ante a Xunta sen pasamontañas e os nenos da comunidade sen vergoña ningunha despois de catro visitas a este Caracol.

Entre nervos, olvidos, improvisacións e moitas rissa a representación foi chegando á parte final, onde un Lokonuk desposuído da súa nariz vermella, intenta transmitir aos compas unha mensaxe de apoio e alento no nome de moitas persoas solidarias de Galicia, aplausos e vivas para o EZLN e para os Pallasos en Rebeldía de Galicia. A función rematou, os pallasos xa chegaron a territorio rebelde.


Voltar a novas

Ver anteriores