|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*1ª
Crónica de Iván Prado dende Chiapas
Chegamos
ao Caracol que Fala para Todos despois de 42 horas de viaxe:
avión, autobús e redila. Neste México
preelectoral todo é posible, ata que un bus sexa un
avión terrestre ou que os dirixentes do P.R.I monten
unha plataforma para democratizar o país.
Marcos
segue de ruta pedagóxica desa revolución que nace de
abaixo e nós chegamos en día santo ao Caracol máis
machado polos paramilitares.
Tres horas esperando á
beira do camiño a que alguén nos dera permiso para
entrar en zona de resistencia, pagan a pena se despois es recibido
pola Xunta de Bon Goberno que se reune ese día en exclusiva
para darnos a benvida e aprobar todas as nosas propostas.
Tres
compas, un cartel do Che, a mítica Casa da Xunta cun
caracol de río do que nace un inmenso ceo de esperanza
rebelde e o noso "abuelo" que é como lle chaman
os indios ao noso baúl de teatro, fan de escenografía
deste encontro onde chegan as nosas rias ata ao campamento cilvil
pola paz. Os compas pasamontañas, incluído, están
contentos, dannos a benvida con chistes e nós mantemos unha
conversa de amigos nese lugar sin tempo é a utopía
que camiña.
Despois bicos e abrazos cos amigos
promotores de educación, plans de traballo, partido
de basket, o inseparable diablo... parece como se nunca
marcharamos desta terra.
Imos marchar a Jolja, o centro de
formación da zona sur do caracol, para dar talleres a 80
promotores de educación choles: clown, malabares e xogos
cooperativos. Parece por fin que a escola de novo circo xa empeza
a tomar corpo sobre todo desde que os compas decidiron adoptar a
estos pallos en rebeldía de Galicia, os soyapos como
eles nos chaman, pero bueno se a Paulo Freire lle chaman Paulo
Fritas ben podemos acertar que a nos tamén nos muden o
nome.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|