Publicidade
Contacto
|
*Amnistía Internacional organiza mañá en Vigo un debate sobre a Lei de dereitos das vítimas da Guerra Civil e do Franquismo
· O ex Fiscal Xeral do Estado, Jiménez Villarejo, participará no acto
Redacción 28 de febreiro de 2007 Mañá xoves 1 de marzo Amnistía Internacional organiza ás 20.00 h. Sala de Conferencias o Centro Social Caixanova (Policarpo Sanz 26-28, Vigo) un debate co título: ¿Cara a unha Lei de “Punto Final” en España? Non hai dereito. No acto participarán Carlos Jiménez Villarejo, ex Fiscal Anticorrupción, Flor Baena, irmá de Xosé Humberto Baena Alonso, executado o 27 de setembro de 1975, e Virginia Álvarez, responsable de Política Interior e Dereitos Humanos de Amnistía Internacional no estado español...[ler máis]
*A Asociación Socio-Pedagóxica Galega estrea nova páxina web
· Desde a Videoteca pódense descargar de forma gratuíta 30 títulos de vídeos elaborados pola AS-PG
Redacción 28 de febreiro de 2007 Despois de case un ano de traballo, a AS-PG presenta a súa nova páxina web. Unha imaxe renovada sen deixar de lado o deseco co que xa estaba identificados. O Museo Virtual, onde se poden visitar as exposicións realizadas polas asociación, ou a Videoteca, onde se poden visualizar ou descargar de baldo máis de 30 títulos de videos, son algunhas das principais novidades...[ler máis]
*Grupo ecoloxista ADENCO: 17 anos defendendo a natureza no Condado
· Celebrarase unha acto con intervencións de ex presidentes e inaugurarase unha exposición fotográfica o próximo 2 de Marzo
Redacción 28 de febreiro de 2007 O pasado 23 de Febreiro o Grupo Ecoloxista Adenco cumpría 17 anos dende a súa fundación. Foi a comezos de 1990 cando un grupo de mozos e mozas do Condado se decidían a constituir unha asociación que defendese a natureza e tratase de concienciar á cidadanía da comarca dos problemas ambientais de cada Concello...[ler máis]
*Educación comprométese coa Mesa a pór en marcha os mecanismos para a correcta aplicación do decreto do galego no ensino
Redacción 27 de febreiro de 2007 A Conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, manifestou hoxe ante os medios de comunicación o seu compromiso para a posta en marcha de diversos mecanismos que garantan a correcta aplicación do decreto de galeguización do ensino, recentemente consensuado polos tres grupos parlamentares galegos, BNG, PSdeG e PPdeG...[ler máis]
*Vigo acollerá o Campionato de España de Grupos de Show de Patinaxe
· Hoxe tivo lugar o acto de presentación do campionato, que terá lugar os días 16 e 17 de marzo nas Travesas
· O Carpa, club organizador do evento, celebra o seu 25 aniversario
Redacción 27 de febreiro de 2007 A cidade de Vigo acollerá os próximos días 16 be 17 de marzo o Campionato de España de Grupos de Show, no que os clubs galegos intentarán demostrar que son unha potencia nesta nova modalidade de patinaxe...[ler máis]
*Sicilia!, o resultado do traballo de Straub e Huillet, o mércores no Cineclube
Redacción 27 de febreiro de 2007 O Cineclube de Compostela despide o mes de febreiro con a proxección de Sicilia!, de Jean-Marie Straub e Danièlle Huillet, este mércores 28 de febreiro ás 22:00 horas no Centro Social O Pichel (Santa Clara, 21). Se no pase da semana pasada -en Onde xace o teu sorriso?- Pedro Costa filmaba o proceso de montaxe e construción dunha longametraxe por parte desta parella de cineastas, esta semana poderemos ver o resultado dese traballo de edición, Sicilia!...[ler máis]
*Cuestionan o ensino do galego n´O Bierzo dende o "leonesismo cultural"
Redacción 27 de febreiro de 2007 A Asociación Cultural Fala Ceibe d´O Bierzo denuncia "un novo ataque do leonesismo cultural" cara ao ensino do galego n´O Bierzo. Reproducimos a continuación o comunicado íntegro. Segundo información de Diario de León, de 20 de febreiro de 2007, dúas organizaciois culturais leonesistas, a saber, Amigos del Patrimonio e Proidentidad Leonesa, aproveitaron a súa carta-queixa ante o Procurador do Común de Castela e León -figura semellante ao Valedor do Pobo Galego- para criticar aspectos relacionados co ensino do galego n´O Bierzo...[ler máis]
*Creado un foro de debate sobre o Entroido
Redacción 26 de febreiro de 2007 O pasado sábado 24 de febreiro, tivo lugar -nos locais do Ateneo ourensán- a
constitución da Plataforma para o Estudio e Difusión do Entroido. Esta Plataforma -que agrupa a persoas de Xinzo, Verín, Laza, Viana do Bolo, A Gudiña, Vilariño de Conso e Ourense- nace cos seguintes obxectivos: Interpretar, conservar e difundir os símbolos e ritos tradicionais presentes no ciclo festivo do Entroido; favorecer o desenvolvemento da oferta cultural específica que permita a
proxección dunha imaxe de calidade culturale deseñar e desenvolver estratexias e accións encamiñadas a garantir a
sustentabilidade dos Entroidos tradicionais...[ler máis]
*Ryanair regala billetes á terra de Robin Hood
· Só fai falta acudir hoxe luns 26 ás 12:00 ao Centro Comercial Área Central
Redacción 26 de febreiro de 2007 Ryanair, a aeroliña europea número 1 en tarifas económicas, celebra a inauguración da súa nova ruta Santiago de Compostela - Nottingham East Midlands o vindeiro martes 27 de marzo, regalando billetes gratis (taxas non incluídas) á terra de Robin Hood. Tal como Robin Hood axudaba aos pobres de Sherwood Forest a gozar dunha calidade de vida parecida á dos ricos, as tarifas baixísimas de Ryanair fan que o transporte aéreo estea ao alcance de todas e todos...[ler máis]
*As técnicas e técnicos da Delegación da Galega en Lugo pasarán ao cadro de persoal da CRTVG
Redacción 23 de febreiro de 2007 O Xulgado do Social número 1 de Lugo declarou lexítimo o dereito das técnicas e técnicos da delegación da Galega nesta cidade a seren considerados persoal laboral indefinido da sociedade anónima Televisión de Galiza. As beneficiarias e beneficiarios desta decisión xudicial son os seis cámaras e tres das catro montadoras e montadores da delegación luguesa -a cuarta montadora optou por irse-. Actualmente, as nove técnicas e técnicos están contratados por unha produtora de televisión, Produtora El Progreso, filial do xornal lucense, pero a Xustiza tivo en conta que "existe unha cesión ilegal de man de obra por parte desta empresa en beneficio da TVG". Nalgún dos casos, esta ilegalidade remontábase ata vinte anos atrás...[ler máis]
*Nace o Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego
• A facturación do sector gráfico e editorial galego crece por encima da media estatal.
• A asemblea constituinte terá lugar o próximo 20 de marzo no Auditorio de Galiza.
Redacción 23 de febreiro de 2007 Hoxe tivo lugar en Santiago de Compostela a presentación do Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego, que estará integrado polos sectores gráfico, editorial, publicitario e os seus provedores. Este novo conglomerado empresarial, que se constituirá oficialmente o próximo 20 de marzo, perseguirá fomentar a formación do capital humano dos distintos sectores contribuíndo así á innovación produtiva e á proxección internacional...[ler máis]
*A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer as e os finalistas dos Premios Mateo 06
• Os sobres coas votacións das socias e socios foron abertos diante dos medios de comunicación
Redacción 23 de febreiro de 2007 A Academia Galega do Audiovisual abriu esta mañá ante os medios de comunicación, os 25 sobres remitidos polo Notario á Xunta Directiva, e que contiñan os nomes das producións e profesionais que as socias e socios da A.G.A. elixiron como Finalistas en cada unha das 25 categorías establecidas nos Premios Mestre Mateo 06...[ler máis]
*A Mesa pola Normalización Lingüística propón que se actualice a Lei de Uso do Galego na Administración Local
• A asociación considera un “bo punto de partida” o novo decreto do ensino
Redacción 23 de febreiro de 2007 A Mesa Pola Normalización Lingüística presentou esta mañá en conferencia de imprensa a campaña para a galeguización da administración local que a asociación vai acometer de cara ás vindeiras eleccións municipais. Carlos Callón, presidente da Mesa, recordou que, tal día como hoxe, en 1936, Ánxel Casal convertíase no primeiro concelleiro e alcalde que empregaba o galego nun discurso oficial desde a Idade Media, neste caso na súa toma de posesión como rexedor de Compostela...[ler máis]
*Terceira edición do premio a artigos xornalísticos sobre a normalización lingüística
Redacción 22 de febreiro de 2007 O Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo chega neste ano á súa terceira edición. O certame, que outorga un primeiro premio de 1.000 euros e un segundo de 350, realízase desde 2005 e en colaboración con oito medios de comunicación escritos, que publicarán os dous artigos gañadores. Esta iniciativa convócaa a Concellaría de Cultura, Ensino e Normalización Lingüística, desde o Servizo de Normalización Lingüística municipal do Concello de Carballo, entidade comprometida coa dinamización social do uso do galego, e busca os obxectivos de promover a reflexión sobre a situación social da lingua galega e de crear espazos nos xornais para analizar esta situación...[ler máis]
*Nordestin@s, o mellor disco galego do ano
Redacción 22 de febreiro de 2007 O proxecto das Guadi Galego, Ugia Pedreira e o Abe Rábade venceu nos VI Premios Opinión de Música Folk, organizados polo xornal coruñés La Opinión, mesmo por diante de bandas coma Berrogüetto ou Milladoiro, que celebraban os cadanseus 10 e 25 anos de vida con álbums editados para a ocasión. Estes grupos quedaron no segundo e terceiro, respectivamente, entre un total de nove nominados...[ler máis]
Voltar
á Portada
Ver
anteriores
|
|