ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas entre o 03/02/07 e o 14/02/07

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*R ofrecerá servizo de telefonía móbil
· O lanzamento destes novos servizos poderá realizarse arredor do derradeiro trimestre do ano 2007
· R centrará a súa atención prioritaria nos seus clientes actuais

Redacción 14 de febreiro de 2007 R, o operador galego de comunicacións por fibra óptica, chegou a un acordo con Vodafone España para ofrecer servizos de telefonía móbil. A estratexia de R para a prestación de servizos de telefonía móbil é realizar os investimentos necesarios, desta volta estimados a medio prazo, arredor de 60 millóns de euros, para respostar ao reto da integración de todos os servizos nunha única rede. Deste xeito R pode garantir a calidade e capacidade de diferenciación en todos os seus produtos e servizos...[ler máis]

*A Mesa exíxelle á Consellaría de Educación medidas urxentes para a galeguización do ensino
· A organización asegura que nada impide comezar a traballar antes da aprobación do novo decreto
Redacción 14 de febreiro de 2007 Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, e Francisco Rei, responsábel nacional da Mocidade pola Normalización Lingüística, compareceron onte ante os medios de comunicación para exixirlle á Consellaría de Educación, que dirixe Laura Sánchez Piñón, que avance na elaboración do decreto de galeguización do ensino non universitario, que, segundo as estimacións da propia Consellaría, debería estar listo no mes de marzo para poder entrar en vigor o vindeiro curso...[ler máis]

Novas voces en ArroutadaNoticias.com
*Ana Patricia Vigo estrea a súa sección "Petruciadas" cun artigo titulado "As contradiccións do mundo actual"
• Ana Patricia: "A historia que nos tocou vivir parece sacada dun guión do cine surrealista"
Redacción 14 de febreiro de 2007 Ana Patricia Vigo Fernández, pasa a formar parte das opinións de ArroutadaNoticias.com. A súa sección "Petruciadas" estréase cun artigo no que fai unha reflexión a situación na que se atopa o mundo actual que, en palabras de Ana, "roza os lindeiros do absurdo".
Tamén podes ler os novos artigos de Fernán Xosé, Patrimonio II "Vai de seitura" e de Adela Figueroa Que acontece co noso estatuto? ..[máis en Opinión]

*Oito candidaturas optan á III Edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa
· O gañador darase a coñecer o 10 de abril
Redacción 14 de febreiro de 2007 Oito candidaturas optan á III Edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, unha iniciativa do Colexio Profesional de Xornalistas de Galiza (CPXG), o Club de Prensa de Ferrol e Caixanova. Os finalistas son César Hildebrant, Felipe Suárez, Gervasio Sánchez, Gorka Landaburu e o xornal Euskadunon Egunkaria, Jon Lee Anderson, as fotoxornalistas Marisa Flórez e Queca Campillo, Tomás Alcoverro e Pedro Nolasco...[ler máis]

*Alberte Ansede, novo Secretario de Organización do BNG
· Afirma que “todo o traballo político do BNG no Estatuto foi un acerto pleno”
Redacción 14 de febreiro de 2007 O secretario de Organización da nova Executiva do BNG, Alberte Ansede afirmou, nunha entrevista publicada no web da formación nacionalista, que “todo o traballo político do BNG no Estatuto foi un acerto pleno”. Explicou que: “O BNG fixo pedagoxía política e por iso gañamos o debate. Hoxe, o pobo galego está convencido de que precisamos un maior nivel de competencias e autogoberno.”...[ler máis]

*Ósos, do portugués Pedro Costa, no Cineclube de Compostela
Redacción 14 de febreiro de 2007 Hoxe, mércores 14, ás 22:00 (no Local Social O Pichel, Santa Clara, 21), o Cineclube proxecta por vez primeira un filme do cineasta portugués Pedro Costa. Trátase de Ósos, realizado en 1997 e protagonizado pola mesma Vanda que tres anos despois protagonizaría No cuarto da Vanda e máis recentemente Xuventude en marcha. Nel, Pedro Costa grava unha historia do mísero Bairro das Fontaínhas, en Lisboa, que adquire a condición de pais no início do filme. Un home que mendiga pola cidade co seu fillo, até que empeza a pensar en vendelo, unha muller que adoita deixar o gas aberto, unha enfermeira que quere axudar a todo o mundo... Como decote, Costa amosa os personaxes, os escenarios, mirando directamente para a cámara...[ler máis]

*Preocupación entre os clubs membros da Asociación de Clubs Galegos de Fútbol ante a demora da resolución do Expediente Sancionador Incoado contra Julio Meana por parte do Comité Galego de Xustza Deportiva
Redacción 13 de febreiro de 2007 A Asociación de Clubs Galegos de Fútbol presentou onte, un escrito dirixido ao Presidente do Comité de Xustiza Deportiva, asinado polo seu Presidente Plácido Díaz Fernández, reclamando unha pronta resolución para o Expediente Sancionador presentado por esta Asociación, incoado contra a presunta responsabilidade do Presidente da Federación Galega de Fútbol Julio Meana, así como do seu Secretario Xeral Ramón de Llano, do seu vicesecretario Benjamín Amido, do seu tesourero Luís Caridade e de Fernando Blanco, como Presidente do Comité de Adestradores. Este expediente data do vinte e nove de setembro do pasado ano...[ler máis]

*O "Sim" vence en Portugal, o aborto deixará de ser crime
Redacción 12 de febreiro de 2007 O "Sim" acaparou 59,25 % dos votos emitidos fornte ao 40,75 % para o "Não". A lei que despenaliza o aborto a pedido da muller até ás dez semanas será aprobada con caracter de urxencia, a pesar de que o resultado do referendo foi non vinculante debido á abstención do 56,4 %...[ler máis]

*Subcomandante Marcos: “En Chiapas é delito ser zapatista ou activista polos dereitos humanos”
Redacción 12 de febreiro de 2007 O Exercito Zapatista de Liberación Nacional di a súa palabra sobre o que os “malos gobernos” están preparando, no estado de Chiapas, en contra das comunidades indíxenas zapatistas. Transcribimos a continuación –traducido ao galego- o comunicado asinado polo Subcomandante Marcos envíado o pasado día nove e publicado en Nuestra América...[ler máis]

*Galiza ocupa o quinto posto estatal no ranking de actividade empresarial
• Máis de 6.800 novas sociedades en todo o ano, o que equivale a un crecemento do 6,34% respecto ao ano anterior.
• A Coruña e Pontevedra, as provincias máis activas

Redacción 08 de febreiro de 2007 Axesor Grupo Infotel, empresa española especializada no fornecemento de información empresarial por Internet, presenta o seu informe “Axesor Radar Galiza” de todo 2006, que recolle os datos sobre a actividade empresarial galega durante o conxunto do pasado ano. Con estes datos, Galiza sitúase como a quinta Comunidade Autónoma do conxunto do estado en canto a actividade empresarial, mantendo o posto do ano anterior tras Cataluña, Madrid, Andalucía e Comunidade Valenciana...[ler máis]

*Quintana afirma na presentación de Dominga Brión que “hai posibilidade dun cambio en Ribeira, e ese cambio vai ser liderado polo BNG”
• A candidata nacionalista promete apoiar os sectores produtivos, dotar o concello das infraestruturas necesarias e “aumentar a calidade de vida dos ribeiráns”
Redacción 08 de febreiro de 2007 “Os veciños de Ribeira son conscientes de que é posíbel o cambio. E é necesario que este cambio político estea liderado polo BNG”, afirmou o portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, no acto de presentación de Dominga Brión, que tivo lugar na Casa do Mar deste concello...[ler máis]

*O BNG de Lugo fai pública a ubicación e o deseño da nova ponte sobre o Miño co obxectivo de informar á veciñanza
• "O que non fixo o candidato Orozco, informar aos lugueses, vaino facer o Bloque"
Redacción 08 de febreiro de 2007 O BNG acusa a Orozco, que coñece o proxecto dende hai tres meses, de ocultar esta información ás cidadás e cidadáns de Lugo. "O que non fixo o candidato Orozco, informar aos lugueses, vaino facer o Bloque", anunciou Xosé Anxo Laxe na presentación da nova infraestrutura...[ler máis]

*O IES Melide recibe o 1º Premio nos “Premios á innovación educativa sobre as enerxías renovábeis en Galiza”
• Os Premios estaban convocados pola Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria e polo Instituto Enerxético de Galiza
• O 1º Premio está dotado con 15000 euros

Redacción 08 de febreiro de 2007 O IES de Melide acaba de recibir a confirmación oficial de que o seu traballo sobre o aforro enerxético recibiu o primeiro dos “Premios á innovación educativa sobre as enerxías renovábeis en Galiza”, convocados pola Consellaría de Educación e polo INEGA (Instituto Enerxético de Galiza, entidade dependente da Consellaría de Industria). O premio, que lle foi outorgado en concorrencia libre con traballos procedentes doutros moitos centros galegos, está dotado con 15000 euros que deberán ser investidos na dotación dunha aula-laboratorio de enerxías renovábeis...[ler máis]

*Constituída a Xunta Directiva da Asociación de Clubs Galegos de Fútbol
• A Asociación reúne a 42 clubs de 3ª División e Preferente, con máis de 600 equipos e preto de 12.000 deportistas de todas as categorías
Redacción 08 de febreiro de 2007 A Asociación de Clubs Galegos de Fútbol celebrou nos seus locais de Santiago de Compostela unha reunión extraordinaria co fin fundamental de formar a súa Xunta Directiva que preside Plácido Díaz, actual presidente do Ponche Ourense. A Asociación que compoñen gran parte dos clubs da terceira división e da preferente autonómica, en número de 42, conta con máis de 600 equipos de todas as categorías e unha masa de deportistas próxima aos 12000 xogadores federados...[ler máis]

*O Cluster de Empresas Pesqueras en Países Terceiros (CEPPT) e a Fundación CETMAR asinan un Convenio de Colaboración para impulsar os proxectos de I+D+i en países terceiros
Redacción 08 de febreiro de 2007 Onte ás 10:00, na sede central de CETMAR en Vigo, tivo lugar a sinatura do Convenio de Colaboración que subscribiron o Cluster de Empresas Pesqueiras en Países Terceiros e a Fundación CETMAR por un período de catro anos. A sinatura foi formalizada polo Director Xerente do Centro Tecnolóxico do Mar (Fundación CETMAR), D. Manuel Varela Lafuente, e polo Presidente do Cluster, D. Marcial Varela Villar...[ler máis]

*A CIG non negociará abrir Caixa Galiza polo serán
Redacción 07 de febreiro de 2007 Onte o Director Xeral de Caixa Galiza, nunha rolda de prensa convocada para presentar os resultados do exercicio correspondente ao ano 2006, anunciou a intención de negociar coa representación sindical a apertura de determinadas oficinas todos os días polo serán. Dende a CIG queren deixar clara a súa rotunda oposición a esta medida...[ler máis]

*Laxe acusa ao “candidato Orozco” de traficar cos postos de traballo do CETAL
• O voceiro do BNG afirma que o PSOE está prometendo empregos no Centro Tecnolóxico Agroalimentario antes de que se constitúa e se defina o seu plantel
• Os nacionalistas abstivéronse no pleno na votación sobre os estatutos por existir moitas dúbidas sen aclarar en torno ao funcionamento deste Centro

Redacción 07 de febreiro de 2007 O voceiro municipal do BNG no Concello de Lugo, Xosé Anxo Laxe, acusou onte ao alcalde, José Clemente López Orozco, de “traficar cos postos de traballo do Cetal”, o Centro Tecnolóxico Agroalimentario prometido para Lugo. Laxe revelou que “o candidato Orozco está prometendo un emprego no Cetal a dúcias de persoas, igual que facía o señor Cacharro, antes de que o centro se constitúa e se defina o seu plantel”...[ler máis]

*O BNG de Uruguai alerta sobre a extrema gravidade da situación de Casa de Galiza en Montevideo, que afecta a 10.000 galegas e galegos
Redacción 07 de febreiro de 2007 O BNG do Uruguai pide explicacións á Conselleria de Sanidade e á Secretaria Xeral de Emigración polo desinterese en resolver os problemas da Casa de Galiza de Montevideo. Segundo os nacionalistas, a crise desta mutualista composta por centro social e hospital está perxudicando a arredor de 10.000 galegos e galegas. O BNG lembra que os socios, de avanzada idade, están reféns desta situación porque non se poden mudar a outra entidade...[ler máis]

*Via Galego e a Concellaría de Cultura de Santiago convidan a aprender portugués “em 25 segundos”
• Dípticos e marcapáxinas dan as claves aos lectores para se achegaren á literatura da lusofonía
Redacción 05 de febreiro de 2007 O concelleiro de Cultura de Santiago, Néstor Rego, e a vicepresidenta da Fundación Via Galego, Susana Romero, presentaron esta mañá na Casa do Concello a campaña “Aprende em 25 segundos a ler em português”, froito do convenio de colaboración entre os dous organismos. O obxectivo da iniciativa é achegar aos lectores as claves para poder acceder á rica cultura escrita que se produce nos países da lusofonía, distribuídos polos cinco continentes, así como “derrubar as barreiras psicolóxicas para a proximación cultural alén Miño”...[ler máis]

*Ivan Rodriguez e Antela Cid protagonizan Sueños, a primeira curtametraxe de Marta Cabrera
Redacción 06 de febreiro de 2007 O actor Ivan Rodríguez e a actriz Antela Cid serán os protagonistas da próxima curtametraxe dirixida por Marta Cabrera, da Escola de Imaxe e Son de Vigo, que se rodará en Vigo, Baiona e Nigrán entre o 7 e o 9 de febreiro...[ler máis]

*O Cineclube estrea en Compostela Bs. As., de Alberte Pagán, co seu director
Redacción 06 de febreiro de 2007 O Cineclube estrea en Compostela Bs. As. (Galiza, 2006), o último filme do cineasta do Carballiño Alberte Pagán o mércores 7 de febreiro, ás 22:00 da noite no local social O Pichel (Santa Clara, 21). O filme contará con a presenza do director galego, que xa dirixiu obras como Conversas em Zapatera, Como foi o conto e Os Waslala, e que se ten destacado como a principal figura do cinema experimental na Galiza, tanto na súa faceta de realizador como na de investigador. Bs. As. foi xa amosado aí acabando 2006 na sección "Llendes" do Festival Internacional de Cinema Independente de Xixón e vén de ser seleccionado para a competición oficial no Festival Internacional de Cinema Documental de Nafarroa "Punto de Vista", un certame de referencia para o cinema documental europeo...[ler máis]

*Comunicado da asociación cultural ABERTAL do Eo-Navia en resposta ás declaracións feitas polo presidente de Xeira
Redacción 06 de febreiro de 2007 Reproducimos o comunicado íntegro a continuación: Diante das falsas declaracións feitas polo presidente de Xeira, a asociación cultural ABERTAL do Eo-Navia, presidida polo académico Carlos Varela, quere deixar constancia que a nosa asociación en ningún momento se manifestou sobre o contido do proxecto da Federación de Asociacións do Eo-Navia. Que os comentarios deste señor inclúense no conxunto de mentiras ás que nos ten afeitos, como monicreque da Academia de la Llingua Asturiana e dos seus amigos radicais do nacionalismo asturiano...[ler máis]

*Aberto o prazo de presentación de candidaturas para o II Premio Manuel María á dignidade nacional
• A AS-PG, a Mesa pola Normalización Lingüística, CIG-Ensino e a Asociación de Escritores en Lingua Galega colaboran na organización deste galardón
Redacción 02 de febreiro de 2007 As candidaturas para o II Premio Manuel María á dignidade nacional poden presentarse desde o día 1 de febreiro até o vindeiro 10 de abril de 2007, segundo explicaron onte nunha conferencia de imprensa celebrada no Concello de Santiago os representantes das diferentes entidades organizadoras. A Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), A Mesa pola Normalización Lingüística, CIG-Ensino e a Asociación de Escritores en Lingua Galega son as convocantes do galardón, que recoñece a persoas e entidades que traballan polos ideais que Manuel María defendeu e practicou...[ler máis]

*A Mesa denuncia que os novos recursos informativos aos usuarios do transporte público coruñés exclúen de novo a lingua galega
• O colectivo local da asociación en defensa do galego considera “unha nova oportunidade perdida para o galego” que os cambios introducidos só teñan en conta o castelán
Redacción 03 de febreiro de 2007 O grupo local da Mesa pola Normalización Lingüística na Coruña denunciou que os novos recursos informativos dirixidos ás usuarias e usuarios do transporte público urbano coruñés, presentados no día de onte polo alcalde da cidade Javier Losada, continúan a “excluír por completo a lingua galega” e teñen unicamente presente o castelán como lingua informativa ao público...[ler máis]

*Onte presentouse o documental “Cabo Verde. Sabi. A muller e a terra, o home e o mar”
• O documental emitirase sábado 3 de febreiro ás 15.40 horas pola galega
Redacción 03de febreiro de 2007 Onte presentouse o documental “Cabo Verde. Sabi. A muller e a terra, o home e o mar” coproducido por Abada Xestión Cultural e a CRTVG e dirixido por Manuel Maseda, contando coa colaboración da Dirección Xeral de Cooperación Exterior...[ler máis]

Voltar á Portada
Ver anteriores


Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com