Publicidade
Contacto
|
*Este xoves 1 de febreiro ponse en marcha o programa Aprender para Educar no Concello de Viveiro
• Esta aula de formación pretende ser punto de reunión e encontro de todas aquelas persoas interesadas na educación das súas fillas e fillos
Redacción 30 de xaneiro de 2007 A Asociación-Socio Pedagóxica Galega e Área de Benestar social e a Concellaría de Educación do Concello de Viveiro, van levar a cabo entre os xoves de febreiro e marzo un programa dirixido ás familias baixo o nome Aprender para Educar. As charlas vanse levar a cabo no Centro Comarcal da Mariña Occidental, ás 20:00 horas os días 1, 8 e 22 de febreiro e 8 e 29 de marzo...[ler máis]
*A Regueifa Plataforma edita o documental CCCV, unha obra de Ramiro Ledo sobre a figura do cineasta galego Carlos Varela
• O documental está editado baixo licenza Creative Commons
• Pódese desacrgar de balde ou visualizar dende Google Video
Redacción 31 de xaneiro de 2007 A Regueifa Plataforma, un Netlabel sen ánimo de lucro que distribue na rede obras baixo licenza Creative Commons, ven lanzar o documental CCCV (Cine Clube Carlos Varela) de Ramiro Ledo. No documental o director vai encadeando a historia do nacionalismo galego entre os anos 1975 e 1980 escollendo as imaxes que o cineasta Carlos Varela deixou nun alarde de premontaxe na gravación...[máis en Cinema]
*O Alcalde, o Secretario e o Arquitecto municipal de Ribadeo declararon hoxe como imputados no caso da piscifactoría de Rinlo
• ADEGA envía un comunicado con motivo de esta citación
Redacción 30 de xaneiro de 2007 Na mañá de hoxe compareceron para declarar como imputados, citados polo Xulgado de Instrucción nº 2 de Mondoñedo, o Alcalde de Ribadeo, Balbino Pérez Vacas, o Arquitecto Municipal, Francisco Manuel Moreda Gil, e o Secretario do Concello, Manuel Díaz Sánchez. En relación a esta citación, a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, envía un comunicado que reproducimos integramente a conatinuación...[ler máis]
*Amnistía Internacional pediu ao goberno israelí que entregue os mapas dos ataques con bombas ácio no sur do Líbano
Redacción 30 de xaneiro de 2007 Amnistía Internacional pediu ao goberno israelí que entregue mapas detallados coas coordenadas precisas das zonas do sur do Líbano en que as súas forzas arroxaron centos de miles de bombas de ácio nos meses de xullo e agosto de 2006 durante o conflito con Hezbolá, que durou 34 días...[ler máis]
*Nas lendes do documentario con 'Sen sol' de Chris Marker no Cineclube de Compostela
Redacción 30 de xaneiro de 2007 O Cineclube de Compostela proxecta este mércores 31 de xaneiro, ás 22:00 horas n'O Pichel (Santa Clara, 21), Sen sol (1983), un dos filmes máis importantes do documentalista francés Chris Marker. Sen sol, porén, supera os límites do que tradicionalmente se entende como documentario. É un ensaio, un caderno de viaxes pola vida, un diario poético que vai de San Francisco a Toquio. Une documental e fición, xoga coa montaxe e recréase no mundo onírico que lle suxire a música de Mussorgski, da que está tirado o título do filme, para falar dos recordos...[ler máis]
*Comezan as votacións para elixir os nominados aos Premios Mestre Mateo 06 da Academia Galega do Audiovisual
• Das Produtoras presentadas, un 79 % son da provincia da Coruña, o 15 % de Pontevedra, un 4 % de Lugo e o 2 % restante, de Ourense
Redacción 29 de xaneiro de 2007 A meirande parte das empresas Produtoras ou escolas que presentan candidaturas aos Premios Mestre Mateo 06, están emprazadas na provincia da Coruña: un 79 % delas. A de Pontevedra sitúase en segundo lugar, cun 15 %, e a moita distancia en nº de empresas están Lugo co 4 % e Ourense co 2 %, o que se corresponde coa implantación territorial da industria audiovisual galega. Estas cifras despréndense das candidaturas presentadas aos Premios Mestre Mateo 06 que organiza a Academia Galega do Audiovisual, e que trala xuntanza mantida esta fin de semana pola Comisión dos Premios, quedou fixada a listaxe de candidaturas a cada unha das 25 categorías que establecen as Bases que os rexen. Lembrar que este ano, presentáronse un 55% de empresas máis que na convocatoria do ano pasado, e un 26 % máis o número de producións presentadas respecto do mesmo ano...[ler máis]
*Nace ‘Longa Lingua’, publicación galega sobre lingua e sociedade editada pola Mesa pola Normalización Lingüística
• A revista, da que se editan 5.000 exemplares cada mes, xurde para “cubrir un oco na formación, a información e o debate”
Redacción 26 de xaneiro de 2007 A Mesa pola Normalización Lingüística presentou esta mañá en Santiago o número 0 da revista ‘Longa Lingua’, unha publicación que nace para tentar cubrir un oco na formación, a información, a análise e o debate sobre lingua e sociedade no país. Con 5.000 exemplares, trátase da revista mensual con maior tiraxe das que se publican en galego...[ler máis]
*Navigasa continua a súa expansión coa compra dun novo buque • Cedeira é a primeira das catro unidades que a navieira prevé incorporar proximamente á súa frota
• A botadura do próximo mercante prevese para o próximo mes de marzo nos Estaleiros Armón de Vigo
Redacción 26 de xaneiro de 2007 Navigasa (Navieira de Galiza, S.A.) acaba de adquirir un novo buque, o Cedeira, con capacidade de carga de 4.100 Tm. É o primeiro dos catro buques que a empresa ten proxectado incorporar á súa frota antes de que finalice 2008. O segundo se botará a finais de marzo nos Estaleiros Armón de Vigo, onde actualmente se constrúe...[ler máis]
*O web de Vueling xa está en galego
• Despois dunha intensa campaña realizada pola Ciberirmandade e a Mesa, o web xa se pode consultar en galego
Redacción 26 de xaneiro de 2007 Vueling Airlines S.A. que opera desde Santiago de Compostela, ofrecía até o de agora a información no seu web nas distintas linguas do estado agás o galego. Agora xa é posíbel ler o web no noso idioma, tras unha intensa campaña realizada pola Ciberirmandade da Fala e pola Mesa pola Normalización Lingüística...[ler máis]
*Jonan Fernandez, fundador de Elkarri, director do Museo da Paz de Aránzazu, Premio Portapaz 2006
Redacción 26 de xaneiro de 2007 A Xunta Directiva do Seminario Galego de Educación para a Paz (Fundación Cultura de Paz) decidiu conceder o PREMIO PORTAPAZ 2006 a D. Jonan Fernández, fundador de Elkarri (Organización pacifista do país vasco, hoxe denominada Lokarri) e, na actualidade, director do Centro pola Paz de Aránzazu, unha entidade promovida polos franciscanos e especializada en mediación de conflitos...[ler máis]
*Anxo Quintana pide que “a eficacia mostrada por Néstor Rego nas súas áreas de goberno se traslade á fronte da alcaldía de Santiago”
O candidato nacionalista afirma que estiveron “máis pendentes do benestar cidadán que da grandiosidade e o lucimento político”
Redacción 25 de xaneiro de 2007 O Portavoz Nacional do BNG, Anxo Quintana, felicitou a Néstor Rego pola “eficacia” mostrada nas áreas de goberno que xestionaron os nacionalistas na cidade compostelá e pediulle aos cidadáns de Santiago que “esa capacidade de xestión se traslade á fronte do goberno local”. O acto de presentación do candidato nacionalista á alcaldía tivo lugar no Hotel Araguaney, e contou coa presenza de numerosos cargos institucionais e orgánicos nacionalistas...[ler máis]
*Portavoces da comunidade educativa de Vigo móstranse favorábeis á potenciación do galego no ensino
A presidenta de FOANPAS e a representante dos directores aplauden a iniciativa de que os nenos e as nenas poidan aprender a ler e escribir “a través do galego”
Redacción 24 de xaneiro de 2007 Na pasada noite do luns celebrouse en directo en Televigo unha mesa redonda centrada na situación do galego no ensino na que participaron Bertila Fernández, presidenta da Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos/as de Vigo e Comarca (FOANPAS); Juan Prieto, da Federación de Asociacións de Pais e Nais de centros do sur de Galiza (SURGAPAS); Palmira Fernández, representante dos directores e directoras dos centros de ensino da comarca,e Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística...[ler máis]
*O hotel Louxo comprométese a comezar un proceso de galeguización nas súas instalacións e servizos
*O Colexio de Xornalistas renova o seu portal en internet
Os colexiados terán acceso a unha intranet con contidos exclusivos
Redacción 24 de xaneiro de 2007 O Colexio Profesional de Xornalistas de Galiza (CPXG) estrea hoxe, 24 de xaneiro e coincidindo co patrón dos xornalistas, o seu novo portal en internet co obxectivo de mellorar a comunicación tanto cos seus colexiados como coa cidadanía...[ler máis]
*'Tire Dié' e '...A Valparaiso', documental latinoamericano dos 60 no Cineclube
Redacción 24 de xaneiro de 2007 Esta semana, o Cineclube de Compostela programa unha sesión duplae, coa proxección -o mércores 24 ás 22:00 horas no local social O Pichel (Santa Clara, 21) - de dous documentais realizados en Latinoamérica a comezos dos anos 60': Tire Dié, de Fernando Birri e ...A Valparaiso , de Joris Ivens...[ler máis]
*Xosé Manuel Beiras entrevistouse con Wangari Maathai, premio Nobel da Paz
O presidente da Fundación Galiza Sempre modera hoxe 23 un debate sobre “A cuestión nacional no movemento antiglobalización”
Redacción 23 de xaneiro de 2007 Xosé Manuel Beiras, responsábel de Alternativas Programáticas da Executiva do BNG, entrevistouse onte en Nairobi con Wangari Maathai, activista africana en defensa do medio ambiente, da democracia e dos dereitos da muller, que recibiu en 2004 o premio Nobel da Paz. Beiras asiste na capital de Kenia ao Foro Social Mundial (FSM), en calidade de presidente da Fundación Galiza Sempre...[ler máis]
*Matemáticos de todo o Estado reúnense en Compostela ao redor do Nodo CESGA para dinamizar a innovación e transferencia de métodos e técnicas matemáticas e estatísticas á empresa
Redacción 23 de xaneiro de 2007 Hoxe 23 e mañá 24, celebraranse en Santiago de Compostela, organizadas polo Nodo CESGA, e dentro do proxecto Consolider INGENIO MATHEMATICA, as xornadas “Arrancando MATHEMATICA CONSULTING” xurdido co obxecto de promover o uso de métodos e técnicas matemáticas no desenvolvemento tecnolóxico e a innovación nas empresas...[ler máis]
*A Copa do Mundo de Salto de Obstáculos de Hípica celebrarase en Vigo entre os días 9 e 11 de febreiro
Redacción 22 de xaneiro de 2007 O director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez Olveira, asistiu o pasado venres á presentación da Copa do Mundo de Salto de Obstáculos que se celebrará entre os días 9 e 11 de febreiro en Vigo, que este ano contará coa novidade de introducir actos culturais...[ler máis]
*Lage logra o visto e prace da Xunta á construción dunha terceira piscina climatizada en Lugo
• Os nacionalistas presentarán unha moción no vindeiro pleno para lograr o apoio unánime da corporación a esta iniciativa
Redacción 22 de xaneiro de 2007 O voceiro do BNG no Concello de Lugo, Xosé Anxo Lage, anunciou o pasado venres que nunha xuntanza celebrada en Santiago co director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez Olveira, logrou o seu compromiso para que en Lugo se constrúa unha nova piscina climatizada, que se ubicaría na Abella e que sería a terceira da que disporía a cidade, engadíndose ás xa existentes en Frigsa e nas Pedreiras...[ler máis]
*O PP estanca o novo Estatuto galego
• Logo de máis de seis horas de reunión Núñez Feijoo non aceptou nin Nación nin deber de coñecemento do galego
• Quintana: “Intentámolo, pero non puido ser”
• Touriño: "Unha oportunidade peridida"
• Feijoo: "Neste momento non foi posíbel"
Redacción 17 de xaneiro de 2007 A reunión que tiña por obxecto chegar a un acordo dos tres partidos para fechar o novo Estatuto galego, non chegou ningún lado. Logo de máis de seis horas de reunión Núñez Feijoo non aceptou ningunha das propostas feitas dende o BNG ou dende o PSOE referentes á cuestión identitaria. Feijoo non quería a palabra Nación a súa proposta era "sentimento nacional". Tampouco PP está de acordo en equiparar o estatus do galego ao do castelán, nin deber nin obriga nin nada de nada...[ler máis]
*Quen é o responsábel da falta de acordo para o novo Estatuto galego? Deixa a túa opinión no foro.
*O BNG de Lugo pedirá mañá na Comisión de Planeamento un calendario para a aprobación do Plan Xeral antes das eleccións
• Había un ano, dende xaneiro de 2006, que non se reunía a Comisión do PXOM. O BNG anuncia que irá
con “ánimo construtivo” á reunión para tentar desbloquear o Plan Xeral, que leva 8 meses parado
Redacción 16 de xaneiro de 2007 O voceiro do BNG no Concello de Lugo, Xosé Anxo Lage, avanzou hoxe en rolda de prensa que o BNG irá mañá á Comisión de Planeamento co ánimo de “desbloquear” o Plan Xeral de Ordenación Municipal, que leva parado dende o mes de maio de 2006. “O Bloque irá con espíritu colaborador e ánimo construtivo e pedirá que se fixe xa a data da próxima reunión, porque non hai tempo que perder, e que se estableza un calendario para a aprobación do PXOM antes das eleccións. Esta cidade non pode esperar máis tempo por el e este é o momento de pasar das palabras ocas do señor Orozco e do señor Besteiro aos feitos”, afirmou o voceiro nacionalista...[ler máis]
*Nicarágua adere-se à Alternativa Bolivariana para as Américas (ALBA)
• Cuba, Venezuela, Bolívia e agora Nicarágua som os quatro países que fazem parte desta nova forma de integração dos povos
Redacción 16 de xaneiro de 2007 Com a declaração oficial de adesão da Nicarágua à Alternativa Bolivariana para as Américas (ALBA) e a assinatura do documento constitutivo, agora somam quatro os países que fazem parte desta nova forma de integração dos povos. O passado dia 12 no teatro Rubén Darío, em Manágua, estavam presentes os representantes do novo bloco de integração em um ato que o presidente Daniel Ortega qualificou de histórico, quando assinalou que a Nicarágua adotava os princípios da declaração fundacional da ALBA de 14 de dezembro de 2004, assinada então pelo presidente Fidel Castro e o presidente Hugo Chávez. Depois se somou a Bolívia como terceiro membro, em abril de 2006, incorporando-lhe o Tratado de Comércio dos Povos...[ler máis]
*Correa puxo en marcha a súa “revolución” en Ecuador
• Correa promoverá un modelo económico do "socialismo do século XXI"
Redacción 16 de xaneiro de 2007 Rafael Correa asumiu onte a presidencia de Ecuador e deu iniciou a unha "revolución radical" no país, que inclúe a renegociación da débeda externa, a convocatoria a unha Asemblea Constituinte que renove a Carta Magna e a implementación dun modelo económico que inclúe, como principal medida, a nacionalización dos recursos energéticos...[ler máis]
*Cuba denunciou que Estados Unidos rouboulle fondos que tiña depositados
Redacción 16 de xaneiro de 2007 O goberno cubano denunciou que os seus fondos conxelados en bancos estadounidenses, estimados en 268,3 millóns de dólares, están case extintos como parte dun “roubo continuado” de Washington. "Como resultado do roubo continuado, a maioría dos fondos de entidades do Estado cubano retidos en bancos de Estados Unidos prácticamente se extinguiron", sinalou este luns o diario oficial Granma, nun extenso artigo que titulou "Una historia de despojo"...[ler máis]
*O Cineclube de Compostela presenta, por primeira vez en Galiza "Raymundo"
• O filme é a ópera prima dos cineastas Ernesto Ardito e Virna Molina
Redacción 16 de xaneiro de 2007 O vindeiro mércores 17 de xaneiro ás 22:00 horas proxéctase no Cineclube de Compostela o filme documental "Raymundo", realizado na Arxentina en 2002 por Ernesto Ardito e Virna Molina. A longametraxe está dedicada á figura de Raymundo Gleyzer, cineasta arxentino, realizador de filmes revolucionarios na clandestinidade antes da ditadura de Videla, e militante do partido marxista PRT-ERP, que foi asasinado en 1976 pola Triple A (Alianza Anticomunista Arxentina)...[ler máis]
*A falta de vento impediu realizar a primeira proba da regata Marisquería Bahía de cruceiros
Vigo 16 de xaneiro de 2007 A materia prima nas regatas de vela, que é nin máis nin menos que o vento, non quixo aparecer o pasado sábado e impediu a celebración da primeira proba da Regata Marisquería Bahía de Cruceros dando ao traste coa ilusión por regatear das case 40 embarcacións que se deron cita nas inmediaciones do porto deportivo do Real Club Náutico de Vigo, organizador da regata...[ler máis]
*Henrique Tello promete actuar sobre os problemas máis graves da Coruña: vivenda, solo industrial e transporte
• O candidato nacionalista á alcaldía cualifica o goberno actual de “vazquismo sen Vázquez” e expresa a súa preocupación pola marcha de “6.000 persoas menores de 30 cada catro anos”
Redacción 15 de xaneiro de 2007 O candidato do BNG á alcaldía da Coruña, Henrique Tello, vén de anunciar as primeiras medidas de goberno que tomará no caso de ser elexido polos cidadáns: actuar sobre o problema da vivenda e acelerar a constitución da Área Metropolitana, para poder resolver os problemas de tráfico -impulso ao transporte público metropolitano- e a falta de solo industrial...[ler máis]
Voltar
á Portada
Ver
anteriores
|
|