ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas entre o 09/01/07 e o 14/012/07

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*ArroutadaNoticias.com dous anos na rede!!!
• O 14 de xaneiro de 2005 publicábase a primeira noticia deste xornal
Redacción 14 de xaneiro de 2007 Hoxe estamos de celebración, ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede celebra o seu segundo ano de vida! Tal día coma hoxe hai dous anos publicábamos a nosa primeira noticia. Dous anos de existencia non é nada mais para os que formamos parte deste proxecto dous anos é todo! Ao longo deste tempo fomos incorporando novos contidos e seccións e aínda que somos conscientes de que queda moito por facer cremos que poder celebrar este segundo aniversario é todo un éxito. Éxito que ven respaldado polas cifras, medramos mes a mes en visitas e visitantes e podemos presumir de ter o foro máis concorrido da rede galega cunha cantidade de máis de 110.000 mensaxes, unhas 200 por día, dende xullo de 2005...[ler máis]

*ArroutadaNoticias.com publícase dende hoxe baixo licenza Recoñecemento-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons
• Este licenza permite, con condicións, copiar, distribuír e comunicar publicamente a obra entre outras cousas
Redacción 14 de xaneiro de 2007 ArroutadaNoticais.com súmase á licenza Recoñecemento-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons, a partir da data de hoxe todo o contido do web, agás no que se especifique o contrario, queda baixo esta licenza, mediante a cal calquera pode, con condicións, copiar, distribuír e comunicar publicamente a obra e/ou facer obras derivadas, dos contidos deste web...[ler máis]

*Galiza Nova denuncia o continuísmo no Consello da Xuventude de Galiza através do pacto de Xuventudes Socialistas co Partido Popular
• A organización xuvenil nacionalista pregúntase se esta é a alternativa que merece a mocidade galega
Redacción 13 de xaneiro de 2007 Con motivo da celebración da Asemblea Xeral do Consello da Xuventude de Galiza (CXG) este sábado 13 de xaneiro, a organización xuvenil Galiza Nova fixo pública a súa valoración a respeito do desenvolvimento do proceso asemblear do CXG, denunciando un pacto entre as mocidades do PSOE e do PP que é continuísta do xa existente e que se concretou na renovación dun Comité Permanente no cal ademáis do PSOE, que recolle a Presidencia, (que coincide significativamente na mesma persoa que é presidenta de Xuventudes Socialistas) na que se a dereita e mesmo a ultradereita, din...[ler máis]

*A ''Oficina Española de Patentes y Marcas'' concede o rexisto do nome "Galescola" á asociación Vogal
Redacción 13 de xaneiro de 2007 A ''Oficina Española de Patentes y Marcas'' aceptou nuha resolución do pasado 16 de decembro a solicitude apresentada pola asociación Vogal (Viveiro e Observatório das Galescolas), concedendo o rexisto do nome "Galescola" en favor da asociación...[ler máis]

*Francisco Jorquera asistirá á manifestación convocada polo goberno vasco baixo o lema “Pola paz e o diálogo. Esixímoslle a eta a fin da violencia”
Redacción 12 de xaneiro de 2007 O coordinador executivo do BNG, Francisco Jorquera, asistirá mañá en representación da organización nacionalista á manifestación que convocou en Bilbao o goberno vasco co lema “Pola paz e o diálogo. Esixímoslle a ETA a fin da violencia”...[ler máis]
Jorquera insta ao PP e ao PSdeG a que actúen para que “nengún dos seus alcaldes practique a insubmisión urbanística fronte a Xunta de Galiza”
*A C.I.G. denuncia a existencia de traballadores e traballadoras, no Concello de Ponteareas, que non cobran o salario mínimo interprofesional
Redacción 12 de xaneiro de 2007 A C.I.G. sabe da existencia de traballadores e traballadoras do Concello de Ponteareas que non perciben nin o S.M.I. (salario mínimo interprofesional), o que é unha clara ilegalidade agravada, se cabe, por tratarse dunha administración pública. Malia o aviso ou recordatorio feito ao Concello no mes de novembro do 2.006, ao traveso dos representantes sindicais, o resultado foi, como ven sendo costume nesta equipa de goberno, a calada por resposta...[ler máis]

*O vindeiro sábado 13 terá lugar no Museo do Pobo Galego a presentación dos materiais didácticos “Non queimes o futuro”
Redacción 11 de xaneiro de 2007 O obxecto deses traballos é achegar á poboación escolar en dous chanzos de idade: alumnas e alumnos de 3º ciclo de Primaria e do 1º ciclo de Secundaria, é dicir nenas e nenos de 10 a 14 anos, materiais axeitados ás súas idades. Con eles preténdese sensibilizalos sobre a catástrofe que supón o lume forestal para crear unha conciencia activa na defensa do medio rural e natural...[ler máis]

*PORTUGALIZA, a partir do sábado na Sala NASA
Redacción 11 de xaneiro de 2007 Un ciclo que nos permitirá coñecer traballos e artistas representativos da música e do teatro que se está a facer na actualidade en Portugal, fuxindo dos estilos e dos formatos máis tópicos, de cara a ofrecer unha imaxe máis contemporánea e plural da cultura portuguesa, e que contribúa a normalizar a presencia das artes escénicas portuguesas na carteleira galega e a promover un contacto máis directo entre os creadores de ámbolos dous países...[ler máis]

*Autos Lobelle e Azkar Lugo loitarán dende o xoves 25 polo Campionato de Europa de Clubs Campións de Copa
· Entre o 25 e o 28 de xaneiro Santiago será o escenario desta competición que o ano pasado conquistou o Azkar Lugo
Redacción 10 de xaneiro de 2007 No Campionato de Europa de Clubs Campións de Copa disputarase en Compostela coa participación de equipos do estado español, Portugal, Italia, Rusia e Kazajistan. Onte tivo lugar o emparellamento dos equipos, polo que se coñeceu que o Azkar Lugo se enfrontará ao Spartak Shelkovo o xoves 25 ás 19 horas, mentres que o Autos Lobelle se medirá ao Aktyubrentgen (de Kazajistan) ás 21 horas. Ao día seguinte, venres 26, enfrontaranse Benfica e Spartak (19h), e Luparense - Aktyubrentgen (21h). Os equipos galegos volverán xogar o sábado 27: o Autos Lobelle ao Luparense ás 18.30h, e ás 20.30h, Azkar Lugo - Benfica. Os primeiros de cada grupo loitarán polo título, cuxa final se disputará o domingo 28 ás 18h...[ler máis]

*ETA afirma que o alto o fogo permanente iniciado o 24 de marzo de 2006 continúa vixente
· No comunicado envíado ao diario Gara asume a autoría do atentado de Barajas
Redacción 09 de xaneiro de 2007 Nun comunicado enviado á redacción do diario GARA, ETA afirma que o alto o fogo permanente iniciado o 24 de marzo de 2006 segue en vigor. ETA reafírmase nos obxectivos expresados na Declaración do 22 de marzo (na que mostraba a súa disposición a «impulsar un proceso democrático en Euskal Herria para construír un novo marco no que sexan recoñecidos os dereitos que como pobo nos corresponden e asegurando de cara ao futuro a posibilidade de desenvolvemento de todas as opcións políticas»). No comunicado, ETA asume a autoría do atentado de Barajas...[ler máis]

*Caixanova oferta a posibilidade de receber correspondencia comercial en galego
· Con esta medida cumpre parte dos acordos acadados coa Mesa pola Normalización Lingüística
Redacción 09 de xaneiro de 2007 A caixa de aforros Caixanova comeza a ofertar a posibilidade de receber correspondencia comercial en galego a quen así o solicite. Esta era unha das medidas que Caixanova e A Mesa pola Normalización Lingüística acordaran por escrito o pasado ano tras unha intensa campaña pola galeguización da banca realizada por parte da organización lingüística...[ler máis]

*Israel planeja ataque nuclear contra instalações iranianas
· Afirmou o jornal britânico The Sunday Times
Redacción 09 de xaneiro de 2007 Segundo o jornal britânico The Sunday Times do dia 7 de janeiro, Israel planeja um ataque nuclear contra instalações do programa de desenvolvimento nuclear iraniano. Dois esquadrões da Força Aérea israelense treinam atualmente para atacar com bombas nucleares táticas uma usina iraniana de enriquecimento de urânio, na localidade de Natanz, informou o jornal, citando fontes israelenses...[ler máis]

*EUA e Grã-Bretanha ficarão com 75% do petróleo iraquiano
Redacción 09 de xaneiro de 2007 Empresas dos Estados Unidos e da Grã-Bretanha poderão ficar com até 75% da riqueza petrolífera do Iraque se uma nova lei, que será apresentada em breve ao Parlamento de Bagdá, for aprovada. A informação foi publicada hoje pelo dominical The Independent of Sunday, que teve acesso a uma minuta da lei, de cuja elaboração o governo dos Estados Unidos participou diretamente...[ler máis]

*Chávez propõe estatizar setor elétrico e de telefonia na Venezuela
Redacción 09 de xaneiro de 2007 O presidente da Venezuela, Hugo Chávez, anunciou nesta segunda-feira que nacionalizará o setor de eletricidade e a Compañía Anónima Nacional Teléfonos de Venezuela (CANTV), a maior operadora de telefonia do País. "A nação deve recuperar esses bens estratégicos", declarou Chávez durante discurso pronunciado por ocasião da solenidade de posse gabinete ministerial que o acompanhará no novo período de governo (2007-2013), que começará esta semana...[ler máis]

Voltar á Portada
Ver anteriores