ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas entre o 02/01/07 e o 08/012/07

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*Domínguez Olveira clausurou en Vigo o campionato de España de balonmán infantil e cadete
· Andalucía e Catalunya foron as seleccións que acadaron maior éxito
Redacción 08 de xaneiro de 2007 Logo de cinco días de competición, as delegacións que participaron en Vigo no Campionato de España de Balonmán Infantil e Cadete deixan a nosa terra. Esta mañá de luns, celebrouse o acto de clausura e de entrega de premios, ao que asistiron, amais de Santiago Domínguez, Antonio Montalvo por parte do Consejo Superior de Deportes; Jesús López Ricondo, presidente da Federación Española de Balonmán; José Luis Pérez Ouro, presidente da Federación Galega e Lucía Molares, concelleira de Deportes de Vigo...[ler máis]

*O BNG de Lugo propón ampliar a axuda no fogar destinada ás persoas maiores con novos servizos como catering, lavandería ou perrucaría a domicilio
· O candidato nacionalista á alcaldía reuniuse hoxe con xubilados, aos que lles propuxo a creación do Consello de Maiores
Redacción 08 de xaneiro de 2007 Lugo ten preto de 20.000 habitantes de máis de 65 anos e o número de persoas dependentes está a incrementarse de xeito notable. O BNG considera necesario aumentar o número de prazas no centro de día municipal Antonio Gandoy. O candidato do BNG á alcaldía, Xosé Anxo Lage, considerou hoxe “insuficiente” o tempo adicado ás persoas maiores que reciben axuda a domicilio. O candidato nacionalista, que hoxe mantivo un encontro con colectivos de xubilados da cidade, explicou que na actualidade hai 360 persoas apuntadas a este servizo e indicou que o tempo adicado a cada unha é de tan só 50 minutos...[ler máis]

*Ramiro Ledo presenta o seu filme CCCV o mércores 10 no Cineclube de Compostela
· O director explicará o proceso de realización da fita e proxectarase material inédito de Carlos Varela
Redacción 08 de xaneiro de 2007 O Cineclube de Compostela abre este mércores 10 de xaneiro a súa programación do 2007 coa proxección de CCCV (Cine Clube Carlos Varela) do cineasta galego Ramiro Ledo Cordeiro, no Local Social O Pichel (Santa Clara, 21) ás 22:00. A proxección contará coa presenza do realizador, que explicará ao público asistente de qué xeito foi construindo o filme a partir do proceso de escolma e tratamento do material orixinal ao que tivo acceso. Asemade, logo da proxección de CCCV, serán proxectados anacos inéditos do material filmado por Carlos Varela Veiga, que até o de agora non sairan á luz...[máis en Cinema]

*Pesca I, rescate a 100 millas
· Evacuada a Vigo a pasaxeira do cruceiro Black Prince
Atlántico Norte 08 de xaneiro de 2007 O helicóptero Pesca I, con base en Vigo, realizou onte a evacuación dun cruceiro sobrevoando unha distancia de 200 km. Este helicóptero, dependente da do goberno galego, xa é coñecido por ter realizado asistencias caracterizadas polo seu longo percorrido, e polo tanto de alto risco...[máis en Marítima]

*O candidato do BNG en Lugo, Xosé Anxo Lage, propón a creación de vivenda municipal para mozos en réxime de aluguer
• O 10% dos pisos que se constrúen na cidade destinaríanse a esta finalidade
• O candidato nacionalista, Xosé Anxo Lage, e o director xeral de Xuventude, Rubén Cela, anuncian a posta en marcha dun Centro de Novos Creadores no ‘Eijo Garay’

Redacción 06 de xaneiro de 2007 O candidato do BNG á alcaldía de Lugo, Xosé Anxo Lage, propón a construcción de vivendas municipais en réxime de aluguer para mozos como fórmula para facilitar á xente nova o acceso en condicións dignas e a prezo asequible a unha vivenda. No transcurso dun encontro con mozas e mozos, acompañado polo director xeral de Xuventude da Xunta de Galiza, Rubén Cela, o candidato nacionalista aludiu aos prezos da vivenda como un dos problemas máis importantes que ten a moocidade á hora de independizarse...[ler máis]

*Nordestin@s: o grande éxito de vendas da música galega no Nadal
Redacción 05 de xaneiro de 2007 O trío Nordestin@s, formado por Guadi Galego, Ugia Pedreira e Abe Rábade, estase a converter na sensación de vendas da música galega deste Nadal. Dende que o seu primeiro proxecto se puxera á venda o pasado 11 de decembro, xa se colocaron no mercado cáseque 2.000 exemplares de “Nordestin@s”. Cifra que, de seguro, aumentará durante esta semana previa a Reis...[ler máis]

*63 produtoras e 125 traballos optan aos premios mestre mateo deste ano na academia galega do audiovisual
Redacción 05 de xaneiro de 2007 Un 55% de empresas Produtoras máis que na convocatoria do ano pasado, preséntanse desta volta aos Premios Mestre Mateo polo momento, pendente aínda de recibírense máis producións por correo postal enviadas dentro do prazo regulamentario. Son 63 as Produtoras que enviaron traballos, anína que nalgúns casos, unha soa Produtora presenta distintos produtos, ben exclusivos ben coproducidos. O nº de traballos presentados ascende a 125, incrementándose este ano nun 26% respecto do ano anterior...[ler máis]

*Ryanair a empresa número 1 de Europa en tarifas baixas regala miles de billetes
Redacción 05 de xaneiro de 2007 A cabalgata de Oriente de 2007 ten un novo acompañante: Ryanair. A empresa aérea número 1 de Europa, que en 2006 transportou a máis de 42 millóns de viaxeiros, únese á alegría dos Reis Meigos ofrecendo aos españois miles de billetes por só 1 céntimo de euro. A partir do 5 de xaneiro empeza a primeira gran promoción con voos gratis a todos os destinos de Ryanair en Europa...[ler máis]

*Club Deportivo Lugo e Real Club Celta disputarán esta tarde a final da Copa Xunta de fútbol
• Nesta competición, que foi organizada pola Dirección Xeral para o Deporte, participaron todos os equipos galegos de Primeira, Segunda, Segunda B e o Lugo, que comezou a súa participación coma equipo de Terceira
• O último partido disputarase no Anxo Carro (18:00 horas, TVG) despois de que ambos clubs se puxeran de acordo

Redacción 03 de xaneiro de 2007 Club Deportivo Lugo e Real Club Celta disputarán esta tarde no Anxo Carro (18:00) a final da primeira edición da Copa Xunta de clubs de fútbol, organizada pola Dirección Xeral para o Deporte...[ler máis]

*As cidadás e cidadáns de Estados Unidos terán que mostrar o visado para entrar en Bolivia
• O presidente de Bolivia, Evo Morales, aprobou un decreto para esixir ás cidadás e cidadáns de Estados Unidos un visado de ingreso ao seu país, similar ao que aplican as autoridades norteamericanas aos bolivianos.
Redacción 03 de xaneiro de 2007 O decreto foi un dos seis aprobados a pasada madrugada nunha inédita sesión do consello de ministros n'A Paz, iniciada a media noite e convocada por Morais para recibir o ano novo traballando...[máis en Internacional]

*Mensaxe de Aninovo dos cinco presos políticos cubanos en EUA
• Gerardo, Fernando, René, Antonio, Ramón, os cinco presos políticos cubanos presos nos cárceres dos EUA, enviaron o seu saúdo de Aninovo ao pobo da illa e ratificaron o seu compromiso coa Revolución e agradeceron a todos aqueles que os acompañan na súa loita pola súa liberación.
Redacción 03 de xaneiro de 2007 Querido pobo de Cuba: Foron moitas as batallas, as vitorias e os retos vencidos neste ano 2006 que culmina. Tamén este foi un ano de importantes celebración de destacados feitos históricos do noso proceso revolucionario que xa fai 48 anos...[máis en Internacional]

*O Campionato de España de balonmán infantil e cadete comeza hoxe en Vigo
• Máis de 1.100 xogadores de balonmán reuniranse estes días no recinto feiral de Cotogrande, no que se montaron oito pistas de balonmán
• Onte comezaron a chegar as expedicións oficiais e hoxe bota a andar a competición oficial

Redacción 03 de xaneiro de 2007 O Campionato de España de Balonmán Infantil e Cadete, que reunirá a uns 1.400 participantes entre deportistas, técnicos e delegados, comezará a disputarse hoxe no Recinto Feiral de Cotogrande de Vigo...[ler máis]

*CFV e Ineo colaboran para promover encontros entre empresas do sector TIC
• ''Encuentra TIC'' ten como obxectivo fomentar o coñecemento e propiciar a cooperación interempresarial
Redacción 03 de xaneiro de 2007 O Foro da Sociedade da Información do CFV e a agrupación empresarial Ineo están a promover a creación dunha plataforma para facilitar os encontros entre as empresas do sector de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC). O obxectivo inicial é fomentar o coñecemento e os contactos profesionais entre os distintos axentes dedicados ao desenvolvemento de produtos e servizos innovadores no ámbito da sociedade da información; estes encontros poden propiciar a colaboración interempresarial e coa universidade, de maneira que a cooperación poida derivar nunha maior dimensión dos proxectos das empresas...[ler máis]

*O memorial Pablo Borreguero celebrarase o 3 e o 4 en Nigrán
• Santiago Domínguez Olveira asistiu hoxe á presentación do torneo en memoria deste xogador, recentemente falecido
• Nigrán, Valencia, Celta e Deportivo disputarán este memorial, patrocinado pola Dirección Xeral para o Deporte

Redacción 03 de xaneiro de 2007 Nigrán, Valencia, Celta e Deportivo participarán no memorial Pablo Borreguero, que se celebrará mañá e pasado no estadio Condomínguez de Nigrán. Onte tivo lugar o acto de presentación do torneo, que se celebrará en memoria de Pablo Borreguero, un xogador do Nigrán que faleceu recentemente despois de caer desvanecido durante un partido de fútbol, e no mesmo participaron o director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez Olveira; o alcalde de Nigrán, Alfredo Rodríguez Millares, e o presidente do Nigrán, Guillermo Villar. Así mesmo, na presentación tamén se encontraban os pais do neno homenaxeado, Ángel e Ana, que agradeceron o esforzo da Xunta para patrocinar o memorial...[ler máis]

*O Karpin Galiza estréase cunha marcha cicloturista
Redacción 02 de xaneiro de 2007 O equipo do Karpin Galiza, antes de iniciar o seu calendario de competición en Mallorca, quere dar as primeiras pedaladas arroupado polo cicloturismo galego. Para dotar dunha maior oficialidade ao acto, a Fundación Ciclismo Galego, organismo do que depende administrativamente o novo equipo profesional que dirixe Álvaro Pino, organizará unha marcha cicloturista federada o sábado 13 de xaneiro na Costa da Morte, aproveitando a concentración que realizará na zona entre o 9 e o 20 de xaneiro...[ler máis]

Voltar á Portada
Ver anteriores