ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas entre o 26/12/06 e o 31/12/06

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*Deica sempre 2006. Benvido 2007!
Redacción 31 de decembro de 2006 Hoxe remata o ano 2006, dende ArroutadaNoticias.com desexámosvos a todas e a todos os nosos mellores desexos para este ano novo que entra. Por un 2007 cheo de ledicia e prosperidade. Por un 2007 onde os nosos proxectos e esperanzas se vexan realizados. Por un 2007 para Galiza. Por un 2007 onde as galegas e galegos nos sintamos día a día máis orgullosos de sermos simplemente iso, galegas e galegos. Por un 2007 onde continuemos a traballar polo noso dereito a decidir, polo noso dereito como Nación soberana de autodeterminación. Por todos eses desexos e máis: benvido sexas 2007!!!
E ti, que lle pides ao 2007? Pide o teu desexo no foro.

buque Anette Theresa*O quimiqueiro Anette Theresa solicita axuda
Un mariñeiro é evacuado por aire grave a A Coruña
Costa d'A Coruña 31 de decembro de 2006 O helicóptero Helimer Galiza, que sen dúbida é o aparato aéreo máis coñecido na cidade d'A Coruña, tivo que sobrevoar unha vez máis a cidade. O buque Anette Theresa, un buque quimiqueiro, comunicou ao control de trafico de Fisterra a indisposición dun mariñeiro de nacionalidade filipina. Salvamento Marítimo coordinou unha radioasistencia, comunicándolle a un médico a sintomatoloxía a través do VHF, procedemento moi común no ámbito marítimo profesional. Tras o diagnostico inicial, do cal se sospeita unha afección cardíaca, Salvamento decide iniciar unha operación de evacuación aérea...[ler máis]

*Estoutra unha furgoneta na T4 de Barajas en Madrid
• Tres avisos aletraron da colocación do artefacto
• 19 feridos leves e unha persoa desaparecida
• Rubalcaba afirma que o atentado "interrompe o alto ao fogo de ETA"
O BNG manifesta a súa “firme” e “enérxica” condena ao atentado de ETA na T4 de Barajas

Redacción 30 de decembro de 2006 Tres avisos un ás 6:55 h. (hora galega) ao DYA de Gipuzkoa outro entre as 07:00 e as 07:05 h. (hora galega) aos Bombeiros de Madrid, avisando da colocación dun artefacto de gran potencia na terminal 4 do aeroporto de Barajas, nunha furgoneta Renault Traffic de cor granate, e un terceiro aviso media hora máis tarde recibido no SOS Deiak, este vez en nome de ETA (segundo fontes da Ertzaintza) precederon á explosión dunha bomba na terminal 4 do madrileño aeroporto de Barajas esta mañá...[ler máis]

*A Garda Civil apresa un buque luso
• O Carlos Cunha debera abonar 30.000 €
Redacción 30 de decembro de 2006 O día 27 de decembro unha das patrulleiras da Garda Civil do Mar apresa en plena faena ao buque pesqueiro Carlos Cunha, de bandeira lusa, dentro do mar territorial do estado español, a tres millas náuticas da Illa de Onza, do Parque Nacional das Illas Atlánticas...[ler máis]

Siareiros durante o encontro Galiza-Ecuador*Remata cun empate 1-1 o encontro Galiza-Ecuador
• Fernando Vázquez: "O equipo está contento, orgulloso de representar este País", "Galiza foi netamente superior ao rival"

• Arsenio Iglesias: "Os xogadores veñen cunha gran ilusión", "O equipo xogou bastante ben, incluso pudimos haber ganado"

• Luis Fernado Suárez, seleccionador de Ecuador: "Foi un partido intenso, cun ritmo vertixinoso", "O rival buscou sempre gañar e dominou en moitas ocasións o partido"

Siareiros durante o encontro Galiza-EcuadorRedacción 29 de decembro de 2006 O encontro máis agardado do ano por todas as galegas e galegos, saldouse onte cun empate a uns no marcador. Non houbo goles na primeira parte aínda que si oportunidades e dúas tarxetas amarelas ao equipo visitante. Ecuador abriu o marcador no minuto 63 cun gol de Renato Calle, xusto cando o combinado galego estaba a mostrar todo o seu potencial. O empate viría da man de Jonathan Pereira 5 minutos despois no 68, tras unha xogada con Diego Castro. O ambiente nas gradas foi moi especial, entre 25.000 e 30.000 persoas ao berro de "Galiza!!!, Galiza!!!" que non pararon de animar en ningún momento...[ler máis]

Adestramento da Selección Galega*“Con satisfacción, ilusión e paixón” afronta Galiza o partido desta noite contra Ecuador
Redacción 28 de decembro de 2006 “Con satisfacción, ilusión e paixón” segundo manifestou Fernando Vázquez, afrontan, os xogadores da Selección Galega de Fútbol, o partido que hoxe os medirá a Ecuador. O equipo galego adestrou onte á tarde en Abegondo, despois de que o fixera tamén Ecuador. O adestramento transcorreu nun ambiente moi distendido, xa que todos os xogadores manifestaron a súa ledicia por acudir a esta segunda cita coa selección do seu país. Segundo Arsenio, todos “están ilusionadísimos por xogar, contentísimos. Todos foron moi puntuais e iso demostra as ganas que teñen de estar aquí”. O combinado galego, con vinte convocados, conta coas baixas de Míchel, Nacho Novo e Cabanas. A isto hai que sumar a ausencia de Sito ao que o seu club lle impediu viaxar cando xa tiña os billetes da viaxe...[ler máis]

*A Executiva Nacional do BNG fixa, tras a súa primeira reunión, como prioridades as eleccións municipais e a aprobación dun Estatuto de Nación
• Francisco Jorquera repetirá como coordenador executivo, mentres que o reparto do resto das responsabilidades se fará unha vez renovado o Consello Nacional
Redacción 28 de decembro de 2006 A Executiva Nacional do BNG vén de constituírse formalmente. Esta reunión serviu para realizar unha aproximación ás tarefas inmediatas que debe acometer o órgano, entre as que destacan a negociación dun novo Estatuto de Nación para Galiza e as eleccións municipais do 2007...[ler máis]

*Faces, de Cassavetes, fecha a programación de 2006 no Cineclube
Redacción 26 de decembro de 2006 O Cineclube de Compostela fecha a súa programación para o 2006 este mércores 27 ás 22:00 no centro social O Pichel (Santa Clara, 21), co filme Faces (1968), de John Cassavetes: a neurose e insatisfacción dun matrimonio de clase media nos sesenta contadas con escenas improvisadas, os monólogos nocturnos de empresarios arrepentidos de seren tan burgueses, discurso metacinematográfico... Cassavetes creou unha forma americana de cinéma vérité co seu uso innovador da cámara de cine, perspectiva intensamente emocional, e a énfase na improvisación. O crítico Ray Carney denominouno pai do cinema independente americano...[máis en Cinema]

Voltar á Portada
Ver anteriores