Publicidade
Contacto
|
*Arsenio e Vázquez Chaman a Jonathan Vila e a Fuentes para Xogar contra Ecuador
• Os dous xogadores substituirán aos lesionados Aspas e Oubiña
Redacción 22 de decembro de 2006 Os seleccionadores galegos Arsenio Iglesias e Fernando Vázquez convocaron a dous xogadores máis para cubrir as baixas por lesión de Jonathan Aspas e Borja Oubiña, que non poderán disputar o partido do próximo día 28 de decembro en Riazor contra Ecuador. Os xogadores reclamados para vestir a camisola do equipo galego son Jonathan Vila (Real Club Celta) e Fuentes (Ponferradina). Ambos son debutantes, xa que non estiveron o pasado ano no choque contra Uruguai...[ler máis]
*Todo listo para o partido Galiza-Ecuador
Redacción 22 de decembro de 2006 A paixón polo fútbol galego volve a ser a protagonista neste Nadal. Un ano despois do histórico debut ante Uruguai a selección galega xa prepara un novo enfrontamento, desta vez ante o combinado de Ecuador. Será ás 21:00 horas do próximo xoves 28 de decembro cando os elixidos por Arsenio Iglesias e Fernando Vázquez salten ao terreo de xogo de Riazor para defender as cores galegas...[ler máis]
*Hoxe estrease o filme de animación "Pérez, o rato dos teus soños". 20 salas en castelán, en galego 4
Redacción 22 de decembro de 2006 A versión en castelán do novo traballo de animación de Filmax poderá verse en 20 salas e até en cinco horarios diferentes fronte ás 4 salas que emitirasn a versión galega. A Mesa denuncia que “para unha vez que se estrea un filme con opción de galego estea completamente secundarizada” e culpa directamente á Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galiza de “non mover un dedo para garantir unha mínima presenza do galego no ámbito do cinema e do audiovisual”...[ler máis]
*Isidro Nozal valora a súa fichaxe co Karpin Galiza “coma se fose o meu primeiro contrato neoprofesional”
• Durante a súa presentación, Santiago Domínguez Olveira destacou que se fixo “un equipo profesional dunha tremenda calidade, superior ao que esperabamos, o mellor equipo profesional continental”.
Redacción 22 de decembro de 2006 Isidro Nozal é dende hoxe novo corredor do Karpin Galiza. O corredor cántabro asinou por un ano co Karpin Galiza e asegurou na súa presentación que afronta esta nova etapa coa maior das ilusións: “Veño aquí coa mesma ilusión ca cando empecei. Para min é coma se pechase o meu primeiro contrato profesional”...[ler máis]
*Todos os centros educativos de Galiza terán o OpenOffice.org en galego
Redacción 22 de decembro de 2006 A Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria e a Consellaría de Innovación e Industria enviarán a todos os centros educativos de Galiza un CD-ROM co OpenOffice.org en galego, xunto co seu corrector lingüístico. A iniciativa é a primeira dunha serie de accións que se esperan concretar no ano 2007 e que abranguen, entre outras, a formación para o profesorado no paquete ofimático e soporte técnico...[ler máis]
*Vigo acollerá o campionato de España de balonmán infantil e cadete entre o 2 e o 8 de xaneiro
• Santiago Domínguez Olveira presentou esta mañá o evento, que se celebrará no IFEVI, e que traerá a Vigo a máis de mil catrocentas persoas.
Redacción 22 de decembro de 2006 As seleccións autonómicas de balonmán, infantil e cadete teñen unha cita en Vigo entre o 2 e o 8 de xaneiro. No recinto do IFEVI disputarase o Campionato de España, que está previsto traia a Vigo a máis de 1.400 persoas...[ler máis]
*Ryanair regala 20.297 billetes de avión gratis, o mesmo número que o premiado co "gordo" de Nadal
Redacción 22 de decembro de 2006 Ryanair amplía o Gordo de Nadal. 20.297 afortunados poderán coñecer gratis moitos dos destinos de Ryanair en toda Europa. Ryanair, a aerolínea europea número un en tarifas baixas, anunciou hoxe que ten dispoñíbeis 20.297 prazas gratis para voar a diversos destinos europeos desde 16 cidades do estado, Santiago de Compostela entre elas. O número de billetes gratuítos, taxas e impostos excluídos, coincide co número premiado co "Gordo" no sorteo de Nadal...[ler máis]
*A Mesa parabeniza efusivamente a saída á rúa do novo diario galego LV
Redacción 22 de decembro de 2006 Considera “unha moi boa noticia” a existencia dun novo xornal de distribución gratuíta redixido integramente en galego debido á “abafante carencia de medios de comunicación que empregan a nosa lingua”. A asociación desenvolverá a partir de xaneiro unha campaña social de benvinda ao novo medio nas sete principais cidades galegas...[ler máis]
*Campionato de futbolín en Betanzos reivindicando que a Selección galega compita internacionalmente
Redacción 22 de decembro de 2006 Hoxe, venres 22 de decembro, a Asemblea Local de Galiza Nova de Betanzos
organiza, en colaboración coa Adega do Pino, un campionato de futbolín co gallo do partido que enfrontará a Galiza e Ecuador o vindeiro 28 de decembro en Riazor...[ler máis]
*A UNESCO destaca a importancia dos xogos tradicionais
Redacción 21 de decembro de 2006 No pasado mes de novembro reuniuse na localidade de Almaty
(Kazajstán) a Mesa Inter-gobernamental sobre os Xogos e Deportes Tradicionais. Este órgano da UNESCO, composto por delegados e representantes gobernamentais (estatais, nacionais e rexionais), por ONG’s e por Universidades, salientou a importancia dos xogos e deportes tradicionais, na promoción das diversidades culturais e na preservación das identidades culturais a nivel local, nacional e internacional...[ler máis]
*ADEGA entregará na súa cea de Nadal os premios Osíxeno e Dioxina
Redacción 21 de decembro de 2006 ADEGA Nacional celebrará o vindeiro venres, 22 de decembro, en Lugo a súa cea anual de Nadal, na que fará entrega dos premios Osíxeno e Dioxina que outorga respectivamente á mellor actuación/actitude ambiental e á peor actuación ambiental do ano. Os galardoados co premio Osíxeno Colectivo serán os voluntarios/as en defensa do monte galego...[ler máis]
*Novas voces en ArroutadaNoticias.com: Francisco Xosé Rei García, da Permanente da Mesa
Redacción 20 de decembro de 2006 Francisco Xosé Rei García, Membro da Comisión Permanente da Mesa pola Normalización Lingüística desde febreiro de 2006, será a partir de hoxe unha das novas voces que colaborarán na nosa sección de Opinión.
O bico da lingua é o título escollido para o seu espazo...[Máis en Opinión]
*O alude provocado polo escorregamento do escombro dunha canteira en Samos arrasa con un valioso patrimonio etnográfico no río Castelo.
Redacción 18 de decembro de 2006 A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza vén de denunciar ante o SEPRONA á empresa Pizarras del Oribio como responsable da destrución por completo, ao longo dun recorrido duns tres quilómetros, de un mazo e de cinco muíños, ademais dun total de oito presas e varias pontellas, nas beiras do río do Castelo (Samos)...[ler máis]
*Cociña Arroutada!. A nova sección gastronómica en ArroutadaNoticais.com
Redacción 17 de decembro de 2006 Por que non só de escribir vive o home... e a muller, decidimos en ArroutadaNoticias.com abrir un espazo de cociña e aínda que pode parecer clásico imos intentar que sexa innovador. Imos comezar con receitas de cociña clásicas, innovadoras, inventadas, escoitadas... todas aquelas receitas que nos resulten interesantes e que teñamos a ben colgar neste lugar de encontro que é ArroutadaNoticias.com...[ler máis]
Voltar
á Portada
Ver
anteriores
|
|