ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas entre o 11/12/06 e o 14/12/06

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*O BNG mostra a súa disposición a consensuar o Plan Xeral de Lugo co goberno de Orozco antes de que acabe o ano
Redacción 14 de decembro de 2006 O voceiro do BNG, Xosé Anxo Lage, fixa cinco aspectos que deben ser modificados do PXOM para que o BNG apoie o documento. Serían a excesiva extensión da cidade, a xestión urbanística privada, as infraestruturas, a urbanización masiva da zona rural e a insuficiente protección do patrimonio. O Bloque pediu hai dous meses a reunión da Comisión Municipal de Planeamento para falar do Plan Xeral e aínda non recibiu do Goberno local resposta á súa solicitude, explica o voceiro do BNG ...[ler máis]

*Ouvirmos presenta a reedición das gravacións históricas da Coral De Ruada
Redacción 14 de decembro de 2006 O disco, titulado Escena Coral Galega, contén a restauración das gravacións que o Coro realizou en 1929 para a casa Regal. Lánzase dentro da colección de rexistros históricos A Tiracolo, nun formato especial con 20 páxinas de investigación, realizada por Javier Garbayo, e fotografías do arquivo da Coral, moitas delas inéditas. A restauración sonora levouna a cabo Pablo Barreiro da Radio Galega...[ler máis]

*A AV O Progreso e Moz@s organizan este domingo en Beluso o Festival de Nadal
Redacción 14 de decembro de 2006 A Asociación de Veciños O Progreso e o colectivo Mozas e Mozos están a ultimar a preparación do Festival de Nadal que ambas as dúas entidades celebrarán de xeito conxunto na Casa do Pobo de Beluso (Bueu). O evento terá lugar o vindeiro domingo, día 17 de decembro, a partir das 18.00 horas, con entrada de balde...[ler máis]

*O BNG alerta contra a utilización partidista das institucións galegas en América Latina
Redacción 13 de decembro de 2006 Os cargos designados pola Fundación Galiza Emigración son, ao mesmo tempo, os máximos representantes do PSOE en Uruguai, Arxentina e Venezuela. Así mesmo, o BNG de Uruguai denuncia que se están a entregar solicitudes oficiais de axuda para a Xunta de Galiza na sede do PSOE...[ler máis]

*Amnistía Internacional organiza un coloquio en Vigo con dous ex presos de Guantánamo
Redacción 13 de decembro de 2006 Para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos Humanos (10 de decembro), Amnistía Internacional organiza o venres 15 de decembro ás 20.00 h. no Salón de Actos da ONCE en Vigo (Gran Vía, 16) unha charla-coloquio baixo o título de "DE VOLTA DE GUANTÁNAMO" con Ruhal Ahmed e Shafiq Rasul, ex presos do centro de detención de Guantánamo durante case 3 anos...[ler máis]

*Preséntase BUH!, a última proposta de Berrobambán Teatro
Redacción 12 de decembro de 2006 A quen non lle gusta compartir o medo cos amigos e coas amigas, sentir xuntos as cóxegas no estómago, os arrepíos nas costas? O medo adoita ser máis poderoso ca nós, o medo gaña case todas as batallas, vólvenos criaturas pequenas e indefensas. Pero, que acontecería se ao medo lle puxésemos un nariz de pallaso? Pode o medo rir de si mesmo? Podémonos rir do medo? Por suposto. Ademais, é moi probable que, cando nos riamos del, o medo se volva unha criatura pequena e indefensa. E todo por poñerlle un nariz de pallaso. Preséntase deste xeito BUH!, a última proposta de Berrobambán Teatro, que vai ter a súa estrea este vindeiro venres, día 15, ás 20:30h na Casa da Cultura de Serra de Outes...[ler máis]

*O BNG pide a reprobación de Besteiro como Concelleiro de urbanismo de Lugo por non ter sido capaz de aprobar o Plan Xeral en todo o mandato
Redacción 12 de decembro de 2006 O voceiro do BNG, Xosé Anxo Lage, esixe a comparecencia de Orozco no vindeiro pleno para que aclare se vai aprobar o PXOM antes das eleccións ou non, en que fase de tramitación se atopa e cando se van respostar as 6.500 alegacións presentadas. O BNG afirma que Orozco quere deixar o PXOM para despois das eleccións polo forte rexeitamento social que provoca, algo que Lage considera inaceptable porque “hai dotacións e infraestruturas moi importantes para esta cidade paralizadas ata que se aprobe o Plan Xeral”...[ler máis]

*Neste mandado producíronse 18 sentenzas xudiciais condenatorias para o Concello de Lugo en materia de persoal
Redacción 11 de decembro de 2006 Estas sentenzas, 8 delas do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, supuxeron un desenvolso das arcas municipais de 700.000 euros en concepto de indemnizacións pola “nefasta política laboral” do Goberno de Orozco que “está levando ao descrédito á institución municipal ao nivel mesmo da Deputación de Cacharro”. O candidato do BNG censura que o Goberno de Orozco non fose capaz nos catro anos de maioría absoluta de chegar a nin un só acordo cos representantes dos traballadores do Concello e proponlles aos sindicatos “comezar de cero” nas relacións co Concello despois das eleccións municipais de maio...[ler máis]

*Novas voces en ArroutadaNoticias.com: Xoán Costa, Presidente da AS-PG
Redacción 11 de decembro de 2006 Xoán Costa Casas, Presidente da Asociación Socio-Pedagóxica Galega será a partir de hoxe unha das novas voces que colaborarán na nosa sección de Opinión. A baloira dos días é o título escollido para o seu espazo...[Máis en Opinión]

*Marítima. A nova sección sobre o mundo da mar en ArroutadaNoticias.com
Readacción 11 de decembro 2006 Marítima é a nova sección sobre o mundo da mar en ArroutadaNoticias.com, coordinada por Jaime Vázquez Miraz, publicaremos noticias relacionadas coa mariña mercante, pesca e outros temas de relevancia para o sector...[ler máis]

*Cinema. A nova sección de crítica de cinema en ArroutadaNoticias.com
Readacción 11 de decembro 2006 Cinema é a nova sección de crítica de cinema en ArroutadaNoticias.com, coordinada por Bruño Fraga Bugallo (A Coruña, 1983) publicaremos semanalmente unha crítica a unha película escollida por el así como a "Puntuación Arroutada" que el lle asignará a cada filme. Para a estrea da sección Bruño escolleu a película O Ilusionista de Neil Burger á que lle da unha "Puntuación Arroutada" de 6...[ler máis]

*Actos conmemorativos da Declaracion Universal dos Dereitos Humanos
Redacción 11 de decembro de 2006 A Iniciativa polos Dereitos Humanos, unha plataforma unitaria da sociedade civil galega, convoca á cidadanía a participar nos Actos Conmemorativos do Día Internacional dos Dereitos Humanos que terán lugar os días 12, 13 e 14 de decembro no IES Rosalía de Castro e na Facultade de Filosofía (Pza. de Mazarelos) de Compostela...[ler máis]

Voltar á Portada
Ver anteriores