Publicidade
Contacto
|
*Chávez chama á batalla contra a contrarrevolución burocrática e contra a corrupción
Redacción 05 de decembro de 2006 “Venezuela está demostrando que un mundo novo e mellor é posíbel”, afirmou o presidente Chávez ante os seus simpatizantes que o esperaron por longas horas no Balcón do Pobo para celebrar a vitoria lograda este 3 de decembro. ”Unámonos e seremos libres, porque hoxe démoslle outra lección de dignidade ao imperialismo norteamericano”, expresou o presidente reeleito da República de Venezuela, Hugo Chávez Frías...[Máis en Internacional]
*Lage propón aos sindicatos “comezar de cero” nas relacións co concello despois das eleccións municipais
Redacción 04 de decembro de 2006 O candidato do BNG censura nun encontro coa UGT que o Goberno de Orozco non fose capaz nos catro
anos de maioría absoluta de chegar a nin un só acordo cos representantes dos traballadores do Concello.
O candidato nacionalista, Xosé Anxo Lage, reúnese esta semana coas organizacións sindicais dentro
da rolda de contactos que o BNG está a celebrar de cara á elaboración do seu Programa de Goberno...[ler máis]
*O Concello de Santiago asina un convenio de colaboración coa Fundación Via Galego
Redacción 04 de decembro de 2006 Desenvolverán actividades para propiciar o intercambio cultural cos territorios de lingua portuguesa. Esta mañá o tenente de alcalde e concelleiro de cultura de Santiago de Compostela, Néstor Rego, e o Presidente da Fundación Via Galego, Carlos Callón, asinaron un acordo de colaboración entre ambas as entidades para que esta fundación, de recente constitución e impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística, desenvolva na capital de Galiza diferentes actividades que contribúan á dinamización cultural a través de actividades baseadas en fomentar o intercambio cos territorios pertencentes ao sistema lingüístico galego-portugués...[ler máis]
*Cinema de vaqueiros para comezar decembro no Cineclube
Redacción 04 de decembro de 2006 O Cineclube de Compostela inicia a súa programación de decembro co filme Incidente en Ox Bow, dirixido por William Wellman en 1943. Desta vez, a proxección adiantase un día e será este martes 5 de decembro, co horario e lugar habitual (ás 22:00 no centro social O Pichel, Santa Clara, 21). Con este filme, o Cineclube adianta tamén a súa programación para todo o mes...[ler máis]
*A militancia do BNG aproba unha nova Executiva de consenso con máis do 90% dos votos
Redacción 04 de decembro de 2006 Despois dous días intensos na que a militancia do BNG tivo a oportunidade de escoller á nova dirección da fronte así como de aprobar as teses que rexerán o traballo da organización para os vindeiros anos, o Consello Nacional entrante fixo unha proposta de unitaria para a Executiva que foi aprobada con máis do 90% dos votos.
Nas votacións para o Consello Nacional, nas que concorrian 4 candidaturas, a lista de Quintana foi amplamente respaldada co 62,57% dos votos...[ler máis]
*28 delegacións convidadas asistirán á XII Asemblea Nacional do BNG
Redacción 01 de decembro de 2006 A apertura e a clausura da Asemblea Nacional do BNG contarán con numerosos convidados e convidadas en representación de organizacións doutras nacións e organizacións galegas. En concreto, haberá 16 delegacións internacionais e 12 de organizacións galegas...[ler máis]
*Dende hoxe día 1 o audiovisual galego concorre aos premios Mestre Mateo 06
Redacción 01 de decembro de 2006 Dende hoxe venres día 1 e até o 2 de xaneiro, está aberto o prazo de presentación de candidaturas para optar a calquera das 25 categorías estabelecidas nas Bases dos Premios Mestre Mateo, abríndose así o proceso de votacións que concluirá coa Gala dos Premios que terá lugar na primavera...[ler máis]
*O BNG denuncia o “fracaso” dos Radares Xuvenís, a iniciativa estrela do goberno de Orozco en materia de xuventude
Redacción 01 de decembro de 2006 Foi posta en marcha no mes de marzo polo Concello en seis institutos da cidade e só serviu para facer unha viaxe ao parque acuático de Cerceda, unha batalla de globos e unha actividade de tiro con arco. Existen informes do profesorado dos centros de ensino cuestionando o rigor desta iniciativa municipal...[ler máis]
*Xosé Anxo Lage: “Orozco está máis interesado en sair na foto que en que se faga o polígono das Gándaras”
Redacción 01 de decembro de 2006 O BNG lamenta que Orozco abandonara onte aos empresarios de Lugo na presentación dun proxecto de tanta importancia para a cidade por un afán desmedido de protagonismo e considera que “non estivo á altura” do cargo de alcalde da cidade. Lage pídelle a Orozco que imite o modelo de transparencia e presentación pública á cidadanía aplicado pola Consellería de Vivenda para o Plan Sectorial das Gándaras e faga o mesmo con outros proxectos importantes para a cidade como o estudo informativo da nova ponte, o proxecto do auditorio, o Plan Xeral ou o Cetal...[ler máis]
*A Concellaría de Xuventude e Normalización Lingüística de Betanzos impartirá un obradoiro de blogs
Redacción 01 de decembro de 2006 Este mes de decembro comezará o programa de formación de cursos de informática organizado pola Concellaría. O primeiro destes cursos de será o obradorio de blogs, ou bitácoras, páxinas persoais de fervente actualidade onde os usuarios poden contar as súas experiencias e as súas iniciativas a través da internet...[ler máis]
Voltar
á Portada
Ver
anteriores
|
|