Publicidade
Contacto
|
*AULIGA presenta en París obras de Ánxeles Penas, Fernán-Vello e Valcárcel
Redacción 29 de novembro de 2006 A edicións bilingües galego-francés abren unha liña de colaboración coa prestixiosa Académie de Montmartre. A Asociación de Amigos da Universidade Libre Iberoamericana en Galiza (AULIGA) presentará entre mañá e pasado en París as edicións bilingües en galego e francés de obras de Ánxeles Penas, Miguel Anxo Fernán-Vello e Xulio Valcárcel. Con este acto, organizado en colaboración coa Casa de Galiza na capital gala e coa Académie Universelle de Montmartre, AULIGA abre unha liña de colaboración coa prestixiosa academia parisina...[ler máis]
*Ardanza e Mayor Zaragoza abren o ciclo diálogos pola paz en Compostela
Redacción 29 de novembro de 2006 Mañá, día 30 de novembro, ás 20:00 horas, na Aula Sociocultural de Caixa Galiza, na capital, terá lugar a primeira das sesións dos DIÁLOGOS POLA PAZ que organiza o Seminario Galego de Educación para a Paz (Fundación Cultura de Paz) en colaboración coa Universidade e a Fundación Caixa Galiza...[ler máis]
*O consumo moderado de cervexa pode diminuír algún factor de risco de enfermidades neurodegenerativas*
Redacción 29 de novembro de 2006 O silicio contido na cervexa prevén fronte á intoxicación por aluminio. O consumo moderado de cervexa aportaría o 50% da ingesta diaria recomendada de silicio. O consumo moderado de cervexa pode diminuír un dos factores de risco da enfermidade de Alzheimer, xa que esta bebida fermentada contén silicio, un mineral que parece interaccionar co aluminio, metal neurotóxico que se relaciona coa demencia e outras desordes como a enfermidade de Alzheimer...[ler máis]
*O xoves comezan as I Xornadas Galego-Lusófonas de Software Libre no Porriño
Redacción 28 de novembro de 2006 Do 30 de novembro ao 3 de decembro 2006 celebraranse no Concello do Porriño as I Xornadas Galego-Lusófonas de Software e Coñecemento Libres promovidas e organizadas por AGNIX e co total apoio e implicación do actual goberno do concello. O evento ten un atractivo programa que xirará ao redor de seis mesas temáticas e obradoiros técnicos, para os que contará cunha moi ampla participación de personaxes relevantes. Nesta ocasión haberá xentes do Brasil, Portugal e Galicia xa que a lingua é un dos motores das xornadas. Pénsase ter representantes da diáspora galega, principlamente de Hispanoamérica, en vindeiras ocasións. Podes inscribirte de balde aquí...[ler máis]
*Catro candidaturas concorreran na XII Asemblea nacional do BNG que terá lugar esta fin de semana en Compostela
Redacción 27 de novembro de 2006 Anxo Quintana, Xosé Manuel Beiras, Rosario Fernández e Fermín Paz encabezan as catro listas que concorrerá na XII Asemblea Nacional do BNG que se celebrará a vindeira fin de semana en na capital. Baixo o lema de A Nación en marcha o BNG afrontará a sú primeira asemblea dende a entrada no goberno da Xunta...[ler máis]
*O popular xogo do Monopoly terá a súa versión polas rúas de Vigo
Redacción 27 de novembro de 2006 Biplano, axente para o estdo español e Portugal de Monopoly, e Hasbro, empresa distribuidora do mesmo, escolleron a cosmopolita cidade de Vigo para crear unha nova versión dun dos xogos de mesa máis populares do mundo. A partir de agora os galegos poderán xogar en casa movendo ficha polas rúas e avenidas máis representativas da cidade olívica...[ler máis]
*Rematou a rodaxe de Después de la lluvia, unha película para tv coproducida por produtoras de Galiza e Catalunya, e as tvs autonómicas TVG e TV3
Redacción 27 de novembro de 2006 Ficción Producciones e Diagonal TV á fronte da produción desta longametraxe na que todos os intérpretes son protagonistas. O pasado venres rematou a rodaxe da longametraxe Después de la lluvia, unha coprodución galego-catalá que levan a cabo as empresas Ficción Producciones de Galiza, e Diagonal TV de Catalunya, e na que colaboran tamén as televisións autonómicas de ambas as dúas nacións: TVG e TV3. A rodaxe levouse a cabo nunha soa localización en Sabadell, Barcelona, no Edificio Torre Millenium...[ler máis]
*Organizacións profesionais da avogacía, psicoloxía e xornalismo reúnen esforzos contra a violencia de xénero
Redacción 23 de novembro de 2006 O Colexio Oficial de Psicólogos de Galiza, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galiza e o Consello da Avogacía Galega emitiron onte á tarde no marco dun acto celebrado no Clube Internacional de Prensa ás 19:00 unha declaración institucional conxunta manifestando o seu "firme rexeitamento das conductas que supoñan calquera tipo de violencia cara a muller" así como "dos condicionantes sociais que subxacen a esta violencia"...[ler máis]
*Pésame polo falecemento de Xosé Agrelo Hermo
Redacción 22 de novembro de 2006 A Mesa pola Normalización Lingüística súmase ao loito que vive a cultura galega pola irreparábel perda de Xosé Agrelo Hermo. Desde A Mesa queren salientar o seu labor de activista incansábel na defensa da nosa lingua e da nosa cultura nos máis diversos ámbitos: fundou e dirixiu grupos de teatro, arriqueceu o noso idioma co seu cultivo nos tres grandes xéneros, promoveu o estudo da nosa historia e contribuíu á dinamización e extensión social da nosa lingua a través da súa editora Toxosoutos...[ler máis]
*ADEGA celebra a criazón da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística pero lembra que se precisa vontade política para loitar contra a especulación
Redacción 21 de novembro de 2006 ADEGA ten denunciado en moitas ocasións a existenza de numerosas ilegalidades e/ou irregularidades urbanísticas en espazos da Rede Natura, nomeadamente do litoral. Debido á situación preocupante na que se atopan tanto estes espazos como o resto da nosa costa, sometida a unha crecente presión urbanística, temos reclamado da administración a urxente adopción de medidas legais que como o Plano Integral de Protección do Litoral, ou a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística non poden agardar máis...[ler máis]
*Xa á venda a reedición do disco Os Soños na Gaiola de Suso Vaamonde
Redacción 20 de novembro de 2006 Dentro das iniciativas levadas a cabo na Homenaxe Nacional ao Poeta Manuel María pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a MESA pola Normalización Lingüística e a CIG-Ensino, veuse de reeditar e de sacar á venda o disco Os soños na Gaiola, con voz e música de Suso Vaamonde e letra de Manuel María...[ler máis]
Voltar
á Portada
Ver
anteriores
|
|