ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas entre o 13/11/06 e o 16/11/06

Publicidade
Contacto
Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foros
Arquivo
Ligazóns


*
Galiza moveu un 6% mais de mercadorias no 2005
Redacción 16 de novembro de 2006 Actualmente en Galiza existen catro portos de interés xeral dependentes da Dirección Xeral da Marina Mercante, Vigo, A Coruña, Ferrol e San Cibrao (dependente do anterior), e existen outros 122 de interés autonómico dependentes de Portos de Galiza. Onte Portos de Galiza presentou un informe do 2005 polo cal os portos dependentes do goberno galego moveron un total de 1,6 millóns de toneladas de mercadorías, supoñendo unhas ganancias de 1,9 millóns de euros e un crecemento do 5% respecto ao 2004...[ler máis]

*ADEGA esixe a paralización dunha canteira no LIC Serra do Xistral
Redacción 16 de novembro de 2006 Através dun escrito entregado hoxe, ADEGA ven de solicitar da Consellería de Medio Ambiente a paralización inmediata da canteira “Os Agros”, na parroquia de Labrada, concello de Abadín (Lugo). Esta canteira iniciou a súa actividade o pasado verán, e está situada dentro da Rede Natura 2000 (LIC Serra do Xistral) afectando gravemente non só aos valores paisaxísticos da zona senón tamén a importantes hábitats do anexo I da Directiva 92/43/CEE, algúns deles prioritarios...[ler máis]

*A Mesa dá de prazo até marzo para que a Xunta consiga galeguizar a telefonía móbil
Redacción 16 de novembro de 2006 “Se a Xunta non negocia para conseguilo, farémolo nós”. A Mesa considera que a Xunta é “responsábel de que o galego sexa a lingua do Estado máis atrasada na telefonía móbil”. A Mesa pola Normalización Lingüística dálle de prazo á Xunta de Galiza até o próximo mes de marzo para que consiga que cando menos unha das grandes compañías que operan na telefonía móbil (Movistar, Orange, Vodafone) se comprometa a ofrecer con normalidade a opción do galego en todos os seus servizos e que non exclúa este idioma na súa publicidade no noso país...[ler máis]

*A Fundación Antonio Fraguas inaugura dúas exposicións no Museo do Pobo Galego
Redacción 16 de novembro de 2006 As dúas mostras están organizadas polos centros escolares que gañaron a 3º edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas. Co propósito de rememorar a figura de D. Antonio Fraguas Fraguas, na súa dobre vertente de pedagogo e etnógrafo, a Fundación que leva o seu nome creou o Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, encamiñado a promover a pescuda sobre o patrimonio etnográfico, antropolóxico, xeográfico, histórico e artístico do entorno inmediato entre os centros escolares de Galicia. O premio está patrocinado pola Fundación Caixa Galicia, por Caixanova e, dende este ano pola Consellería de Cultura e ten unha cuantía de 10.000 euros para cada modalidade...[ler máis]

*EXILIOS, o filme de Xan Leira, abre a sesión competitiva da Primeira edición do Festival Europeo de Cine e TV “Memorimage” de Reus
Redacción 16 de novembro de 2006 Mañá, venres 17 de novembro, a película EXILIOS retoma a súa andaina en Mostras e Festivais de cinema. Esta vez é no marco da primeira edición do Festival Europeo de Cine e TV “Memorimage””, especializado na exhibición de películas actuais que conteñan filmacións antigas ou de arquivo...[ler máis]

*Galiza, fin de traxecto
O estado español non cedera a competencia de tráfico

Redacción 15 de novembro de 2006 O termo "Comunidade ou Nación Histórica" actualmente aplícase no estado español a tres comunidades autónomas, Galiza, Euskadi e Catalunya, sendo orixinalmente unha manifestación da singularidade da "españa multicultural" e das peculiaridades culturais destas rexións, pero actualmente non deixa de ser tan só meras palabras. O mesmo goberno español demostra e recoñece que trata as comunidades catalana e vasca de forma moito máis privilexiada que a Galiza...[ler máis]

*A MESA pídelle ao Valedor do Pobo que interceda para que se cumpra en Galiza a Carta Europea das Linguas
Redacción 15 de novembro de 2006 “A Xunta debe exercer as competencias que ten en ensino e en xustiza para garantir o cumprimento deste tratado internacional”. O Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, cursou unha solicitude de entrevista co Valedor do Pobo, José Ramón Vázquez Sandes, para pedirlle que vele polo cumprimento da Carta Europea das Linguas dentro da Administración galega, no referido ao ensino e ás competencias autonómicas en xustiza...[ler máis]

*20 piscifatorías galegas, algunhas con anos de funcionamento, carecen aínda de permisos de vertido
Redacción 15 de novembro de 2006 Logo de que en setembro pasado, ADEGA tivera que recorrer ao Valedor do Pobo para coñecer que a piscifatoría de Stolt Sea Farm en Cabo Vilán non dispuña de permiso para verter nun espazo da Rede Natura, aberta hai máis de 5 anos, ADEGA interesouse tamén polo estado das demáis instalacións de acuicultura de Galiza-Costa...[ler máis]

*A asociación cultural O Galo presentou o “I Simposio Prisciliano” que terá lugar o 24, 25 e 26 de novembro en Compostela
Redacción 15 de novembro de 2006 O simposio conta coa participación de persoeiros de grande relevancia nos ámbitos científico, xornalístico, e cinematográfico, de diversos pontos de Galiza e do Estado. O Simposio terá lugar no Auditorio de Galiza, e conta coa colaboración da Dirección xeral de Turismo, o Xacobeo, do Concello de Santiago, e da Vicerreitoría de Extensión Cultural da USC...[ler máis]

*O CEIDA organiza un seminario para perfeccionar a educación ambiental
Redacción 15 de novembro de 2006 O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) organiza un Seminario Internacional “Perfeccionamento en Educación Ambiental: Pensar Estratexicamente” que se celebrará os próximos 23, 24 e 25 de novembro no Castelo de Santa Cruz, en Oleiros...[ler máis]

*Primeiro concerto de fin de carreira da especialidade de música tradicional galega
Redacción 13 de novembro de 2006 A titulación superior en música tradicional galega, impartida no Conservatorio superior de música de Vigo está de noraboa, xa que o vindeiro día 21 de novembro, coa celebración do concerto de fin de carreira a cargo do gaiteiro Xosé Luís Miguélez, verá por fin a súa primeira promoción de titulados...[ler máis]

*A guerra econômica imposta pelos Estados Unidos a Cuba classifica como um ato de genocídio
Redacción 13 de novembro de 2006 Discurso do ministro das Relações Exteriores da República de Cuba, Felipe Pérez Roque, sobre o tema 18 da agenda da Assembléia Geral intitulado “Necessidade de pôr fim ao bloqueio econômico, comercial e financeiro imposto pelos Estados Unidos da América a Cuba”. Nova York, 8 de novembro de 2006...[ler m áis]

Voltar a novas

Ver anteriores