Publicidade
Contacto
|
*Manifestación nacional de Nunca Máis o vindeiro domingo 12 de novembro ás 12 da mañá
Redacción 10 de novembro de 2006 O cuarto aniversario da catástrofe do Prestige será unha data reivindicativa, e tamén de conmemoración do Día da Dignidade baixo o lema "Outro Prestige ainda é posibel: Evitémolo". A plataforma cidadá Nunca Máis convoca por cuato ano consecutivo unha manifestación nacional que partirá coma sempre ás 12:00h. da Alameda da capital galega...[ler máis]
*Manifestación: Sábado 11 de Novembro, ás 12 h na Autoridade Portuaria de Ferrol
Redacción 10 de novembro de 2006 O Comité de Emerxencia convoca para o sábado 11 de novembro, ás 12 da mañá, unha manifestación diante da Autoridade Portuaria para pedirlle que revoque a súa proposta de dragado da canle de entrada/saída da Ría de Ferrol. Despois de que nas últimas semanas fíxose publico que a Autoridade Portuaria de Ferrol ten programado para o ano 2007 un dragado a canle de entrada/saída da Ría, o Comité Cidadán acordou convocar para o vindeiro sábado 11 de novembro, ás 12 da mañá, unha concentración no porto de Ferrol e nas proximidades do edificio da Autoridade Portuaria...[ler máis]
*“A Executiva Nacional do BNG analisa e respalda as liñas básicas da acción do nacionalismo no goberno de Galiza por considerar que o BNG é o motor do cambio galego
Redacción 10 de novembro de 2006 O Informe de Xestión do Consello Nacional obtén o 69,34 por cento de apoios nas asembleas comarcais. A Executiva Nacional do BNG reuniuse esta tarde na Sede Nacional para avaliar o actual momento político e preparar o Consello Nacional do próximo 18 de Novembro, o último antes da XII Asemblea Nacional (2 e 3 de Decembro, Palacio de Congresos de Santiago de Compostela)...[ler máis]
*“O novo Estatuto é unha oportunidade para facer os cambios no estado que quedaron pendentes na transición”, afirma Jorquera
Redacción 10 de novembro de 2006 O coordenador executivo do BNG defende unha “reconstrución nacional” baseada no desenvolvemento autocentrado, a creación de espazos de libre decisión política e a normalización da lingua e da cultura galegas. Francisco Jorquera foi convidado a dar unha conferencia dentro do ciclo “Repensar Galiza” organizado pola asociación cultural coruñesa O Facho, na cal o tamén senador nacionalista valorou o proceso actual de reformas no Estado como a “oportunidade para abordar cambios que non se puideron acometer no seu momento polas circunstancias da Transición”. Vinculou ademais a elaboración do novo Estatuto galego con este proceso reformador...
[ler máis]
*As Mocidades da Mesa consideran que “o novo Decreto conseguido pola folga estudantil debe referenciarse na Carta Europea das Linguas”
Redacción 10 de novembro de 2006 A Coordenadora Nacional da Mocidade pola Normalización Lingüística, sección xuvenil da Mesa, avalía positivamente o anuncio segundo o cal se iniciou o proceso para a elaboración dun novo Decreto en materia de galeguización do ensino non universitario que viría substituír o 247 de 1995, actualmente vixente. As Mocidades da Mesa consideran especialmente importante que esta modificación teña en conta a Carta Europea das Linguas, tratado internacional de obrigado cumprimento que estabelece o dereito a estudar en galego con normalidade...
[ler máis]
*As Xeiras Micolóxicas de Adenco chegan por vez primeira a Salvaterra de Miño
Redacción 09 de novembro de 2006 As actividades inclúen unha degustación gratuita de cogumelos. Por vez primeira dende que o Grupo Ecoloxista ADENCO organiza as Xeiras Micolóxicas do Condado, esta actividade chega á vila de Salvaterra de Miño. Durante os próximos 10, 11 e 12 de Novembro, a capital histórica do Condado acollerá os actos previstos pola organización para atraer o mundo da micoloxía á cidadanía da vila transfronteiriza...
[ler máis]
*Máis de 2.000 escolares participarán no Día do Peón
Redacción 09 de novembro de 2006 Brinquedia – Rede Galega do Xogo Tradicional ten convocado para o
vindouro 10 de novembro a 2ª edición do Día do Peón (Polo San Martiño, peóns ao camiño). Nesta ocasión son 23 –até o momento- os Centros de Ensino que se aderiron á iniciativa, organizando actividades arredor do xogo do Peón (ou Trompo) con arredor de 2.500 escolares de toda Galiza...
[ler máis]
*Mañá o estudantado galego irá a folga e concentrarase en diversas localidades do País
Redacción 07 de novembro de 2006 As Mocidades pola Normalización Lingüística convocan para mañá 8 de novembro un paro xeral no ensino medio demandando o cumprimento da lexislación lingüística e, de xeito especial, da Carta Europea das Linguas, ratificada no ano 2001 e que recoñece o dereito a un ensino que se vehiculice en galego con normalidade. Aínda que desde as Mocidades da Mesa só convocan un paro, programáronse de xeito espontáneo concentracións estudantís na Coruña, Lugo, Viveiro, Arzúa, Verín, Allariz, na comarca do Morrazo, etc...
[ler máis]
*O goberno informa ao BNG que en virtude do acordo asinado por Defensa e General Dynamics as instalacións da fábrica de armas manterán o seu carácter militar cando menos até 2011
Redacción 07 de novembro de 2006 Jorquera expresa a súa preocupación porque a estas alturas o Goberno non saiba se General Dynamics cumpriu os seus compromisos sobre investimento e achega de carga de traballo
“Parece pouco serio que o Goberno teña que estar á agarda dunha auditoría”, di o senador do BNG...
[ler máis]
*O Cineclube estrea en Galiza Ao oeste dos camiños de ferro
Redacción 07 de novembro de 2006 O Cineclube de Compostela estrea na Galiza este mércores 8 ás 22:00, e durante todo o mes de Novembro, o documentario Ao oeste dos camiños de ferro (Tie Xi Qu, Wang Bing, China, 2003). Este filme, considerado pola crítica internacional como un dos máis relevantes dos últimos anos, non puido, porén, ser visto até o momento no noso ámbito. O Cineclube ven a rachar con este silencio proxectando as nove horas de fita ao longo de todo este mes de Novembro. Debido á duración do filme, será proxectado en catro partes, unha en cada mércores de cineclube, no Centro Social O Pichel (Santa Clara, 21)....
[ler máis]
*Dillo a Laura...que o ensino para o 8 de novembro
Redacción 03 de novembro de 2006 Este martes 8 de novembro as Mocidades pola Normalización Lingüística teñen convocado un paro xeral no ensino medio polo dereito a receber o ensino no noso idioma. Levan días mobilizando a todo o estudantado para acadar o maoir éxito na xornada do día 8. Charlas polos institutos, colada de cartaces, repartos, roldas de prensa etc. mais non é suficiente, internet tornase unha outra vez fundamental para difundir toda a información referente a este paro. Un exemplo disto témolo no video que se pode ver en YouTube baixo o título Dillo a Laura enviado por ooitononvou, non ten desperdicio...
[ler máis]
*ADEGA solicita a demolición do encoro do Umia
Redacción 03 de novembro de 2006 A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) solicita que se proceda a demolición do encoro do río Umia no concello de Caldas de Reis. ADEGA sempre expresou, dende que se deu a coñecer o proxecto de construción desta presa, a súa postura radicalmente contraria á súa construcción. O proxecto naceu cun cúmulo de irregularidades e ilegalidades polas que nunca se debera construir...
[ler máis]
*ArroutadaNoticias.com pecha o mes de outubro con perto de 13.000 visitas
Redacción 02 de novembro de 2006 ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede, pecha este mes de outubro con perto de 13.000 visitas o que supón 10 veces máis que en outubro de 2005. Este dato ven a confirmar a boa marcha do portal de novas que nos últimos meses incrementou de xeito notábel as visitas...[ler máis]
*O pleno territorial do CPXG fai un chamamento aos poderes públicos para que extremen o respecto nas relacións cos medios de comunicación
Redacción 02 de novembro de 2006 O Pleno Territorial do Colexio Profesional de Xornalistas de Galiza (CPXG) acordou na súa última reunión do 28 de outubro de 2006, na que ratificou por unanimidade unha resolución da Xunta de Goberno do CPXG (documento anexo) en relación cunha solicitude de amparo presentada polo colexiado Luís Pérez Fernández, difundir o seguinte comunicado...[ler máis]
*Eleccións catalás: CIU gaña con 48 deputados, os acordos decidirán o goberno
Redacción 02 de novembro de 2006 As eleccións catalás, celebradas na xornada de onte, amosan unha calara recuperación de CiU que acada 48 deputados -2 máis que nas anteriores- proclamándose gañadora destes comicios, tanto en votos coma en escanos, e amosan tamén o grande restroceso do PSC que perde 5 deputados respscto dos anteriores comicios. Con estes resultados o goberno da Generalitat fica en función dos posíbeis acordos, o tripartito (PSC-ERC-ICV) podería repetir aínda que existen outras posibilidades que colocarían a CiU outra volta no goberno...[ler máis]
*ADEGA valora positivamente as iniciativas do ministerio contra o desbaldimento de auga
Redacción 02 de novembro de 2006 A medida presentada agora por Narbona, figuraba no texto orixinal da Iniciativa Lexislativa Popular en Defensa dos Ríos promovida por ADEGA, e foi eliminada polo PSOE e o PP do texto final da lei. Dende ADEGA apoioan a proposta do Ministerio de Medio Ambiente para que tadas as administracións, autonómicas e locais, garantan un consumo de auga dun mínimo de 60 L. por habitante e día a prezo asequíbel, penalizando por treitos un consumo superior. Dende ADEGA demandan que esta liña de xestión da auga incida tamén noutros sectores como as actividades industriais e agrogandeiras...[ler máis]
*A galega Telemo Comunicacións rompe o monopolio de Portugal Telecom no mercado das cabinas telefónicas
Redacción 02 de novembro de 2006 Hoxe abre as súas portas o Salón Internacional de Tecnoloxías da información e Comunicación (SITIC) na Feira Internacional de Lisboa (do 2 ao 5 de novembro). Telemo Comunicacións estará presente xunto ás principais empresas do sector, mostrando os produtos cos que desembarca empresarialmente en Portugal...[ler máis]
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|