Publicidade
Contacto
|
*A Selección Galega proclámase campioa Atlántica Absoluta 2006 no Club Internacional de Tenis de Leiria.
Redacción 31 de outubro de 2006 Os días 28 e 29 de Outubro de 2006, en Leiria (Portugal), disputouse unha nova proba da Liga Atlántica, nesta ocasión tratouse da categoría Absoluta, na que a Federación Galega estivo representada por: Miguel Casal Arantes, Rodrigo Figueroa Vázquez, Iago Fernández Reija, Paola Garrido Rodríguez, Paula Alvarez Piñeiro e Mariña Chaves Moledo...[ler máis]
*A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza o I Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega.
Redacción 30 de outubro de 2006 Tentando cumprir un dos seus principais fins, a normalización da cultura musical de Galiza, a Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG), ente que representa non só a gaiteiros, senón tamén a todo tipo de músicos tradicionais, bailadores e demais xente implicada no folclore musical galego, organiza o primeiro congreso de ensinantes de música e baile tradicional...[ler máis]
*600 traballadores e traballadoras de Caixa Galiza dixeron NON á presión
Redacción 30 de outubro de 2006 Coa asemblea celebrada o día 25 na cidade de A Coruña e a celebración dunha nova en Lugo, en total case 600 persoas asistiron ás principais asembleas convocadas pola CIG en Caixa Galiza para analizar a situación creada polo proceso de bancarización e para decidir as medidas a tomar. É a primeira vez que un número tan significativo de traballadores e traballadoras de Caixa Galiza participan nunhas asembleas deste tipo...[ler máis]
*Anxo Quintana promete para despois das municipais “un novo tempo político para A Coruña liderado por Henrique Tello”
Redacción 30 de outubro de 2006 Destaca que “todas as análises do BNG sobre as necesidades da cidade se viron refrendadas”. O Portavoz Nacional do BNG, Anxo Quintana afirmou que “é a hora dun novo tempo político para A Coruña, que será liderado por Henrique Tello”, na apresentación do candidato nacionalista á alcaldía. O acto tivo lugar o pasado venres no Hotel Barceló, e contou coa presenza de numerosos cargos institucionais e orgánicos do Bloque. Ademais do líder nacionalista falou o propio Tello, nun mitin conducido pola actriz Flor Maceiras...[ler máis]
*Samaín. A Festa das Cabazas
Redacción 30 de outubro de 2006 Hoxe luns 30 comezan as actividades que, dentro do SAMAÍN – Festa das Cabazas, ten programadas a Concellaría de Cultura, Festas e Festival de Cine do Concello de Ourense.
Ás 5 da tarde terá lugar na Praza da Imprenta un Obradoiro de Manualidades relacionadas co Samaín. Neste Obradoiro, que se extenderá até as 7 da tarde, producirán-se materiais que percorrerán ao día seguinte as rúas do Ourense Vello na Procesión das cabazas...[ler máis]
*Galiza Nova de Vilagarcía de Arousa organiza unha Charla-Obradoiro de Linux e Software Libre
Redacción 25 de outubro de 2006 Por 1º ano, Galiza Nova de Vilagarcía de Arousa organiza unha Charla-Obradoiro de Linux e Software Libre que comezan o Venres 27 de Outubro no Auditorio de Vilagarcía cunha charla e rematan o Sábado 28 de Outubro no Centro Cultural da Torre cun Obradoiro de Linux. O acto esta organizado por Galiza Nova, patrocinado pola
Concellaría da Xuventude do Concello de Vilagarcía de Arousa e coa colaboración de AGNIX e Mancomun.org...[ler máis]
*Mentres os ecoloxistas, mariñeiros e armadores denuncian práticas pesqueiras insustentábeis, a Consellería de Pesca pretende diminuir as tallas mínimas e permitir as capturas nas fins de semana
Redacción 25 de outubro de 2006 A Consellería de Pesca ven de anunciar rebaixas na talla mínima dalgunhas especies, que como o polbo, pasa a ser de 750 g. Alén disto, e segundo o Director Xeral de Recursos Mariños, permitirase tamén que as nasas queden fondeadas en fin de semana. ADEGA entende que estas medidas non respostan a unha planificación pesqueira sustentábel e van incidir negativamente sobre os stocks e a rendibilidade do recurso. Propostas coma estas, froito das presións dunha parte do sector pesqueiro, representan unha fuxida cara adiante, outro exemplo do “pan para hoxe e fame para mañá” que ameaza o futuro da pesca litoral...[ler máis]
*Jorquera defende que a administración que se debe reforzar para combater a especulación urbanística é a autonómica e non “recuperar fórmulas centralistas xa fracasadas no pasado”
Redacción 24 de outubro de 2006 A Administración que se debe reforzar para combater a especulación urbanística e pór couto aos fenómenos de corrupción a ela asociados é a autonómica e non a estatal, afirma o coordenador executivo do BNG, Francisco Jorquera.
“Recentralizar competencias significaría recuperar fórmulas centralistas xa fracasadas no pasado. Vulneraría ademais o actual reparto competencial, que outorga ás comunidades autónomas a faculdade de control e autorización definitiva dos planeamentos urbanísticos”, asegura Jorquera...[ler máis]
*Galiza Nova reclama ao Alcalde de Betanzos que cumpra cun acordo plenario e retire os nomes franquistas do rueiro
Redacción 24 de outubro de 2006 Con motivo dunhas xornadas pola recuperación da Memoria Histórica
coorganizadas polo Concello, Galiza Nova reclama ao alcalde o a retirada
do rueiro dos nomes de persoeiros do franquismo e a Medalla de Ouro da
Cidade e o título de Fillo Adoptivo a Franco...[ler máis]
*Cómpre unha nova política forestal que poña en valor o monte
Redacción 24 de outubro de 2006 Na pasada fin de semana, (20/21 de outubro) celebrouse en Compostela, organizadas pos ADEGA, as Xornadas de Debate sobre os Incendios forestais na Galiza. No decurso destas xornadas analisouse toda a problemática que envolve a este andazo periódico xa endémico na nosa terra. A continuación publicamos as principais conclusións destas xornadas...[ler máis]
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|