ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas entre o 03/10/06 e o 18/10/06

Publicidade
Contacto
Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foros
Arquivo
Ligazóns


*
ADEGA e a CIG denuncian o desvio de lixo dende SOGAMA a Lousame e Nostián
Redacción 18 de outubro de 2006 Esta decisión da consellería ameaza con saturar os complexos de Lousame e Nostián. ADEGA (Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza) e a CIG (Confederación Intersindical Galega) denuncian que, debido a problemas de negociación do convenio colectivo de SOGAMA, estanse producindo desvíos de lixo procedentes do contedor amarelo (envases e residuos de envases) que poden provocar graves problemas medioambientais...[ler máis]

Xornadas de debate sobre os incendios en Galiza organizado por ADEGA
Redacción 18 de outubro de 2006 Para afondar nas causas da vaga de lumes deste ano e nas posíbeis actuacións para garantir un futuro sustentábel para os nosos montes, ADEGA organiza unhas XORNADAS DE DEBATE SOBRE OS INCENDIOS EN GALIZA abertas a todos/as e coa participación de expertos/as e representantes de todos os sectores vencellados á problemática dos lumes e a xestión dos montes. Celebraranse os vindeiros días 20 e 21 de outubro no Museo do Pobo Galego, en Bonaval (Compostela). Consulta o programa...[ler máis]

*Tras a entrevista co Presidente da Mesa, o Conselleiro de Economía interésase en negociar co Ministerio de Industria para lograr unha partida orzamentaria para o galego como a que recibe o catalán
Redacción 17 de outubro de 2006 O Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, mantivo onte unha entrevista co Conselleiro de Economía, José Ramón Fernández Antonio, para tratar as propostas da organización cidadá para que nos orzamentos do ano próximo se materialicen as medidas do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade no Parlamento no ano 2004...[ler máis]

*A Mesa reclama que “Touriño poña orde e o Goberno galego faga cumprir as leis ao Concello da Coruña”
Redacción 17 de outubro de 2006 “É impropio dun gobernante serio e responsábel minimizar un acto de delincuencia”. Perante as declaracións realizadas na mañá de onte polo Conselleiro de Presidencia sobre a oficialidade do topónimo A Coruña, A Mesa pola Normalización Lingüística expresa o seguinte: Independentemente da opinión persoal que poida ter José Luis Méndez Romeu, a desobediencia aos tribunais é un acto de delincuencia...[ler máis]

*ADENCO organiza as XVII Xeiras Micolóxicas do Condado con cinco semanas consecutivas de actividades
Redacción 17 de outubro de 2006 O Grupo Ecoloxista Adenco pechou nestes días o programa definitivo das XVII Xeiras Micolóxicas do Condado, que se celebrarán entre o 20 de Outubro e o 19 de Novembro nos Concellos de Mondariz Balneario, Ponteareas e Salvaterra de Miño. As Xeiras Micolóxicas de Adenco son xa un referente social no mundo dos cogumelos na Comarca e este ano a organización realiza un importante esforzo coa previsión de catro charlas-coloquio, con varias saídas didácticas, exposicións de cogumelos e degustación dos mesmos...[ler máis]

*Galiza Campioa da Liga Atlántica Cadete 2006 de tenis
Redacción 10 de outubro de 2006 Nas pistas de greenset do Estadio Universitario de Coimbra, Galiza poclamouse Campioa da Liga Atántica en categoría cadete. Galiza que partía como cabeza de serie número 2, enfrontouse en semifinais contra Leiria vencendo por 4-2...[ler máis]

*Galega? mediana idade? alto nivel académico? actividade profesional? Se respondeches a todo que si, gústache o teatro (segundo o IGAEM, claro)
Redacción 09 de outubro de 2006 Ser muller, de mediana idade, con alto nivel académico e actividade profesional son os trazos que tipifican ao grupo de espectadoras e espectadores máis representativo do teatro galego. O Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM), organismo adscrito á Consellería de Cultura e Deporte, definiu por vez primeira en Galiza os distintos segmentos poboacionais e perfís sociodemográficos das espectadoras e espectadires de teatro galego, ademais dos seus comportamentos, actitudes e hábitos de consumo, como resultado dun traballo de investigación realizado en 21 concellos da Rede Galega de Teatros e Auditorios...[ler máis]

*Autónomos En Liña (On Line): os Autónomos Galegos en Internet, do mesmo xeito que as mellores empresas do mundo
Redacción 03 de outubro de 2006 Os Autónomos galegos de PEMES do comercio e servizos dispoñerán de servizos profesionais en internet, co equipamiento informáticos e os recursos necesarios para mellorar a súa productividade e competitividade...[ler máis]

*A Mesa advirte de que a Política Lingüística que presentou e defendeu hoxe Touriño é “a mesma de Fraga” e “leva o galego a ser unha lingua residual”
Redacción 03 de outubro de 2006 A Mesa pídelle ao Presidente da Xunta que “reflexione sobre o valor de termos unha lingua propia” e “traballe de verdade por defendela, non por usala como recurso propagandístico”. Reclámanlle ao Presidente da Xunta que haxa “un cambio na política lingüística, que debe comezar por visualizarse no ensino e en facerlle cumprir as leis ao Concello da Coruña”. A Mesa pola Normalización Lingüística móstrase “decepcionada” polas partes do discurso de hoxe do Presidente da Xunta relativas á política lingüística. Para a organización cidadá, Emilio Pérez Touriño “mantense na propaganda e no engano á cidadanía, pois di unhas cousas e fai outras. Na realidade, mantéñense os mesmos eixos de actuación sobre o galego dos gobernos anteriores.”...[ler máis]

Voltar a novas

Ver anteriores