ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas entre o 12/09/06 e o 29/09/06

Publicidade
Contacto
Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foros
Arquivo
Ligazóns


As veciñas e veciños denuncian o trato recibido por parte da policía
*A bomba que estourou na madrugada do domingo en Lugo podería estar vinculada ás mafias da prostitución
No edificio afectado podería haber até tres prostíbulos clandestinos
Redacción 29 de setembro de 2006 Segundo fontes non oficiais a bomba estourou na madrugada do pasado domingo na capital lucense podería estar vinculada ás mafias da prostitución...[ler máis]

*Novos tempos para a Academia Galega do Audiovisual: Manolo Gómez dimite do seu cargo de presidente
Redacción 29 de setembro de 2006 O presidente da Academia Galega do Audiovisual, Manolo Gómez, presentou onte a súa dimisión irrevogábel. A actriz María Bouzas -vicepresidenta do organismo-, asume o cargo por acordo da xunta directiva...[ler máis]

*Comunicado da equipa técnica e artística da película "Los Muertos Van Deprisa" tras a suspensión da rodaxe
Rolda prensa, "Os Mortos Van Deprisa"Redacción 28 de setembro de 2006 O equipo técnico e artístico da película “Los Muertos Van Deprisa” dirixida por Ángel de la Cruz quere manifestar o seguinte: A día de hoxe 27 de setembro de 2006, quinto día de rodaxe da película, coa totalidade do equipo artístico e técnico en rodaxe, oitenta e cinco persoas contratadas pola produtora e un número de 60 persoas de figuración, a media mañá e mentres se rodaba unha secuencia da mesma, comunicóusenos a suspensión da rodaxe. Sen previo aviso e por sorpresa. O equipo considera a situación de moi grave, tratándose ademais dunha película con un 99% de equipo galego..[ler máis]

*ADEGA organiza un encontro sobre o lobo baixo o título: Por un Plano de consenso para que o lobo siga ouveando en Galiza
Redacción 28 de setembro de 2006 Nestes momentos nos que está en período de exposición pública o Plan de Xestión do Lobo en Galiza, a asociación ecoloxista ADEGA vai realizar un Encontro sobre este tema o próximo sábado pola mañá, a partir das 10,30 horas, nas instalacións do CEIDA, no Castelo de Santa Cruz, en Oleiros...[ler máis]

*Comezan os preparativos para a IV Feira de Outono de Ponteareas
Redacción 28 de setembro de 2006 Asociacións xuvenís, ecoloxistas e culturais e produtores ecolóxicos de Ponteareas e da Comarca comezaron xa os preparativos para a IV Feira de Outono de Ponteareas. Denuncian a nula participación do Concello, que un ano despois aínda non fixo efectivo o pago da axuna da edición anuterior...[ler máis]

*Estoura nun portal de Lugo un artefacto pirotécnico sen ocasionar vítimas
Redacción 25 de setembro de 2006 Segundo informan na edición dixital de La Voz de Galicia, en torno ás 2 da pasada madrugada rexistrouse un forte estouro no portal dun edificio sito na rúa Armando Durán, 42 -a carón dos xulgados- sen ocasionar danos persoais, aínda que si materiais. As 13 persoas que se atopaban no edificio no momento do estouro foran desaloxadas xa están de volta na casa...[ler máis]

*Hoxe comezaron ás XVIII Xornadas de verán de Galiza Nova
Redacción 22 de setembro de 2006 Por decimooctavo ano de xeito ininterrompido, Galiza Nova celebra unha das actividades máis completas e interesantes que se realizan ao longo do ano, as Xornadas de Verán de Galiza Nova, que desta volta terán lugar o fin de semana do 22, 23 e 24 de setembro entre as comarcas do Barbanza e Muros-Noia...[ler máis]

*Presentan a reedición do disco Os soños na Gaiola
Redacción 19 de setembro de 2006 Dentro das Xornadas de música de Lugo, organizadas pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a CIG-Ensino, que se celebran desde o 18 até o 22 de setembro no CEE Santa María de Lugo (Colexio de Xordos) cunha duración de vinte horas e que levan por título Danza e percusión oral, vaise presentar a reedición do disco Os soños na Gaiola, musicado por Suso Vaamonde e con letras de Manuel María...[ler máis]

*A Mesa solicita un maior recoñecemento para o galego no Estatuto de Castela e León
En apoio a unha iniciativa de Fala Ceibe do Bierzo
Redacción 19 de setembro de 2006 A agrupación cidadá Fala Ceibe do Bierzo instou a todo tipo de entidades galegas a que fixesen chegar a súa solicitude de que o galego obteña un maior recoñecemento no Estatuto de Castela e León, que está en proceso de elaboración e que será previsibelmente aprobado en pleno autonómico o próximo 29 de novembro...[ler máis]

*Secretario Xeral de Emigración recibe aos responsables de fillos.org
A delegación da Asociación Fillos de Galicia viaxa a Santiago para ofrecer a Manuel Luis Rodríguez a súa colaboración no ámbito de Internet
Redacción 19 de setembro de 2006 Manuel Casal Lodeiro, creador do maior portal da diáspora galega en Internet (Fillos.org), encabezará a delegación que se reunirá o xoves día 21 de Setembro co Secretario Xeral de Emigración. O obxectivo principal da reunión, segundo declararon os responsables desta organización, é obteren unha resposta á proposta de convenio presentada a Emigración hai sete meses, cuxo propósito é rachar coa falta de apoio e colaboración que caracterizou a súa relación coa Xunta ate o de agora...[ler máis]

*Mofa e Befa presentan Sempre ao Lonxe
Redacción 19 de setembro de 2006 Os días 20, 21, 22, 23, 27, 28, 29 ás 22,00h. e domingo 24 ás 20,30h. de setembro Mofa e Befa presentan Sempre ao Lonxe na Sala Nasa en Compostela. Os Mofa e Befa veñen de facer unha significativa aportación á “alianza de civilizacións” promovida polo presidente ZP, con esta nova obra de carácter didáctico na que o espectador  poderá ver de preto representantes das etnias máis estrafalarias: Romenos da Arousa, Moinantes Sicilianos e Flamencos Abertzales...[ler máis]

*Remata a rodaxe da serie documental “Destino Kala Pattar: aos pes do monte Everest”
Redacción 19 de setembro de 2006 Ficción Producciones e Namche Films finalizan a rodaxe, nela mostrarán, estes fermosos paisaxes e rasgos culturais. TVG adquire dous capítulos de 50’ As produtoras Ficción Producciones e Namche Films, remataron o 8 de setembro a rodaxe dunha serie documental de viaxe, en formato HDV, dirixida e guionizada por Henrique Banet, na que se amosan as paisaxes na subida a Kala Pattar, no Himalaya, unhas vistas que están consideradas das máis fermosas do mundo. A produción editarase en dez capítulos de 25 minutos cada un deles, e a voz que escoitaremos na súa emisión, será a da actriz galega Mabel Rivera, que irá describindo a beleza das paraxes e todo canto implica esta aventura audiovisual da que son produtores executivos Julio Casal e Henrique Banet; a dirección de fotografía é responsabilidade de Alfonso Parra, e as directoras de produción son Mamen Quintas e Mabel Rivera.

*
O CEIDA contará con Calros Silvar para un curso de ilustración da natureza
Redacción 19 de setembro de 2006 O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) organiza un curso de Perfeccionamento en Ilustración da Natureza. O encargado de impartir o curso será Calros Silvar, licenciado en Belas Artes e ilustrador. Guías da natureza editadas por Baía Edicións coma a "Guía de Árbores de Galiza" e a "Guía de Aves de Galiza" contan coas súas ilustracións. Traballa, tamén, como deseñador en “O Castro- Sargadelos”...[ler máis]

*Comunicado de ADEGA sobre a sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que anula o estudo de impacto ambiental da planta de gas na Ría de Ferrol
Redacción 19 de setembro de 2006 A Xunta de Galiza pretende recorrer unha sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que obrigaría a REGANOSA a anular o Estudo de Impacto Ambiental vixente e realizar un novo Estudo para a instalación dunha planta de gas no interior da ría de Ferrol...[ler máis]

*O Club Internacional de Prensa reinicia o curso con Eduardo Galeano, Luis Toledo, as xornadas “Aquí collemos tod@s” e con José Antonio Marina
Redacción 19 de setembro de 2006 O escritor uruguaio Eduardo Galeano será quen de abrir o ciclo que baixo o título “América, cada vez máis latina”, organiza o Club Internacional de Prensa (da Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galiza) dentro do espazo “Os Encontros do Club”. Esta Conferencia, que terá lugar o 4 de outubro próximo ás 20:00 hs no Aula Sociocultural de Caixa Galiza (Carreira do Conde, en Santiago), leva por título “Os outros sete pecados capitais”, un contido que como é habitual na figura deste escritor comprometido socialmente, ofrecerá a súa visión sobre a situación dos países latinoamericanos, que de seguro, estenderá tamén ó resto do mundo...[ler máis]

*Primeiro-ministro sueco renuncia depois de derrota nas urnas
Redacción 19 de setembro 2006 O governo de Goran Persson é o primeiro social-democrata a cair na Suécia desde a Segunda Guerra Mundial, em meio a um período de grande crescimento econômico. Persson renunciou nesta segunda-feira (18/9), um dia depois da derrota dos social-democratas para uma coalizão de centro-direita nas eleições gerais do fim de semana...[Máis en Interncional]

*ADEGA ratifica ante o Fiscal de Medio Ambiente as denuncias de construcións na Rede Natura
Redacción 19 de setembro de 2006
Na mañán de onte, o Secretario Xeral de ADEGA e máis o Secretario Executivo ratificaron diante do Fiscal de Medio Ambiente as denuncias urbanísticas remitidas xa a semana pasada. Nestes escritos dábase conta ao fiscal de dúas graves actuacións: unha urbanización en Valdoviño, afectando a hábitats prioritarios da Rede Natura, e a construcción de dous chalets dentro do Parque Natural de Corrubedo...[ler máis]

*ArroutadaNoticias.com e GaliciaBanner asinan contrato publicitario
Redacción 18 de setembro de 2006 ArroutadaNoticias.com e GaliciaBanner, a axencia de publicidade especializada en internet de Galiza, asinaron un contrato publicitario por un ano. A galega de publicidade en internet que xestiona a publicidade dos 30 portais galegos máis visitados, incluirá, tras a sinatura deste acordo, ao portal de novas. O crecente aumento de visitas de ArroutadaNoticias.com acelerou a sinatura do acordo, pois a día de hoxe, ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede, está no posto nº 6 do ranking de medios de comunicación galegos, só superado por xornais da talla do Faro de Vigo ou La Voz de Galicia...[ler máis]

*ADEGA denuncia que o Umia "atópase gravemente eutrofizado"
Redacción 18 de setembro de 2006 O encoro de Segade en Caldas de Reis e o río Umia ao seu paso por Caldas están a día de hoxe, como pode verse na xa intensa cor verde que presenta a auga de encoro e a do río, completamente eutrofizados, o que está a provocar unha nova mortandande de peixes debido á falta de osíxeno...[ler máis]

*O Consello Nacional do BNG aproba por ampla maioría os documentos preparatorios da XII Asemblea Nacional, que se celebrará os días 2 e 3 de decembro
Redacción 16 de setembro de 2006 A proposta de temario recebe o apoio unánime do máximo órgao do BNG entre asembleas. Finalmente, o Consello Nacional resolveu que a próxima Asemblea Nacional sexa de participación aberta a toda a militancia e non mediante sistema de delegados tal e como propuña a Executiva Nacional...[ler máis]

*“Segundo o concepto que se teña do que son realmente os Dereitos Humanos, e segundo as accións reais respecto diso, poden convertelos en palabrería e instrumento de manipulación política”
Redacción 15 de setembro de 2006 Miguel Alfonso Martínez, profesor emérito do Instituto de Relacións Internacionais do Ministerio de Relacións Exteriores de Cuba, falou onte no Club Interncional de Prensa de Galiza antes de regresar á Habana...[ler máis]

*O vindeiro 28 presentarase en Lugo o último libro de Paco Martín A bisneta lercha (Contos de sempre para ler hoxe)
Redacción 15 de setembro de 2006 CÍRCULOS LÍTICOS, en colaboración coa AS-PG e mais a Editorial GALAXIA, presenta, na súa sección “Lendo libros, Lendo libres”, o último traballo narrativo do escritor Paco Martín, A bisneta lercha (Contos de sempre para ler hoxe), o día 28 de setembro , ás 20 h. no salón de actos do centro socio-cultural Uxío Novoneira, da cidade de Lugo...[ler máis]

*ADEGA expresa o seu apoio e solidariedade co veterinario que denunciou o maltrato dun can en Aguiño
Redacción 15 de setembro de 2006 "Cómpre unha modificación legal que inclúa a inhabilitación dos maltratadores para posuír animais". As arrepiantes imaxes da malleira a un can en Aguiño tomadas por un veterinario da vila resultan aínda máis ferintes ao comprobar o trato que o denunciante recibíu por parte dos seus veciños. Insultos e apupos foi o pago que mereceu Federico Real pola súa sensibilidade cos animais e o seu compromiso cívico ao denunciar o maltrato do can...[ler máis]

*O BNG denuncia que a conexión de alta velocidade Vigo-Porto non estará operativa antes do 2015
Redacción 14 de setembro de 2006 Os nacionalistas piden que se inclúa esta liña na lista de eixos ferroviarios prioritarios. Os datos que manexa a Comisión Europea sobre a Rede Euroea de Transportes prevén que o AVE Madrid-Lisboa entre en funcionamento en 2013, mentres que a liña Lisboa-Porto non estará en 2015. En consecuencia, a conexión entre Galiza e Portugal, a través da liña Vigo Porto non poderá estar operativa antes dese ano, segundo Ana Miranda, portavoz do BNG ante o Parlamento Europeo...[ler máis]

*As asociacións de Vidán e Laraño e ADEGA non ven avances ao respecto do verquido do Sar
Redacción 14 de setembro de 2006 As Asociación de Veciños de Vidán e Laraño e ADEGA valoran a reunión mantida o pasado martes 12 coa Concellaria de Medio Ambiente do Concello de Santiago de Compostela destacando a falta de avances significativos na búsqueda dos culpábeis do verquido de xullo no río Sar que ocasionou a mortandade masiva de peixes, así coma a falla de interese por parte das administracións competentes...[ler máis]

*ADEGA solicita aos TECORES e asociacións de cazadores a suspensión voluntaria da caza nas áreas queimadas
Redacción 13 de setembro de 2006 Mediante unha carta enviada onte e dirixida ao Presidente da Federación Galega de Caza, ADEGA solicita a suspensión voluntaria da tempada de caza (que dará comezo o vindeiro 22 de outono) nas áreas queimadas, co fin de que se poidan recuperar as especies cinexéticas o máis axiña posíbel, xa que sin que estas ficaron decimadas tras a vaga de lumes deste verán. A continuación reproducimos o texto íntegro da carta...[ler máis]

*
O BNG de Betanzos esixe a María Faraldo desculpas públicas á cidadanía
Redacción 12 de setembro de 2006 Ante a polémica levantada coa filtración da circular interna do Partido Popular da Coruña, asinada pola Secretaria Provincial de Organización, María Dolores Faraldo Botana, na que se recomendaba aos alcaldes do PP dilatar no tempo a sinatura do convenio para crear as brigadas forestais, o BNG de Betanzos demanda unha desculpa pública á portavoz da oposición na Corporación betanceira (gobernada polo bipartito PSOE-BNG)...[ler máis]

*
O Automobilismo Galego condena tallantemente ás carreiras ilegais de vehículos
Redacción 12 de setembro de 2006 Nun comunicado de prensa enviado onte por Curuxarallye.info -comunidade virtual do mundo do automobilismo galego- informan que os amantes dos deportes de motor se desmarcan de xeito marioritario do que califican de "patéticos eventos" en alusión ás carreiras ilegais de vehículos e que nestes días inundan a prensa galega...[ler máis]

Voltar a novas

Ver anteriores