|
Publicidade
Contacto
Novas Internacional Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns
|
*A Xunta organiza un xogo de rol en vivo para 500 persoas ambientado na Galiza medieval dos Irmandiños no Castelo de Monterrei
Redacción 11 de setembro de 2006 Irmandiños: A Revolta é un xogo de rol en vivo organizado pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade. O xogo está ambientado no século XV, durante a Segunda Revolta Irmandiña , revolución popular que tivo lugar en Galiza no ano 1467, na que milleiros de homes e mulleres de toda clase e condición se alzaron en armas contra os señores feudais debido aos múltiples abusos que contra a poboación se estaban a cometer...[ler máis]
*O xoves, xuízo en Vigo contra Eleuteiro Estevez Carracedo, actual xerente da Empresa Raul de transportes, por supostos "atentados contra a liberdade sindical"
Redacción 11 de setembro de 2006 O vindeiro xoves, dia 14, vai-se celebrar xuizo no Xulgado do Penal Nº 1 de Vigo contra Eleuteiro Estevez Carracedo, actual xerente da Empresa Raul, de transporte de viaxeiros entre o Condado-Mondariz e Vigo, por “atentar, supostamente, contra a liberdade sindical”, por mor dos despedimentos que este mesmo xerente realizou no ano 2.003 de candidatos da CIG no proceso de Eleicións Sindicais...[ler máis]
*O BNG estará presente nos actos da Diada de Catalunya organizados por CiU e ERC
Redacción 08 de setembro de 2006 Olaia Fernández Davila e Carlos Aymerich serán os representantes do nacionalismo galego. O Bloque Nacionalista Galego estará presente nos actos que o próximo luns 11 de setembro -día nacional de Catalunya- organizan as forzas nacionalistas deste país...[ler máis]
*ADEGA e as Asociacións de veciños de Vidán e Laraño denuncian a pasividade do concello de Compostela e de augas de Galiza co verquido do río Sar
Redacción 08 de setembro de 2006 Transcorrido un mes dende a solicitude de información ambiental os colectivos demandantes non obtiveron ningún tipo de resposta polo que interpuxeron unha demanda ante o Valedor do Pobo. Os tres colectivos que solicitaron información sobre ás análises efectuadas no seu momento non obteñen resposta das administracións que teñen que velar polo interese público. Un verquido como este que matou aos peixes do rio Sar no mes de Xullo ainda non ten os resultados das análises...[ler máis]
*Mercurio enquisará 1500 estabelecementos para analizar as debilidades e fortalezas do comercio minorista da provincia de Pontevedra
Redacción 08 de setembro de 2006 O proxecto Mercurio presentará o vindeiro luns o Observatorio de Comercio Celsius, unha iniciativa que nace co obxectivo de detectar e analizar as necesidades do sector comercial minorista da provincia de Pontevedra, prestando especial atención ás mulleres. Este observatorio desenvolverase a través da realización de enquisas a 1.500 establecementos comerciais da provincia e os resultados obtidos, fortalezas e debilidades do sector, serán analizados por comarcas e poderán ser consultados a través dunha páxina web...[ler máis]
*Finalmente Carballo rexeita converterse nun vertedoiro nuclear
Redacción 08 de setembro de 2006 Esta petición para converter ao Concello de Carballo nun vertedoiro de residuos nucleares fora solicitada polo responsábel de Industria do Concello a título individual, pertencente ao grupo Centro Democratico Independente. O alcalde nacionalista Evencio Ferreiro, cualificou de "desafortunada" esta iniciativa presentada por un dos seus socios de goberno. Por outra banda Galiza será declarada "territorio desnuclearizado" ao ser apoiada por unanimidade unha iniciativa parlamentar presentada polo BNG, de tal xeito que a Cámara galega insatrá á Xunta a que reclame perante o Estado tal categoría, o que implicará que non se contrúan centrais nin cemiterios nuclerares en Galiza.
*Verdegaia rexeita a instalación dun almacén de residuos nucleares en Carballo
Redacción 07 de setembro de 2006 A organización ecoloxista Verdegaia rexeita rotundamente a posibilidade de instalar un Almacén Temporal Centralizado (ATC) de resíduos nucleares no Concello de Carballo, unha mostra máis da irresponsabilidade coa que as distintas administracións tratan este problema, no caso do Concello de Carballo en base ás posíbeis prebendas económicas, din. Segundo aparece recollido no xornal EL País, o Concello de Carballo solicitou información ao Goberno central sobre esta posibilidade...[ler máis]
*O BNG solicita que a Unión Europea destine fondos para paliar os danos causados polo lume
Redacción 04 de setembro de 2006 A moción será presentada através da representación de Galeuscat no Parlamento Europeo. O BNG solicita hoxe, a través do eurodeputado Josu Ortuondo (PNV-Galeuscat), unha Resolución no Parlamento Europeo sobre os incendios que vai ser defendida na sesión plenaria que se celebra en Estrasburgo...[ler máis]
*As análises da auga do Umia amosan unha contaminación elevada que require dunha urxente pero moi complexa descontaminación
Redacción 04 de setembro de 2006 Nunha entrevista co Conselleiro de Medio Ambiente en Caldas de Reis, ADEGA foi informada das primeiras análises da auga do Umia. Á vista dos resultados, ADEGA informa que estamos diante dunha contaminación altamente preocupante: un vertido ácido, cun pH por debaixo de 2, e todo un listado de metais pesados, contaminantes orgánicos, hidrocarburos, cloro derivados, etc. no río, que mata toda forma de vida e fai moi complexa o proceso de descontaminación...[ler máis]
*O BNG considera que o plante de alcaldes do Partido Popular á Consellaría de Medio Rural é unha proba de uso partidista das institucións que goberna
Redacción 04 de setembro de 2006 Francisco Jorquera afirma que “esta actitude o único que provocará son prexuízos para os veciños dos concellos nos que gobernan”. Jorquera precisou que ninguén insultou os alcaldes do PP, senón que o que fixeron os dirixentes nacionalistas foi “unha crítica política da actuación dalgúns rexedores, que non todos, deste partido”...[ler máis]
*Voluntarios de ADEGA e proxecto ríos recollen peixes afectados polo verquido de Caldas de Reis
Redacción 04 de setembro de 2006 Voluntarios da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e máis do Proxecto Rios recollen dende a mañá do domingo peixes afectados polo verquido da empresa BRENNTAG no rio Umia ao seu paso por Caldas de Reis. Estes traballos realizanse en colaboración coa Estación Hidrobiolóxica do Encoro do Con, pertencente á Universidade de Santiago de Compostela...[ler máis]
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|