Arroutada Noticias . com!, as novas galegas na rede

Novas entre o 27/06/2006 e o 30/08/2006

Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*
A MESA reclámalle á Consellaría de Educación que “asuma a súa responsabilidade”, “traballe de verdade a favor do galego” e se deixe “de autobombo e maquillaxes”
Redacción 30 de agosto de 2006 Só o 2,28 % dos centros de infantil das sete cidades pasarán a impartir algunha aula en galego. Os centros souberon onte, polos medios de comunicación, que lles aceptaban entrar no proxecto piloto de galeguización. A Mesa pola Normalización Lingüística vai valorar publicamente mañá (31 de agosto), polo miúdo, a política lingüística desenvolvida pola Consellaría de Educación, a través dunha conferencia de imprensa, segundo apuntan o chamado proxecto piloto presentado por dita Consellaría non se adecúa aos consensos existentes sobre o proceso de normalización lingüística: nin ao acordo de Goberno PSdG-BNG, nin ao Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega aprobado por unanimidade hai dous anos, nin ao tratado internacional denominado Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias...[ler máis]

*Xosé Neira Vilas recibirá o premio Ramón Piñeiro “Facer País”, gañador de entre 36 candidaturas
Redacción 30 de agosto de 2006
Díaz Pardo, Luís Tosar, Milladoiro e Beiras Torrado foron os anteriores galardoados pola Asociación “Val de Láncara”. Segundo acordou o Xurado constituído ó efecto para outorgar nesta quinta edición o Premio Ramón Piñeiro de “Facer País” o pasado 24 de agosto, o escritor galego Xosé Neira Vilas foi o gañador, escollido entre as 36 candidaturas presentadas este ano. Así o confirmaron hoxe en Rolda de Prensa Aníbal Piñeiro, irmán de Ramón Piñeiro; Carlos López Sierra, secretario de Asociaciòn Cultural Val de Láncara; Mª Jesús López Loureiro, en representación do concello de Láncara, e Xaime Félix López Arias, cronista oficial da comarca de Sarria...[ler máis]

*
ADEGA denuncia a construción dunha urbanización en Valdoviño, en terreos da rede Natura
Redacción 29 de agosto de 2006 A delgación Trasancos de ADEGA convoca unha rolda de prensa este mércores día 30 ás 12 da mañán no local de Sargadelos en Ferrol, para expoñer o seu rexeitamento á urbanización que a promotora “CONSTRUCCIONES RÍAS GALLEGAS” está a construir na praia da Frouxeira, concello de Valdoviño. A obra estase a facer en terreos incluidos no LIC Costa Ártabra (rede Natura 2000) e no espazo RAMSAR, con hábitats considerados prioritarios pola Directiva 92/43 CE. Alén disto, o complexo residencial está afectado pola Lei de Costas e sitúase a poucos metros da dobre muralla do castro da Frouxeira...[ler máis]

*Quintana propón un Pacto Nacional polo Medio Rural para loitar contra o abandono do monte galego.
O Consello Nacional do BNG convoca a Asemblea Nacional para os días 2 e 3 de decembro e prepara o novo curso político
Redacción 26 de agosto de 2006
O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, propuxo esta mañá un Pacto Nacional polo Medio Rural, para evitar futuras vagas de incendios. Segundo o portavoz nacional do BNG, o goberno galego debe aumentar a súa capacidade política e legal de actuar neste eido; tamén expresou o convencemento de que “o mercado non vai arranxar por si só a situación do monte e o rural galegos, polo que fará falla unha intervención firme da administración”...[ler máis]

*A Mesa considera "un paso atrás histórico" que os partidos da liga de futbol só se poidan ver en galego como opción secundaria a través da TDT
Redacción 26 de agosto de 2006 A Mesa pola Normalización Lingüística reclámalle á XUNTA que garanta que os partidos da liga de fútbol teñan o galego como primeira opción. A Mesa diríxese ao Presidente da Xunta, á TVG e á Sexta para que non se produza este retroceso...[ler máis]

*O BNG insta ás forzas de seguridade e á xustiza a actuar con dilixencia ante os terroristas dio lume
Redacción 14 de agosto de 2006
A executiva nacionalista constituíu unha comisión de seguemento ante a situación provocada polos incendios forestais. O Bloque Nacionalista Galego reuniu o pasado venres dita comisión de seguemento dos lumes –formada por membros da Executiva Nacional-, que leva funcionando desde a pasada fin de semana. A organización nacionalista destacou a importancia de actuar fronte ás posíbeis tramas organizadas que poidan estar detrás desta vaga de lumes provocados á beira das poboacións; polo que pediu dilixencia ás instancias policiais e xudiciais á hora de perseguir aos incendiarios...[ler máis]

*Sherlock Holmes veranea en “San Xenxo” e Alicia veranea en “La Coruña”
Redacción 09 de agosto de 2006
A Federación de Gremios de Editores de España (FGEE) en colaboración co Ministerio de Cultura desenvolven o Plan de Fomento de la Lectura nas praias galegas con anuncios publicitarios que utilizan formas deturpadas da nosa toponimia. A Mesa pola Normalización Lingüística exíxelles a rectificación dos anuncios publicados en distintos xornais galegos...[ler máis]

*A empresa que despediu a unha traballadora por falar en galego recibiu subvencións de Política Lingüística
Redacción 13 de xullo de 2006
A Mesa pola Normalización Lingüística reclámalle á Secretaría Xeral de Política Lingüística que “realice a inspección pertinente na xestoría Fuentes Fernández e a obrigue a devolver a subvención recibida”. A Mesa agarda que haxa unha “sentenza exemplar que lle outorgue aos dereitos lingüísticos a protección que precisan”...[ler máis]

*Domínguez Oliveira presenta en Lugo o partido da Selección Galega Masculina de Baloncesto
Redacción 27 de xuño de 2006
As entradas para o partido Galiza-Xapón que se xoga o mércores ás 21.30h no Pavillón Municipal dos Deportes pódense mercar nas instalacións do Breogán en horario de 9.30h a 13.30h e de 17h a 20h. Quino Salvo, seleccionador galego: “Todos os xogadores cos que falei non tardaron nin dez segundos en dicir que si á selección”...[ler máis]

*
A MESA pide entrevistarse co Conselleiro de Traballo para pedirlle que poña en marcha un "plan de acción contra a discriminación lingüística no traballo"
Redacción 27 de xuño de 2006
O próximo mércores xúlgase en Pontevedra o caso dunha moza que foi despedida por falar en galego cos compañeiros de traballo. “En Galiza aínda non hai igualdade de oportunidades segundo fales galego ou castelán”. A Coordenadora do Observatorio de Dereitos Lingüísticos, Elsa Quintas, e o Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, compareceron onte en conferencia de imprensa en Vigo para anunciar que van solicitar unha entrevista co Conselleiro de Traballo para solicitarlle que o seu departamento se active contra as discriminacións lingüísticas nas relacións laborais...[ler máis]



Voltar a novas

Ver anteriores