Arroutada Noticias . com!, as novas galegas na rede

Novas entre o 23/05/2006 e o 23/06/2006

Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns


*Quintana di en Vigo que “construir a Galiza do benestrar é a mellor mostra do compromiso do BNG co noso país”
Redacción 23 de xuño de 2006 O portavoz nacional salienta que grazas ao nacionalismo o Goberno galego estabelece xa unha relación “en pé de igualdade” co Goberno do Estado. “A nosa revolución tranquila da igualdade e do benestar está a dar respostas efectivas aos problemas que importan á xente”, afirmou Quintana, para quen os galegos e as galegas ven xa con clareza que “a vía para acceder a maiores níveis de benestar é o incremento e o fortalecimento do autogoberno”...[ler máis]

*A Consellería de Innovación e Industria publicita no DOG a declaración das festas do Boi de Allariz e da Malla de Meira como de Interese Turístico
Redacción 21 de xuño de 2006 O Diario Oficial de Galiza fai público o acordo do Consello da Xunta, do 18 de maio, de ratificar a declaración de ambas as festas como de interese turístico pola Consellería de Innovación e Industria...[ler máis]

*A Mesa acusa a Consellaría de Educación de “deixar o galego á intemperie”
Redacción 15 de xuño de 2006 A Mesa reiteroulle onte á Consellaría que esta organización “continuará a defender o cumprimento do Plan de Normalización no ensino” fronte ao seu “pasotismo”. O Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, mantivo onte unha entrevista coa Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, María Xosé Pérez Mariño. No encontro, o representante da Mesa solicitou que se envíe unha circular a todos os centros de ensino para garantir que en todos eles se van impartir para o curso próximo os mínimos de docencia en galego que sinala o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega...[ler máis]

*Carta de ADEGA en resposta ao Alcalde de Ribadeo, sobre a piscifactoría de Rinlo
Redacción 15 de xuño de 2006 En relación ás declaracións do Sr. Alcalde de Ribadeo sobre a paralización das obras da piscifactoría do Sr. Álvarez-Cascos, ADEGA quere aclarar o seguinte: Primeiro: os sucesivos incidentes de medidas cautelares de paralización das obras non foron, en absoluto, de tipo administrativo, -por máis que o tiveramos solicitado reiteradamente-, senón xudicial. Nada tén que ver, polo tanto, a suposta indefinición da Xunta que argumenta o Sr. Alcalde con esta paralización das obras acordada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza...[ler máis]

*A Real Aacademia acolleu onte a presentación do PuntoGal, o "carné de identidade" para a lingua e a cultura de Galiza en internet
Redacción 14 de xuño de 2006 "O PuntoGal será como o carné de identidade que identifique a Galiza en internet". Desta maneira definiu onte na Coruña o presidente da Asociación PuntoGal, Manolo González, a importancia da consecución dun dominio propio para a nosa cultura e a nosa lingua na rede...[ler máis]

*Somos unha PotenZia?
Redacción 11 de xuño de 2006 Inventámolo fútbolín, a calculadora... Temos xente ben colocada por todas partes. Un galego foi rei dos xíbaros, outro púxolle letra ao tango ‘Garufa’. O primeiro executivo do mundo naceu no noso país. Témolo copyright da retranca. SOMOS UNHA POTENZIA.
Mañá, luns 12, comeza o novo programa de Carlos Blanco na TVG...[ler máis]

*A Mesa replícalle aos xuíces decanos que "non hai xustiza de calidade sen o galego" e pídelles que "reflexionen" e non fagan "declaracións frívolas sobre os dereitos lingüísticos"
Redacción 11 de xuño de 2006 O Consello de Europa afirma nun informe de 2005 que a xustiza é un dos ámbitos onde máis se vulnera o dereito ao uso do galego. Carlos Callón: "A inmensa maioría da sociedade quere que o galego deixe de estar nunha situación de inferioridade xurídica". Nas conclusións dunhas xornadas de traballo celebradas polos xuíces decanos galegos considérase "innecesaria calquera obrigatoriedade do deber de coñecer o galego para exercer a xurisdición"...[ler máis]

*O Mundial de futbol, tamén en galego
Redacción 09 de xuño de 2006 O único portal de fútbol galego na rede, futbolgalego.net, nacido canda a selección galega, vai facer un especial seguemento ao Mundial de Alemaña 2006 para tentar "darlle un pulo á páxina, necesario para medrar e non morrer", din o creadores do portal...[ler máis]

*Andrés Calamaro & Ariel Rot actuarán no Bilbao Live'06
Redacción 07 de xuño de 2006 A organización do Bilbao Live continúa completando o cartel dun festival que promete ser todo un acontecemento musical na capital de Bizkaia. Sen dúbida alguna, a principal noticia dentro destas novas incorporacións é a da actuación de Andrés Calamaro e Ariel Rot, que serán os cabezas de cartel da xornada do sábado...[ler máis]

*A Mesa considera unha “chafallada” a circular sobre ensino en galego en infantil que enviou a Consellaría de Educación
Redacción 07 de xuño de 2006 Carlos Callón: “O modelo formulado pola Conselleira non está dentro do proceso de normalización lingüística nin como o definen os acordos parlamentares e as leis en vigor”. A Mesa pola Normalización Lingüística considera unha “chafallada sen xeito e improvisada” a circular que enviaron a Consellaría de Educación e a Secretaría Xeral de Política Lingüística a todos os centros de segundo ciclo de ensino infantil (3 – 6 anos). Nesa circular indícase que todos os centros que teñan máis de dúas unidades de infantil poderán impartir en galego unha desas unidades, sempre e cando conten cos seguintes requisitos: “compromiso do profesorado implicado”, “autorización dos pais, nais ou titores”, “acordo do claustro”, “aprobación do Consello escolar” e “contar con alumnado suficiente para a constitución dun grupo, sen que supoña ningún incremento do número de unidades”...[ler máis]

*A Princesa que Bocexaba a Todas Horas, da galega OQO editora recibe o 2º Premio Nacioal de Ilustración 2006
Redacción 05 de xuño de 2006 A PRINCESA QUE BOCEXABA A TODAS HORAS, obra ilustrada por Elena Odriozola e publicada pola editorial pontevedresa OQO Editora ven de ser galardoada co segundo Premio Nacional de Ilustración 2006, na súa categoría de Libros Infantís (Premios 2006 a las Mejores Ilustraciones de Libros Infantiles y Juveniles) concedidos polo Ministerio de Cultura ás obras publicadas no ano 2005...[ler máis]

*Adega celebra o día do medio ambiente con actividades de Educación Ambiental
Redacción 05 de xuño de 2006 O río e a auga serán as temáticas a traballar neste día commemorativo no CEIP Colexiata do Sar. O luns 5 de xuño a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza ADEGA vai celebrar o día mundial do medio ambiente con actividades de educación ambiental nun centro de ensino.Neste día Adega quere resaltar como o ven facendo durante o resto do ano a importancia da educación ambiental como ferramenta fundamental para acadar a sustentabilidade...[ler máis]

*Galician Chimpanzee abre a serie VIR, o novo selo discográfico de Ouvirmos
Redacción 30 de maio de 2006 En Ouvirmos estande estrea. Naceu un novo selo: VIR, que coproducirá a novos creadores galegos. E inaugurárono cunha primicia, o primeiro traballo de Galegoz, a nova banda de Marcos Payno (ex-Matraca Perversa). Galician Chimpanzee é un disco para bailar e combater. 10 temas e 2 videoclips a ritmo de ska, funk, reggae e soul sobre bases electrónicas. Escoita un novo ritmo: o aranhoto style, cíber-verbena contra o poder.
Máis info en www.ouvirmos.com.

*A RTP emitirá un especial sobre a V Mostra da Oralidade Galego-Portuguesa
Redacción 30 de maio de 2006 Este mércores, a Radio Televisao Portuguesa 1 ( RTP 1) e a RTP Internacional emitirán un espacio especial sobre a V Mostra da Oralidade Galego-Portuguesa que promove Ponte...nas ondas! e que se celebrará o este sábado no Porriño...[ler máis]
 
*V Festival do Norte: este ano bo tempo (e pouco máis...)
Redacción 29 de maio de 2006 Onte remetaba a V edición do Festival do Norte de Vilagarcía cun balance non moi positivo. Este ano non houbo excusa polo tempo (o ano pasado chovera a chuzos) e non se pode dicir que houbera moita xente. A música boa, menos coñecida, se cadra, que noutras edicións e seguimos botando en falta música en galego. Algo terá que ver a organización...[ler máis]

*Chega a V edición do Festival do Norte de Vilagarcía de Arousa
Redacción 26 de maio de 2006 Hoxe venres e mañá celébrase en Vilagarcía de Arousa a V edición do Festival do Norte. Dous días, dous escenarios e a mellor música do momento. Placebo presentará o seu novo traballo "Meds", tamén Radio 4 fará o seu con "Enemies Like This", The Divine Comedy estreará o seu disco "Victory Of The Comic Muse", na capital arousá antes de serlanzado ao mercado. Dende a organización lembran a todos os asistentes da pasada edición que terán un desconto do 20%.
Consulta prezos e horarios en www.festivaldonorte.com.

*Amélia Muge e Narf homenaxean a Rosalía de Castro na XII Ponte...nas Ondas! este venres
Redacción 25 de maio de 2006 A artista portuguesa de orixe mozambicana Amélia Muge  e cantautor galego Narf estrearán en exclusiva para a XII edición de Ponte...nas ondas! unha composición sobre o poema “Eu levo unha pena” do libro Follas Novas este venres durante a emisión da xornada de radio interescolar...[ler máis]

*A Mesa reclámalle a Touriño que "poña orde na Secretaría Xeral de Política Lingüística"
Redacción 23 de maio de 2006 Carlos Callón: “Señor Touriño, ou cambia a política lingüística ou cambia a secretaria xeral, mais isto non pode continuar así”. A Secretaría Xeral de Política Lingüística xustifica o pagamento de materiais en castelán para a promoción do galego na Bretaña francesa e pretende despedir a profesora que o denunciou...[ler máis]
*As Redes Escarlata solidarízanse con Olga Novo

*O Goberno Galego propón catro iniciativas científicas e tecnolóxicas para a súa inclusión no Mapa Nacional de Infraestruturas
Redacción 23 de maio de 2006 A investigación no desenvolvemento de vehículos intelixentes, a xeración de tecnoloxía para construír buques oceanográficos, a conservación do Patrimonio Cultural e a supercomputación serían as áreas de actividade destas infraestruturas. As infraestruturas ubicaríanse no Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (O Porriño); na Cidade do Mar (Vigo) e en Santiago de Compostela. O presuposto estimado da proposta supera os 230 millóns de euros...[ler máis]

*Hoxe celébrase a IV Edición da Resaca das Letras [RdL06]
Redacción 23 de maio de 2006 Hoxe martes 23 de maio ás 16.15h terá lugar a IV Edición da Resaca das Letras [RdL06], unha xornada de reivindicación da Internet en galego na que terá lugar unha mesa redonda onde intervirán persoeiros do mundo da web e da comunicación de Galiza...[ler máis]


Voltar a novas

Ver anteriores