|
Publicidade
Contacto
Novas Internacional Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns
|
*Escandalo en Lugo: A policia deten a sete persoas da Deputación e investiga a tres máis por presuntos fraudes urbanisticos
Redacción 19 de maio de 2006 Onte a policia interviña a Deputación de Lugo e detiña a sete persoa relacionadas con presuntos fraudes urbanísticos. A policia incautou documentación e precintou varios despachos. Os sete detidos pasaron a noite no calabozo, hai tres perosas máis investigadas, polo de agora a investigación está aínda aberta e non hai máis información. Por outra banda O coordenador executivo do BNG, Francisco Jorquera, empraza ao presidente do PP galego, Alberto Núñez Feijoo, a que o seu partido depure as responsabilidades políticas “ás que houber lugar” logo da intervención policial...[ler máis]
*1.500 alumnos de primaria e secundaria asistiron á Mostra da Oralidade para centros educativos no Porriño
Redacción 19 de maio de 2006 O patrimonio inmaterial estará representado por Avelino González, Luis Caruncho e Augusto Canario, Toñito de Poi, Loreta Martin e Locamotora Animación. Máis de 1.500 alumnos de centros educativos de primaria e secundaria do sur de Galiza e do norte de Portugal encheron hoxe venres a Carpa da Cultura Circula para asistir ao Festival da Oralidade “Os nosos sons” que Ponte...nas ondas! organiza xunto co Concello de O Porriño e a Consellería de Cultura...[ler máis]
*Máis de 20.000 persoas reclamaron onte en Compostela que o galego sexa "dereito e deber" no novo Estatuto
Redacción 18 de maio de 2006 Carlos Callón, presidente da Mesa: “Sen o deber de coñecemento non haberá dereito de uso”. Unha manifestación convocada pola Mesa pola Normalización Lingüísica percorreu hoxe as rúas de Santiago de Compostela para demandar que no proceso de elaboración do novo Estatuto se teña en conta a situación e as necesidades da lingua galega, de xeito que supoña “un salto adiante para o idioma que nos une”...[ler máis]
*Cultura pon en marcha unha web que inclúe información sobre todos os homenaxeados no Día das Letras Galegas
Redacción 16 de maio de 2006 A Consellería de Cultura e Deporte vén de poñer en marcha unha web –www.17demaio.org- que inclúe abondosa información sobre o Día das Letras deste ano e de todas as edicións anteriores desde a instauración desta festa en 1963. A páxina servirá como fonte de recursos para cantos estean interesados tanto na vida e obra de Manuel Lugrís como en calquera dato relacionado con esta celebración da cultura galega...[ler máis]
A Mesa continúa a recoller apoios para “unha manifestación que fará historia”
*Máis dun cento de entidades e institucións apoian a manifestación do 17 de maio
Redacción 15 de maio de 2006 109 entidades e institucións de diverso tipo enviaron xa o seu apoio á manifestación convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística para o próximo 17 de maio, que sairá ás 12 do mediodía da Alameda de Santiago. Esta mobilización cidadá pretende conseguir un “salto adiante” para a lingua galega, aproveitando a oportunidade histórica da elaboración dun novo Estatuto, para que sexa “o Estatuto da normalidade para o galego” e “un Estatuto con tolerancia cero ás discriminacións lingüísticas”...[ler máis]
*
O BNG contribuirá a estabelecer acordos entre o goberno galego e os de Cuba e Venezuela
Redacción 09 de maio 2006 Bieito Lobeira afirma que os nacionalistas galegos están "moi esperanzados pola actual dinámica política en América Latina".A reunión entre representantes da Executiva do BNG e responsábeis do partido venezolano “Patria Para Todos” (PPT) e do Partido Comunista Cubano, contribuirá a “estudar posibilidades de colaboración entre o goberno galego e os gobernos de Cuba e Venezuela”, segundo Bieito Lobeira, secretario de Acción Social da organización nacionalista. Cecilia Pérez Orxe, responsábel de Imaxe e Propaganda tamén participou na reunión...[ler máis]
*Xogas? en galego gañamos
Redacción 09 de maio 2006 Un ano máis está xa en marcha o Correlingua, actividade organizada pola AS-PG, CIG-Ensino e a Mesa pola Normalización Lingüística, xunto cos concellos de Pontevedra, Compostela, Lugo e Vigo e os equipos de normalización lingüística dos centros participantes. Trátase dunha actividade de carácter nacional que percorre Galiza cun denominador común que é a dinamización lingüística da mocidade Este ano o lema é: Xogas? En galego gañamos...[ler máis]
*A Mesa critica a “escandalosa permisividade” dos tribunais no relativo ao topónimo A Coruña
Redacción 09 de maio 2006 Carlos Callón, Presidente da Mesa: “Estes tribunais son unha vergoña”. A Mesa pediulle ao TXSG que se execute dunha vez a sentenza do topónimo emitida en 1994 e que se deduza testemuño de desobediencia contra o alcalde. É a primeira solicitude de execución de sentenza sendo alcalde Javier Losada. A Mesa pola Normalización Lingüística pediulle á sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que faga cumprir dunha vez a sentenza xudicial de 1994 sobre o nome da cidade, que di: “o Concello de A Coruña terá que utilizar como nome oficial o de A Coruña”...[ler máis]
*Galiza Nova amosa a súa solidariedade coa folga do metal
Redacción 09 de maio 2006 Ante os acontecimentos do día de onte en Vigo, Galiza Nova quer mostrar a súa indignación ante un novo episodio de violencia policial e do recurso á mesma de novo nun conflicto laboral. De novo comprobamos como os dereitos e liberdades sufriron nos últimos anos un constante recuar, o que provoca que conflitos sociais e laborais como este rematen frecuentemente do peor xeito posíbel, subsituindo as mesas de diálogo polos xulgados e as razóns pola forza policial. En todo caso, a criminalización dos conflitos non os soluciona, senón que os agrava, indican dende as mocidades do BNG...[ler máis]
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|