|
Publicidade
Contacto
Novas Internacional Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns
|
*Un manifesto pídelle ao Goberno galego a aplicación do Plan de Normalización no ensino para o curso próximo
Redacción 08 de maio 2006 Suso de Toro, Manuel Rivas, Méndez Ferrín, Luz Pozo, Alfredo Conde e Yolanda Castaño, entre os asinantes. Tras a decisión da Consellaría de Educación de non aplicar o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega para o curso próximo, A Mesa pola Normalización Lingüística promoveu esta semana o seguinte manifesto, que conta xa cos apoios que a continuación se relacionan...[ler máis]
*UD Lavacolla entra na Historia do futbol Galego
Redacción 08 de maio 2006 Hoxe, o conxunto da UD Lavacolla entrou nos libros de ouro do fútbol galego, tivo que ser no fondo das nosas categoría, o ano do nosa estrea cando atopásemos o maior pelotazo da historia fubolística da Galiza. O conxunto santiagués, ascendido a segunda rexional dende o mes de marzo e campión o 2 de abril, completou unha tempada espectacular: 32 partidos, 31 victorias e 1 empate...[ler máis]
*A Mesa pregúntalle a Política Lingüística como pensa recuperar falantes mantendo o ensino como o principal axente desgaleguizador
Redacción 04 de maio 2006 Carlos Callón: “Sobra propaganda e falta traballo. O movemento demóstrase andando”. Tras a comparecencia de onte da Secretaria Xeral de Política Lingüística, o Presidente da Mesa, Carlos Callón, lamenta que este departamento autonómico continúe na mesma liña de “propaganda inútil” e “desprezo ao movemento cidadán en defensa do galego”...[ler máis]
*Beiras participa no Foro Social Europeo de Atenas
Redacción 03 de maio 2006 A Fundación Galiza Sempre representa ao nacionalismo galego nun novo encontro do movemento contra a globalización ultraliberal. Xosé Manuel Beiras, Presidente da Fundación Galiza Sempre (FGS), asistirá en Atenas entre o 4 e o 7 de maio á cuarta edición do Foro Social Europeo (http://athens.fse-esf.org), unha nova cita deste movemento contra a globalización neoliberal e a guerra que se enfrenta á desregularización laboral, a pobreza e a destrución do medio ambiente...[ler máis]
*A Mesa devolve unha “caixa de antoloxías literarias” pagos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística
Redacción 01 de maio 2006 Nun acto simbólico, A Mesa procederá á devolución dunha caixa de antoloxías literarias, unidades didácticas, cartaces sobre literatura etc, pagos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL), no Rexistro Xeral da Xunta en San Caetano. Entregarase tamén unha instancia solicitando que a SXPL comece a facer de verdade política lingüística e cese coa súa “política de homenaxe” ao galego. A Mesa entende que a SXPL debería centrar os seus esforzos en garantir o cumprimento do Plan Xeral de Normalización Lingüística no ensino para o curso próximo.
A entrega será o 02 de maio ás 11:00h.
*Pallasos en Rebeldía dende Chiapas
Redacción 26 de abril 2006 O pasado 13 de abril partía de Compostela a VI Caravana de solidariedade galega con destino ás Comunidades Zapatistas de Chiapas, no sureste mexicano. Iván Prado (Director do Festival Internacional de Clown de Galiza e da compañía Os Sete Magníficos Máis Un), Fran Ameijeiras e o malabarista David Bruzos, membros do colectivo Pallasos en Rebeldía, comezaron no municipio de Roberto Barrios do V Caracol Zapatista, “O Caracol que fala para Todos”, a súa viaxe pola selva indíxena. Alí, os representantes da Xunta de Bon Goberno déronlles a benvida e mantiveron un encontro no que aprobaron as propostas dos Pallasos de Galiza...[ler máis]
*Políticos e académicos de Suiza e do Estado español participarán en dous seminarios en Berna sobre “Globalización e identidades nacionais”no que estará Anxo Quintana, entre outros
Redacción 26 de abril 2006 O Kursaal de Berna acolle o próximo 29 de abril un seminario co título "Globalización e identidades nacionais", organizado pola Fundación Debate, que preside a profesora Judit Veiga, no que se darán cita destacados políticos e académicos de Suiza e do Estado español, Anxo Quintana, Vicepresidente da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galiza , Joan Saura, Conseller de Relacions Institucionals i Participació da Generalitat de Catalunya, Juan Manuel Lacruz, Prof. Titular de Dereito Penal UNED, membro do Instituto de Altos Estudos Europeos e do Observatorio para a Inmigración na Unión Europea, a profesora Monica Budowski, Catedrática de Traballo social, Políticas sociais da Universidade de Friburgo e Antón Losada, Secretario Xeral e de Relacións Institucionais da Xunta de Galiza...[ler máis]
*Nace sinxelo.com
Redacción 26 de abril 2006 Nace sinxelo.com en versión en probas. Un buscador de contidos en galego e para galegos. Dende o sábado xa se pode publicar anuncios, eventos, consultar o tempo e buscar nas páxinas galegas e blogs en galego a través de blogalego.com.
*O futebol é umha arma carregada de futuro
Redacción 26 de abril 2006 25 de Abril, 32 anos cumprem-se desde que o movimento popular em Portugal derrocara a ditadura salazarista. Ainda a 16 de Março, desse ano 74 dos cravos, produzia-se um primeiro ensaio revolucionário: militares aquartelados nas Caldas da Rainha, insubordinavam-se e avançavam em direcçom a Lisboa. O governo, advertido já desta tentativa, aguardava os militares antifascistas com forças de artilharia, cavalaria e com a GNR, a Guarda Nacional Republicana. Os patriotas tivérom de regressar às Caldas, e a versom oficial selou o assunto como umha “rendiçom sem resistência”. Ao dia seguinte, 17 de Março, jogavam o Sporting de Lisboa e o Porto...[ler máis]
*Que continúe a Arroutada!!!!
Redacción 24 de abril 2006 Logo do ataque pirata sufrido o pasado xoves AroutadaNotcias.com xa está de volta!!!! Non sabemos quen nen por que nós atacaron mais si sabemos que non foi casualidade. Sería polas boas cifras do prtal?, sería polos nosos contidos?, sería porque falamos de Galiza como o que é, unha Nación no mundo?, ou porque usamos o galego sen complexos?, porque falamos de Cuba, Venezuela, Bolivia, Palesina, Euskadi, Catalunya...non para criminalizar e difamar?, ou porque denunciamos os abusos e crimes dos EE.UU.? ... ... Non sabemos ne saberemos nunca por que o fixeron do que estamos seguros é de que NÓS NON IMOS CAMBIAR, xa rebenten mil e unha veces o foro ou o que sexa!
Que continúe a Arroutada!!!! Non nos van parar!!!!
*Foros accesíbeis de novo
Redacción 24 de abril 2006 Informamos de que os foros etán xa accesíbeis e que podedes acceder coma sempre a colagar os vosos comentarios e temas. Tan só un pequeno problema: os nomes de usuari@ está temporalmente inactivos polo que para escreber no foro teredelo que facer como convidad@s. Tampuco está dispoñíbel a opción de rexistrarse. En canto solucionemos estes dous atrancos poñeremos un aviso no propio foro. Se detectades calquera erro non dubiddes en escrebernos (foros@arroutadanoticias.com).
Enviamos dende aqui unha agradecida aperta a minhoca e demais compañeir@s da Ciberirmandade da Fala, sen a súa axuda aínda estaríamos co foro bloqueado. Grazas.
*A festa galega do 25 de Abril celébrase en Compostela
Redacción 24 de abril 2006 É xa tradicional celebrar o 25 de abril na cidade de Santiago de Compostela. Un grupo de persoas xuntanse na Casa das Crechas para lembrar aquela data arredor das músicas máis emblemáticas daqueles tempos. Este ano contamos coa colaboración da Sala Nasa para permitir un maior aforo e participación. Zeca Medeiros, (Açores) Uxía Senlle e Banda das Crechas que convidará a distintos artistas de Galiza e Portugal actuarán este martes, 25 de abril ás 22:00 na Sala Nasa ao pezo de 8 € rematando coa interpretación por parte de todos os participantes de “Grândola Vila Morena”...[ler máis]
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|