|
Publicidade
Contacto
Novas Internacional Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns
|
*A
Mesa reclama un novo Decreto de galeguización do ensino
para antes do Día das Letras Redacción
19 de abril
2006 O
colectivo cidadán advirte de que se está a incumprir
o acordo de goberno nesta materia. O Presidente da
Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos
Callón, solicitou hoxe unha nova entrevista coa Conselleira
de Educación para abordar a aplicación no ensino non
universitario do Plan Xeral de Normalización da Lingua
Galega, un aspecto no cal xa se comprometera Laura Sánchez
Piñón nunha anterior reunión con esta
entidade o 10 de outubro de 2005. Carlos Callón observa
“con moita preocupación que en todos estes meses de
curso escolar non se tomase ningunha medida seria para aplicar o
Plan”...[ler
máis]
*Comeza
a montaxe da longametraxe documental “Atila en Galiza”,
de Xan Leira Redacción
18 de abril
2006 O filme
analiza por primeira vez a metodoloxía represiva instalada
en Galiza a partir do levantamento militar fascista de 1936.
Rematada unha parte significativa da rodaxe de testemuñas
que fundamentan a proposta e o encadre temático do
realizador Xan Leira, “Atila en Galiza” entra na fase
da organización do material fílmico, fotográfico,
testemuñal e de creación propia que fundamenta a
denuncia deste traballo fílmico sobre o Terrorismo de
Estado e Xenocidio cometido contra o pobo galego a partir do
levantamento militar fascista do 18 de xullo de 1936. “Atila
en Galiza” é unha crónica
da brutal represión contra o pobo galego, que constituirá
o terceiro chanzo da Tetraloxía “Memoria Viva”
coa que Xan Leira pretende adentrarse na historia do século
XX en Galiza...[ler
máis]
*Jorquera
fala de “luces e sombras” ao valorar os dous anos do
actual goberno do Estado Redacción
18 de abril
2006 O
coordenador executivo do BNG afirma que “nos períodos
sen maiorías absolutas e con influencia dos nacionalismos
hai máis diálogo e corríxense os abusos do
poder”. O dirixente nacionalista valora positivamente a
retirada das tropas de Iraq, o devandito clima de diálogo e
os procesos de ampliación dos dereitos civís e mesmo
colectivos. Así mesmo, Jorquera defendeu o diálogo
como método para a pacificación de Euskadi...[ler
máis]
*José
Luís Rodrigues Fernandes partilhará dentro do Ciclo
organizado polo Facho: A Língua: Escrever em Galego,
hoje Redacción
18 de abril
2006 o vindouro
dia 20, quinta-feira, as 8 do serão, do mês que
andamos; o Catedrático de Filologia na Universidade de
Santiago de Compostela e Director do Departamento de Filologia
Portuguesa, José Luís Rodrigues Fernandes partilhará
dentro do Ciclo organizado polo Facho: A Língua: Escrever
em Galego, hoje. A conversa versará sobre: A língua
galega e países lusófonos...[ler
máis]
*O
poeta mexicano Roberto Reséndiz Carmona visita
Galiza Redacción
18 de abril
2006 Con
motivo da visita a Galiza do poeta mexicano Roberto Reséndiz
Carmona, O TALLER DO POETA organiza tres recitais nos que o autor
nos ofrecerá unha mostra da súa poesía. A
visita estableceuse durante a participación no proxecto
Poetas do Mundo, Voces para a Educación, en México,
do poeta pontevedrés Fernando Luis Pérez Poza, e no
que interviñeron poetas tan destacados como Ernesto
Cardenal (Nicaragua), Dolores Castro (México), William
Agudelo (Colombia), Sarah Carrera (Senegal), Jorge Mereta
(Uruguay), etc...[ler
máis]
*Adenco
organiza Proxectando en Verde, un ciclo de documentais
ecolóxicos Redacción
18 de abril
2006 O ciclo
acada a segunda edición e volve a celebrarse no Centro
Cultural Xinzo. A Asociación para a Defensa da Natureza do
Condado, ADENCO, organizou para os próximos 21, 22 e 23 de
abril a segunda edición do ciclo de documentais ecolóxicos
Proxectando en Verde, que se volverá a realizar no Salón
de Actos do Centro Cultural Xinzo, na parroquia ponteareá
do mesmo nome...[ler
máis]
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|