Arroutada Noticias . com!, as novas galegas na rede

Novas entre o 05/04/2006 e o 06/04/2006

Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns



*Doce entidades poñen en marcha o proceso para conseguir un dominio propio galego na internet
Redacción 06 de abril 2006 Unha ducia de entidades representativas de diversos ámbitos da sociedade galega constituíron en Santiago de Compostela a promotora da Asociación PuntoGal, que ten como obxectivo a consecución do dominio .gal como espazo propio na internet para a cultura e a lingua do país. Estas organizacións avalarán a candidatura diante da Internet Corporation for Assigned Names and Numbers (ICANN), organismo internacional que se encarga de autorizar e de recoñecer os dominios. ArroutadaNoticias.com anuncia que xa se puxo en caontacto cao promotora para sumarse á iniciativa...
[ler máis]

*Os CAF fan responsábel ao Concello de Lugo de transformar a Festa da Carballeira nun “macrobotellón”

Redacción 05 de abril 2006 Denuncian trabas por parte do Concello para a súa realización e responsábilizano do que alí aconteza. “Non se concibe por ninguén, que por culpa do Concello, o que era unha Festa como é debido se acabase transformando nun “macrobotellón” sen nengún tipo de control nen sentido”. Os Comités Abertos de Escola e Faculdade (CAF) do Campus de Lugo, denuncian que o Concello de Lugo non quere que os CAF organicen a Carballeira, e lembran que foron eles quen hai xa 17 anos a crearon...
[ler máis]

*A Mesa considera unha “fraude” que a Secretaría Xeral de Política Lingüística se dedique a facer “antoloxías literarias”
Redacción 05 de abril 2006 Carlos Callón: “A política lingüística de Marisol López é esencialmente a mesma que a practicada polo PP”.
A Secretaría Xeral leva unha política de Homenaxe á Lingua, sen garantir o cumprimento da legalidade nin incorporar o idioma a novos ámbitos”. “A Mesa agarda que, polo ben do país, ningún departamento da Xunta copie os modelos aplicados por esta Secretaría Xeral; sería como se en troca de eliminar a peaxe de Rande, se editasen unidades didácticas sobre as peaxes”...[ler máis]

*Fala Ceibe do Bierzo pide un maior recoñecemento do galego
periférico no Estatuto de Galiza
Redacción 05 de abril 2006 A Asociación Cultural Fala Ceibe do Bierzo (www.falaceibe.tk), de defensa da cultura e maila lingua galegas, diríxese á Comisión parlamentaria de reforma do Estatuto de Galiza para pedirlle un maior compromiso político coa protección da lingua galega dos 4 territorios periféricos de: Navia-Eo, O Bierzo, As Portelas sanabresas e Val de Ellas cacereño...[ler máis]

*ADEGA denuncia a má situación das fosas sépticas nos concellos da provincia de Ourense
Redacción 05 de abril 2006 ADEGA-Ourense vén traballando dende hai un tempo na elaboración dun informe s
obre a situación das fosas sépticas nos concellos de Ourense. A metodoloxía do traballo consistiu na presentación de constantes denuncias diante dos organismos implicados na xestión, vixilancia e, se couber, sanción, sobre o funcionamento na recollida das augas residuais nos múltiples lugares e aldeas que contan con este sistema de tratamento primario e "rudimentario"...
[ler máis]

*Once mil visitantes e mais de trescentos espectáculos, balance do I Salón Erótico do Atlántico
Redacción 05 de abril 2006 Máis de 11.000 visitantes e trescentos espectáculos realizados durante os catro días que durou o certamen foron o balance da primeira edición do SEDA (Salón Erótico do Atlántico) que o pasado domingo pechou as súas portas en Fexdega. Desde o pasado xoves Vilagarcía converteuse na auténtica meca do erotismo, grazas a este salón que contou coa presenza dalgunhas das principais estrelas do cine erótico e porno do estado...[ler máis]

*A Asociación de Altas Capacidades reunirase este xoves día 6 co Vicepresidente da Xunta
Redacción 05 de abril 2006 Dª Mª Jesús Lois Navaza, Presidenta
da Asociación de Altas Capacidades (ASAC), formada por 119 familias de toda Galiza, sita na Facultade de Psicoloxía de Santiago, informa que a Asociación de Altas Capacidades (AS.A.C), manterá o xoves día 6 ás 13.30h, unha audiencia co Vicepresidente, D Anxo Quintana, para comunicarlle toda a problemática con que se atopan as nenas e nenos de altas capacidades ao mesmo tempo que se lle presentarán unhas Propostas para a Atención da Sobredotación Intelectual na Galiza.


Voltar a novas

Ver anteriores