|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*Despedido
por pegar carteis
da CIG Redacción
24 de marzo 2006 Dende
a CIG de Banca denuncian que un traballador da empresa Centro de
Atención de Llamadas, S.A. foi despedido en Ourense despois
de que pegase no taboleiro de anuncios da empresa un cartel da CIG
convocando unha Asemblea. Na
carta recibida por este traballador, que presenta unha
discapacidade, se indica que o motivo de despedimento sería
unha “baixada voluntaria do rendemento” e na mesma
carta recoñecen o despedimento como improcedente optando a
empresa pola indemnización...[ler
máis]
*Un
libro da galega OQO Editora, recibe unha mención especial
nunha selección dos mellores libros para nenos e nenas de
todo o mundo Redacción
24 de marzo 2006 A cousa
que máis doe do mundo foi incluído cunha
“Special mention” dentro do catálogo WHITE
RAVENS que se presentará na Feira do Libro Infantil de
Bologna.
A
cousa que máis doe do mundo,
un conto popular de Costa de Marfil adaptado por Paco
Liván, ilustrado por Roger Olmos e editado pola galega OQO,
ven de ser seleccionado cunha “MENCIÓN ESPECIAL POLA
SÚA CALIDADE LITERARIA E GRÁFICA” no catálogo
e na exposición dos WHITE RAVENS, unha iniciativa coa que a
Internationale Jugend Bibliotek (IJB) de Munich escolle os
mellores libros infantís e xuvenís de todo o
mundo...[ler
máis]
*O
SEDA apresentará a primeira curta galega de cine X “Pallas
Mentais” Redacción
24 de marzo 2006 O Salón
Erótico do Atlántico, SEDA
que se celebrará do 30 de marzo ao 2 de abril en Fexdega
(Vilagarcía de Arousa), manterá unha intensa
actividade ademais dos intercambios económicos entre
profesionais na área de exposición. Fernando
Fernández e a protagonista da cinta Alba Sanz, farán
a apresentación da primeira curta X feita en Galiza...[ler
máis]
*Xosé
Zapata, produtor de “A casa da miña avoa”
destaca a exemplaridade de Play-Doc Redacción
24 de marzo
2006
O
próximo 7 de abril chegará aos cines españois
a “A Casa da miña avoa”, unha longametraxe
documental dirixida por Adan Aliaga e producida por IBE cinema que
este mércores foi presentada en Play-Doc, o II Festival
Internacional de documentais de Tui, dentro da sección
oficial Atlántico...[ler
máis]
*Hoxe
venres celébrase FESTACTIVA cunha gran FESTACCIÓN Redacción
24 de marzo 2006 Un
concerto de 4
horas con pallasos, malabares e monociclo, porá fin ao
programa de actividades. Hoxe venres
24 de marzo celebrarase no Pavillón do Instituto Fontiñas
de Compostela, Festacción, unha grande festa con
obradoiros, demostracións, animacións e concertos
coa que concluirá o programa de actividades de ocio
alternativo para a Mocidade, Festactiva...[ler
máis]
*A
Mesa pide que todos os departamentos da Xunta condicionen as
axudas ao Concello da Coruña ao cumprimento da lexislación
lingüística Redacción
24 de marzo 2006 A
Mesa considera “exemplar” a decisión do
Director Xeral de Turismo e demanda que “se rompa a actitude
cómplice que mantiveron anteriores gobernos”. Nunha
actitude exemplar e sen precedentes que A Mesa aplausa, o Director
Xeral de Turismo, Rubén Lois, vén de condicionar as
axudas públicas que desde o seu departamento recibe o
Concello da Coruña en materia de promoción turística
a que a partir de agora a institución municipal coruñesa
emprege A Coruña como única denominación
oficial da cidade e introduza o galego en toda canta actividade ou
material dedique a tal fin...[ler
máis]
*O
BNG defende no Estatuto a creación do Instituto de Galiza
como órgano de promoción e defensa da cultura e a
lingua Redacción
24 de marzo 2006 O
texto articulado de Estatuto proposto polo BNG estabelece a
creación dun Instituto de Galiza, “Institución
suprema de defensa, promoción e representación da
cultura e da lingua galega. Nel intégranse o Consello da
Cultura Galega, a Real Academia Galega, o Fondo Cultural Galego e
outras entidades que a lei determine”...[ler
máis]
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|