Arroutada Noticias . com!, as novas galegas na rede

Novas entre o 02/03/2006 e o 03/03/2006

Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns



*O BNG defende que avanzar no autogoberno é unha condición necesaria para que Galiza converxa co estado
Redacción 03 de marzo 2006
Se Galiza diverxeu co Estado durante a era Fraga foi  pola incompetencia do PP, mais tamén pola insuficiencia do marco estatutario actual”, afirma Jorquera. No encontro co Colexio de Economistas de A Coruña, Jorquera defende que no contexto do Novo Estatuto se dean pasos para que as caixas de aforro invistan os seus fundos en promover a economía produtiva...[ler máis]

*Aprender para Educar Lugo '06
Redacción 03 de marzo 2006 A Asociación Socio-Pedagóxica Galega é a Concellaría de Educación do Concello de Lugo organizan a Terceira Edición do Programa Aprender para Educar, programa de formación dirixida ás familias en definitiva aos pais e as nais do Concello de Lugo.
Esta aula de formación pretende ser un punto de encontro e reunión de todas aquelas persoas interesadas na educación dos seus fillos e fillas porque ninguén pon hoxe en discusión que a familia constitúe o primeiro contexto de de socialización...[ler máis]

*Bota a andar o Programa de Educación Ambiental 2006
Redacción 03 de marzo 2006 Educadores/as ambientais de Adega comezarán este venres cunha actividade sobre tóxicos da vida cotián e continuarán a semana vindeira cun roteiro pólo Sarela e unha visita a ETAP e EDAR. O venres 03 de marzo bota a andar o Programa de Educación Ambiental do Concello de Santiago de Compostela en colaboración coa Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza ADEGA...[ler máis]

*Brinquedia convoca a Mesa dos Birlos
Redacción 03 de marzo 2006 Brinquedia - Rede Galega do Xogo Tradicional xunto coa Federación Galega de Bolos ven de convocar a creación da Mesa dos Birlos para vindeiro sábado 4 de marzo no concello pontevedrés de Nigrán. Esta convocatória ten como obxectivo reunir ás distintas modalidades do xogo dos Birlos/Bolos existentes ao longo do país e prantexar, nun foro aberto, distintas propostas para a promoción e dinamización deste xogo/deporte tradicional...[ler máis]

*A Asociación de Altas Capacidades denuncia que a Consellaría de Educación se nega a reciblios
Redacción 03 de marzo 2006 Ante a negativa da Consellaría de Educación de recibir á Asociación de Altas Capacidades, formada por nais e pais de toda Galiza con fillos e fillas, na súa maioría, superdotados e superdotadas, a súa Presidenta, Dª Mª Jesús Lois Navaza, envía un comunicado que reproducimos a continuación...[ler máis]

*O BNG fará entrega do texto articulado do novo Estatuto ao Reitor da USC
Redacción 03 de marzo 2006 Unha delegación da executiva do BNG encabezada por Francisco Jorquera, coordenador executivo, e da que tamén forman parte Carlos Aymerich e Cecilia Pérez Orxe visita hoxe, venres 3 a Universidade de Santiago de Compostela para entrevistarse co seu Reitor, Senén Barro. Este acto pertence á campaña de difusión social do texto articulado do Novo Estatuto elaborado polo BNG.

*As FARC ofrece solidariedade incondicional ao Presidente Chavez se EEUU invade Venezuela
Redacción 03 de marzo 2006 A guerrilla colombiana das FARC brindou o seu respaldo ao presidente venezolano Hugo Chávez, e ofreceulle a súa "solidariedade incondicional" no caso dunha invasión por parte de Estados Unidos, dixo un dos seus xefes nun pronunciamiento divulgado esta semana. "No caso dunha invasión dos falcóns da guerra de Estados Unidos desde Colombia ao irmán pobo venezolano, as FARC condenaríana con enerxía e ofrecerán a súa solidariedade incondicional ao proceso bolivariano", manifestou o portavoz do grupo insurxente Raúl Reyes...[ler máis]

*Galiza Nova denuncia: o CJE e o Ministerio de Vivenda “tomannos o pelo”
Redacción 02 de marzo 2006 O "Consejo de la Juventud de España" e o Ministerio de Vivenda veñen de lanzar un novo portal en Internet, denominado
"Kelifinder" ("keli" é casa en caló ou en xiria, e "find", atopar en inglés) onde a principal novidade é a entrega gratuita de 10.000 zapatillas co logo do portal para "patearse toda a cidade", e onde, segundo o Ministerio, se ofrecerá información sobre axudas en materia de vivenda para a mocidade, que aínda non está dispoñíbel. Tan só na páxina web, investiuse a cifra de 140.000 euros...
[ler máis]

Voltar a novas

Ver anteriores