Arroutada Noticias . com!, as novas galegas na rede

Novas entre o 15/02/2006 e o 16/02/2006

Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns



*Lugo declarou onte a Manuel María fillo adoptivo da cidade

Redacción 16 de febreiro
2006 Onte o Concello de Lugo declaraba fillo adoptivo da cidade ao desaparecido poeta nacional, Manuel María. Foi unha moción do grupo municipal do BNG, aprovada por unanimidade, após a morte do poeta a que fixo posíbel este recoñecemento. Nunha sala de plenos ateigada de xente, Saleta, a compañeira de Manuel xunto coa súa famila recollian este título acompañados da xente da cultura e da cidadanía de Lugo. Foi un acto emotivo a pesar da pouca publicidade que se lle deu ao acto e das ansias de protagonismo do alcalde socialista López Orozco, quen se fartou de loubar a súa “gran amizade” co poeta falecido. No acto estiveron presentes alén dos tres grupos municipais (PSOE, PP e BNG) Fernando Blanco, Conselleiro de Innovación e Industria, Branca Rodríguez, Delegada en Lugo da Vicepresidencia da Xunta (ambos ex-concelleiros en Lugo), estre outros representantes do goberno galego, así como xentes da cultura de Lugo coma Paco Martín, Marica Campo, Antom Fortes, Xerardo Pardo de Vera e Lois Diéguez etre outros.

*A TVG impide que saia en galego o DVD da mítica serie A víbora negra
Redacción 16 de febreiro 2006 O próximo 5 de abril sairá ao mercado o DVD da serie A víbora negra, con opción lingüística de castelán, catalán, basco e inglés. O galego non estará entre as opcións –a pesar de que a serie colleitou un importante éxito na súa emisión nesta lingua– debido a que a TVG se negou a ceder a dobraxe por considerala de escasa calidade lingüística, ao ser unha versión realizada nos anos 80...[ler máis]

*Apreséntase Tribuna Galeuscat e Jorquera di que 'o avanzo do nacionalismo sempre trouxo a ampliación das liberdades civís'
Redacción 16 de febreiro 2006 O coordenador executivo do BNG avanza que o traballo da Asociación Tribuna Galeuscat vaise centrar en “suscitar un diálogo coa sociedade española sobre a realidade plurinacional do Estado”. O coordenador executivo do BNG, Francisco Jorquera, participou este mediodía no Círculo de Belas Artes de Madrid na apresentación en rolda de imprensa da Asociación Tribuna Galeuscat, un foro de diálogo e pensamento que pretende impulsar una nova cultura política na sociedade española, cimentada no recoñecimento da realidade plurinacional do Estado...[ler máis]

*O "capacho" de Bush (Aznar) agora quer salvar a América Latina
Redacción 16 de febreiro 2006 Num alarde de protagonismo, muito característico de sua personalidade, o ex-presidente do governo espanhol, José María Aznar, acaba de se autoproclamar "o salvador da América Latina", diante do que chamou a "maré populista" que se estende atualmente por essa região...[ler máis]

*Síria deixa dólar e passa a usar euro em transações
Redacción 16 de febreiro 2006 A Síria mudou todas as suas transações em moeda estrangeira de dólar para euro, diante das pressões que vem sofrendo dos Estados Unidos, revelou ontem (15/2) o Banco Comercial da Síria...[ler máis]

*Chega a parcelaria virtual da man dos Fillos de Galicia
Redacción 15 de febreiro 2006 A Asociación Cultural Fillos de Galicia vén de crear un proxecto para achegar o noso país ós saudosos da emigración por medio do seu portal Parcelaria.com. A idea consiste en vender parcelas virtuais a partir dun mapa gráfico de Galiza, dividido en 1.048 unidades visuais (e tamén virtuais) pola cantidade de 381,68 euros...[ler máis]

*Francisco Jorquera e Pablo González Mariñas farán entrega do texto articulado do novo Estatuto ao Colexio de Avogados de Santiago
Redacción 15 de febreiro 2006 Francisco Jorquera, senador e coordenador executivo do BNG e Pablo González Mariñas, deputado no Parlamento Galego e un dos relatores do Estatuto de Nación, visitan mañá, xoves 16, o Colexio de Avogados de Santiago para entrevistarse co seu decano, Evaristo Nogueira, e a xunta directiva. Este acto pertence á campaña de difusión social do texto articulado do Novo Estatuto elaborado polo BNG.

*Governo ianque ordenou segundo turno, forças da paz reprimem o povo haitiano
Redacción 15 de febreiro
2006 Após dois anos da ocupação estrangeira, depois do golpe de Estado contra Jean-Bertrand Aristide orquestrado por Washington com a cooperação de Paris, o sofrido Haiti realizou, há uma semana, eleições gerais para proclamar o novo presidente...
[ler máis]


Voltar a novas

Ver anteriores