|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*O
BNG denuncia un novo ataque a un dos seus militantes no Val Miñor
e pide a interior que esclareza a trama de especuladores que se
oculta tras as agresións Redacción
10 de
febreiro 2006
Manuel Pereiro
Pérez foi agredido en Vincios (Gondomar) por denunciar un
aterramento ilegal e pode perder a audición dun ouvido. A
Executiva Nacional advirte que non vai dar un paso atrás na
súa loita contra a ‘marbellización’ de
Galiza. O BNG pedirá a intervención do ministerio de
Interior a través da Subdelegación do Goberno en
Pontevedra, ante a vaga de violencia que están a sufrir os
nacionalistas nos concellos do Val Miñor...[ler
máis]
*A
MESA pídelle “seriedade” á Secretaria
Xeral de política lingüística Redacción
10 de
febreiro 2006
A
Mesa
lamenta que a máxima responsábel da política
lingüística autonómica “non teña
credibilidade nin a mínima capacidade de decisión”.
A
Mesa pola Normalización envíalle unha “carta
urxente” a Marisol López pedíndolle “que
faga o seu traballo” e deixe de dar “un espectáculo
penoso”. Presións
do sector duro do PSOE fan recuar tamén o compromiso de
realizar unha campaña de sensibilización social
sobre o topónimo “A Coruña”...[ler
máis]
*O
BNG considera as Deputacións como “entes
intermediarios coa única función de repartir cartos”
e reclama a súa eliminación Redacción
10 de
febreiro 2006
Roberto Mera alerta
de que a nova Lei estatal de Bases do Réxime Local apunta
en dirección contraria á proposta de Méndez
Romeu, ao apostar por reforzar os entes provinciais.
O
BNG oponse a manter “entes intermediarios sen competencias
reais ademais de repartir cartos”, ante a recente polémica
sobre a utilidade das deputacións provinciais, segundo
explicaron en rolda de prensa Carlos Aymerich, portavoz no
Parlamento Galego, e Roberto Mera, secretario de Política
Municipal da Executiva...[ler
máis] *O
BNG vota en contra da proposta de Estatut Valenciá
*Chávez
pide a Blair que devolva as Malvinas a Arxentina Redacción
10 de
febreiro 2006
Presidente
de Venezuela, Hugo Chávez, demandou hoxe ao primeiro
ministro británico, Anthony Blair, devolver as Illas
Malvinas a Arxentina. As illas son arxentinas, devólvaas
señor Blair: son illas arxentinas, puntualizou Chávez,
quen recordou o atropelo da Armada británica contra os
arxentinos co apoio de Estados Unidos...[ler
máis]
*Saramago
critica autor de caricaturas de Maomé Redacción
10 de
febreiro 2006
O
escritor português José Saramago classificou como
"irresponsável" o autor das charges de Maomé
publicadas por um jornal de direita dinamarquês e que
originaram uma onda de críticas e protestos no mundo
muçulmano...[ler
máis]
*Putin
convida líderes do Hamas para ir a Moscou Redacción
10 de
febreiro 2006
O presidente russo,
Vladimir Putin, disse ontem que vai convidar líderes do
Hamas para conversas em Moscou após a vitória do
grupo militante nas eleições parlamentares
palestinas. "Precisamos respeitar as escolhas do povo
palestino", disse Putin, durante visita à
Espanha...[ler
máis]
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|