|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*A
Mesa pídelle á Secretaria Xeral de Política
Lingüística “planificación e
transparencia” Redacción
08 de
febreiro 2006
O
colectivo cidadán en defensa do galego reclama que se
elabore “urxentemente” un proxecto global de actuación
para o 2006. A
Secretaria Xeral de Política Lingüística
anuncia á Mesa que vai desenvolver “unha campaña
social sobre o topónimo A Coruña”.
O
Presidente da Mesa
pola Normalización Lingüística, Carlos Callón,
xunto coa Secretaria Xeral desta entidade, María Xosé
Jamardo, mantiveron esta mañá unha entrevista con
Marisol López, Secretaria Xeral de Política
Lingüística da Xunta de Galiza...[ler
máis]
*Tuzaros,
o mítico grupo compostelán, despídese do
público Redacción
08 de
febreiro 2006
O mítico grupo compostelán, Tuzaros, despídese
do público. Como informan na súa carta de despedida
“hai
cousas que cansan e estas semellan ser imperecedoiras: que os
medios de comunicación do teu país os silencien
namentres chegas a soar en emisoras de fóra, que
se nos prohiba o acceso aos medios de comunicación públicos
que pagamos cos nosos impostos e aos que os “artistas”
foráneos acceden xa que produtores dos programas reciben
comisión por iso...” Continúa a ler a carta de
despedida ao completo...[ler
máis]
*Jorquera
pide “igualdade en dereitos e igualdade en deberes”
entre o galego e o español Redacción
07 de
febreiro 2006
A Executiva do BNG
considera “un avance positivo” que se garanta a obriga
dos traballadores das administracións públicas de
coñecer a lingua galega. Porén, segundo explicou
Francisco Jorquera, o camiño é a plena igualdade
legal de “dereitos e deberes” entre galego e español,
polo que o novo Estatuto galego debe incluír a obrigación
de coñecer o idioma propio, do mesmo xeito que a
Constitución a establece para o castelán...[ler
máis]
*Cuba
é o único país latinoamericano onde non hai
desnutrición Redacción
07 de
febreiro 2006
Cuba é
o único país de América Latina onde non
existe desnutrición, segundo veñen de confirmar
desde a Organización de Nacións Unidas (ONU). Así,
Myrta Kaulard, representante do Programa Mundial de Alimentación,
(PMA), afirmou que só o dous por cento dos cubanos menores
de cinco anos ten algún défice nutricional, o que é
debido ademáis a maos hábitos alimentarios,
manifestou a experta...[ler
máis]
*A
CHAIRA É UN POEMA: Manuel María, Xornadas
en Lugo, do 13 ao 16 de febreiro Redacción
06 de
febreiro 2006
A AS-PG,
a CIG-ensino,
AELG
e MNL,
como organizacións comprometidas coa cultura galega,
puxemos en marcha unha amplísima programación
destinada a dar a coñecer e valorizar a figura e a obra
literaria de Manuel María, un ano após do seu
falecemento. Manuel
María é o poeta do pobo, o poeta Nacional; debido a
que queremos dar a coñecer a inmensidade da súa
figura organizamos unhas Xornadas na cidade de Lugo que se van
celebrar entre o 13 e o 16 de febreiro no Salón de Actos do
Centro Social Uxio Novoneyra...[ler
máis]
*Quintana
'rompe barreiras' e recibe por primeira vez na Xunta aos
representantes dos colectivos de gais e lesbianas
galegos Redacción
06 de
febreiro 2006
O Vicepresidente da
Xunta, Anxo Quintana, o pasado día 3 deste mes no seu
despacho aos representantes dos colectivos de homosexuais de
Galiza para falar dos problemas que lles afectan. Anxo Quintana e
os representantes dos colectivos homosexuais acordaron normalizar
as relacións entre estas asociacións e a Xunta.
Vicepresidencia estuda colaborar na organización dos actos
do Día do Orgullo Gai...[ler
máis]
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|