Arroutada Noticias . com!, as novas galegas na rede

Novas entre o 01/12/2005 e o 12/12/2005

Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
Foro
Arquivo
Ligazóns



*Quintana viaxa a Venezuela para entrevistarse con Chavez e analisar as relacións de cooperación entre os dous gobernos
Redacción 12 de decembro 2005 O vicepresidente galego analizará con Chavez en Caracas a aplicación dos convenios asinados co goberno venezolano. No marco desta visita, Quintana entrevistaráse co presidente da República de Venezuela, Hugo Chávez, co que analisará a aplicación dos protocolos de intencións asinados entre o Goberno autonómico e o bolivariano durante a recente visita do mandatario suramericano en Galiza...[ler máis]

*
Estrea do filme "Exilios, Lorenzo Varela", de Xan Leira
Redacción 12 de decembro 2005 O Teatro Principal de Santiago de Compostela acollerá o martes
13 ás 20:00 h. a presentación do filme "EXILIOS, Lorenzo Varela", do director Xan Leira. Exilios, é o termo que máis axeitadamente define a vida de Lorenzo Varela, e con el, a de milleiros de galegos que a emigración –primeiro- e o franquismo -despois- roubaron da súa terra ao longo do século XX...[ler máis]

*
Ciberirmandade da Fala solicítalle a “LARSA” que rectifique a toponimia deturpada
Redacción 12 de decembro 2005 A marca lactea "LARSA", a maiores da cualidade dos seus productos, destaca por ofrecer no seu leite un etiquetado parcial na nosa lingua. Mais curiosamente, nos iogures, utilizan toponimos deturpados. Así, en troques do correcto "Vilagarcía de Arousa", refirense á inexistente localidade de "Villagarcía de Arosa". Se ti tamén queres solicitarlle que modifiquen este “erro”, a Ciberirmandade, convidante a enviarlle un correo electrónico, podes facelo a través desta ligazón.

*
Londres: un incendio para a reflexión
Redacción 12 de decembro 2005 Na mañán de onte unha explosión en cadea na terminal de Petróleo de Buncefield de Londres daba lugar a un xigantesco incendio que tardará aínda días en ser sofocado. ADEGA solidarizase cos afectados e afetadas por este incendio e ven con preocupación os danos ambientais e para a saúde que se van derivar desta enorme masa de fumes tóxicos. Ao mesmo tempo invitan á cidadanía e ás institucións de Galiza a unha reflexión a fondo sobre as tráxicas consecuencias que poden resultar dun accidente deste tipo cando tais instalacións se encontran no medio mesmo da poboación, como é caso de Reganosa en Mugardos, no mesmo corazón dunha ría prácticamente cerrada, ou o de Repsol en Vilagarcía...[ler máis]

*A Mesa promove a creación dun Observatorio de Dereitos Lingüísticos
Redacción 06 de decembro 2005 A xunta directiva da Mesa pola Normalización Lingüística aprobou comezar as xestións para constituír un Observatorio de Dereitos Lingüísticos que vehiculice os centos de queixas por discriminacións idiomáticas que recibe cada ano esta asociación...[ler máis]

*
Partidos pró-Chávez têm ampla vitória nas eleições legislativas
Redacción 06 de decembro 2005 Os venezuelanos votaram para renovar a Assembléia Nacional. Oposição anunciou boicote, alegando supostas irregularidades. Observadores viram pleito normal e criticaram boicote. Os partidos pró-Chavez obtiveram ampla vitória e podem levar todas as cadeiras. Abstenção deve ficar entre 67 e 75%...[ler máis]

*
Mais de 300 vôos secretos da CIA na Europa
Redacción 05 de decembro 2005 A Agência Central de Inteligência dos EUA (CIA) realizou mais de 300 vôos secretos na Europa para transladar suspeitos de terrorismos a cárceres ilegais em países do leste do Velho Continente. Com essa finalidade, aviões fretados pela CIA aterrissaram em aeroportos britânicos 80 vezes e nos alemães, cerca de 100 vezes, sem contar os vôos charter, segundo foi revelado pelo diário londrino, The Guardian...[ler máis]

*
Disney incute mensagem cristã fundamentalista em seu novo filme
Redacción 05 de decembro 2005 "As crônicas de Nárnia" tenta repetir o sucesso de "A Paixão de Cristo"; os cristãos renascidos dos EUA encontram no filme baseado na obra de C. S. Lewis um material de proselitismo. A equipe formada pela Disney e o leão Aslan, metáfora de Jesus Cristo nos romances do autor e teólogo britânico C. S. Lewis, promete "arrasar" espíritos graças ao novo filme "As Crônicas de Nárnia" no mercado de cristãos renascidos ou fundamentalistas americanos, formado por cerca de 30 a 40 milhões de pessoas...[ler máis]

*
OQO Editora presenta na Chocolataria Cobertor de Estrelas”, unha historia sobre os meninos da rúa brasileiros
Redacción 01 de decembro 2005 O libro está escrito polo Brasileiro Ricardo Lísias e ilustrado pola artista galega Itziar Ezquieta, pintora recentemente premiada co galardón Na Vangarda 2005 e co 1º premio de Pintura Fundación Araguaney 2005. Cobertor de estrelas é o título da obra que OQO Editora presentará en Santiago o vindeiro venres 2 de decembro ás 19,00 horas no espazo de Arte A Chocolataría (Rúa Orfas, 5- Santiago). Esa obra inaugura a colección FOQO, destinada a lectores de 12 anos en diante...[ler máis]


Voltar a novas

Ver anteriores