|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión Foro Arquivo Ligazóns
|
*O
novo goberno vai estabelecer unha oferta educativa en galego para
os menores de tres anos Redacción
20 de outubro 2005
Esta
medida da Secretaría Xeral de Igualdade complementa os
compromisos asumidos pola Consellaría de Educación
para que o curso próximo un mínimo do 50% da
docencia no ensino non universitario sexa en lingua galega. Carlos
Callón e María Xosé Jamardo, o Presidente e a
Secretaria Xeral da Mesa
pola Normalización Lingüística,
entrevistáronse esta mañá con Carme Adán,
Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galiza. Neste encontro,
Carme Adán manifestoulle á Mesa a súa
intención de aplicar plenamente, dentro das súas
competencias, o Plano Xeral de Normalización Lingüística
no ensino, o que significa, entre outras cousas, que se vai
estabelecer unha oferta educativa en galego no ensino infantil de
0 a 3 anos...[ler
máis]
*Xuntanza
de mariñeiros do caladoiro NAFO coa Secretaría Xeral
de Pesca de Madrid Redacción
20 de
outubro 2005 Hoxe ás 12:00 h. a
CIG
asistirá á xuntanza convocada pola Secretaría
Xeral de Pesca de Madrid, para revisar o Plan de Pesca de NAFO
para 2006. Esta reunión xa fora solicitada tanto pola CIG
como polos afectados nas distintas xuntanzas mantidas antes da
manifestación de Marín do pasado venres 14 de
outubro. Ademais, o venres 21, ás 18:00
h., a CIG convoca, na Biblioteca de Marín,
unha nova asemblea con todos os afectados, para
informar do resultado da xuntanza coa Secretaría Xeral de
Pesca de Madrid.
*Saddam
Hussein expõe ilegitimidade de tribunal fantoche Redacción
20 de
outubro 2005 O presidente
deposto do Iraque Saddam Hussein negou-se a responder às
perguntas feitas pelo juiz e também negou-se a reconhecer a
legitimidade do Tribunal Especial Iraquiano (TEI), formado pelo
governo fantoche do país. Hussein foi levado ao "tribunal"
ontem (19) em Bagdá, sob aacusação de que
teria ordenado o o massacre de 143 xiitas em 1982. "Reivindico
o direito constitucional de fazer valer meus direitos de chefe de
Estado e me recuso a responder", disse, dirigindo-se ao
presidente do tribunal. "Não reconheço sua
autoridade porque todo (este tribunal) carece de fundamento",
acrescentou...[ler
máis]
*Tempos
Novos exixe a paralización das obras de Fraga City (Cidade
da Cultura) Redacción
20 de outubro 2005
“O
proxecto faraónico de Fraga está poñéndose
en marcha ante o silenzo culpable de case todos” (TEMPOS
NOVOS Nº 48 · maio
2001). En
maio de 2001 a revista TEMPOS NOVOS publicou
34 páxinas de información, análise e
valoración crítica do proxecto co título de
portada: FRAGA
CITY O proxecto faraónico e a cultura da subsistencia.
Agora en outubro de 2005 TEMPOS
NOVOS esixe, coa forza moral que lle
dá o seu compromiso de sempre coa verdade e co país,
que paren a obra e se debata entre expertos multidisciplinares
como facela socialmente útil...[ler
máis]
*Ante
a paralización anunciada pola Xunta de Galiza, ADEGA esixe
a anulación definitiva do concurso para unha planta de
tratamento de lodos de depuración Redacción
20 de
outubro 2005 A
Asociación ecoloxista ADEGA
remitiu un informe ao conselleiro de Medio Ambiente, con propostas
alternativas para a xestión de lodos.
Por resolución do 22 de xullo de 2005 fíxose
pública a “licitación do contrato
administrativo de concesión de obra pública para a
redación do proxecto, construción e explotación
dunha planta de secado térmico, en coxeración, de
lodos de depuración de augas residuais urbanas na
comunidade autónoma de Galiza”, sendo a entidade
axudicadora a “Empresa de Obras e Servizos Hidráulicos”,
ente público adscrito á Consellaría de Medio
Ambiente da Xunta de Galiza...[ler
máis]
*Concerto
de presentación do novo disco de Pepe Vaamonde
Grupo Redacción
20 de
outubro 2005 Hoxe ás 22:00 h. na Sala Nasa
de Compostela presentase o novo disco de Pepe
Vaamonde Grupo, Onde nace o vento. O
Pepe Vaamonde Grupo (PVG) é unha banda folk galega formada
por cinco compoñentes: Pepe Vaamonde, Nacho Tobío,
Pipo Alvariño, Xesús Vidal e Andrés Vilán.
Pepe naceu en Visantoña (A Coruña) no ano 1971
e, ademais de responsable das gaitas e frautas que soan nos temas
da formación, é o autor da maior parte das súas
composicións. Como gaiteiro foi, durante a década
dos 90, o máis galardoado en concursos e certames de gaita
de toda Galiza...[ler
máis]
*A
CIG rexeita as medidas propostas por Solbes para a reforma
Laboral Redacción
19 de
outubro 2005 Diante das
propostas adiantadas polo Ministro de Economía, Pedro
Solbes de abaratamento do despedimento e recorte das cotizacións
das empresas á Seguridae Social para contratos indefinidos,
a CIG manifesta o seu total rexeitamento. Desde a CIG enténdese
que estas propostas pretenden satisfacer as demandas que desde hai
anos vén facendo a patronal e tamén na liña
das reformas laborais que se fixeron na época do Partido
Popular, rexeitadas pola CIG, no seu momento...[ler
máis]
*Continúa
a Homenaxe Itinerante ao poeta Manuel María Redacción
19 de
outubro 2005 Esta vez será en Outeiro de Rei
onde se apresentará o libro Andando a Terrra con Manuel
María de Felipe Senén. A continuación
realizarase o primeiro dos roteiros pola Terra Chá
acompañados do autor da obra. Será este sábado
22 ás 10:30 da mañá. Sairán autobuses
dende Lugo e hai reservado un restaurante para o xantar. Para
acudir debes de anotarte chamando á AS-PG
de Lugo (982 24
26 82 ou no correo electrónico
lugo@as-pg.com)
antes de este xoves
20...[ler
máis]
*Salvat-Bruño
substitúe a toda présa a edición en catalán
do último álbum de Astérix, mais non ten
tempo para traducilo ao galego Redacción
18 de
outubro 2005 A editora do
último álbum de Astérix fica en evidencia
polos seus coidados co catalán e o seu desprezo polo
galego. Esta reedición e distribución en catalán
realizarase en menos dunha semana e débese a que a tiraxe
contiña erros ortográficos. O pasado venres, co
lanzamento internacional do álbum coas novas aventuras de
Astérix e Obélix, Salvat-Bruño decatouse de
que a portada en catalán contiña varios erros
ortográficos. Por isto, decidiron retirar os 50.000
exemplares que puxeran á venda e volver a editalos nun
prazo inferior a unha semana. Chama a atención a capacidade
para repor este erro nun prazo tan breve de tempo e, en troca, a
lentitude da reacción ante a demanda cidadá de
galegas e galegos para que este álbum saia tamén na
nosa lingua...[ler
máis]
*ADEGA-Lugo
fai un chamamento á solidariedade polo xuízo a
varios dos seus membros Redacción
18 de outubro 2005
Mañá mércores 19 ás 11:00 h. no
xulgado de Mondoñedo van ser xulgados 12 membros da
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza de
Lugo, por unha denuncia presentada por D.
Ramón Alvárez-Cascos Paredes (ex-ministro de Fomento
no antigo goberno do PP), como propietario de ACUINOR S.L. por
teren paralizado durante varios días as obras destinadas á
instalación dunha planta de acuicultura de engorde de polbo
e rodaballo en Rinlo-Ribadeo sobre unha parcela de 42.000 m2
plenamente dentro do LIC AS CATEDRAIS afectando, ademáis, a
hábitats prioritarios...[ler
máis]
*Venezuela
é o segundo país da América Latina a
erradicar analfabetismo Redacción
18 de
outubro 2005 Impelida por um programa
massivo, a Venezuela caminha atualmente na direção
de tornar-se o segundo país livre do analfabetismo na
América Latina, como parte da estratégia
governamental de mudar o modelo sócio-econômico do
país. O
ministro da Educação e do Esporte, Aristóbulo
Istúriz, afirmou ontem que em dois anos de Missão
Robinson, cerca de 1.437.000 venezuelanos aprenderam a ler e a
escrever...[ler
máis]
*Entidades
preparam marchas do "Fora Bush" no Brasil e na
Argentina Redacción
18 de
outubro 2005 Os
movimentos sociais, a juventude e os partidos de esquerda se
preparam para deixar claro que Bush não é bem vindo
no Brasil! Como o Vermelho noticiou
no início
deste mês, a União
da Juventude Socialista (UJS) lançou o chamado à
mobilização da juventude brasileira para os dias 5 e
6 de novembro, quando é prevista a passagem de Bush pelo
Brasil, num roteiro que incluirá Argentina (onde haverá
a Cúpula da OEA), Brasil e Panamá. Na Argentina, a
Cúpula dos Povos prepara uma grande agenda de protestos
para o dia 5/11, reunindo em Mar del Plata milhares de ativistas e
também mobilizações e greves em todo o
país...[ler
máis]
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|