Arroutada Noticias . com!, as novas galegas na rede

Novas entre o 29/08/2005 e o 31/08/2005

Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
ForoNOVO!!!
Arquivo
Ligazóns



*Voluntarios de ADEGA-Lugo acudiron hoxe a declarar no xulgado de Mondoñedo por deteren as obras da piscifactoría de Rinlo
Redacción, 31 de agosto 2005 Membros da delegación luguesa da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) que detiveron as obras da granxa de cultivos mariños de Rinlo (Ribadeo), desde o luns 22 até onte, compareceron hoxe pola mañá para declararen no Xulgado de Mondoñedo, a raíz dunha denuncia presentada pola empresa promotora, Acuinor S.L., e mais pola construtora, Cuiña...[ler máis]

*Caixa Galicia comeza a campaña 'Vuelta al cole' en español e en catalán
Redacción, 31 de agosto 2005 A Mesa considera que se Caixa Galicia quere singularizarse por excluír o galego, debería cambiar o nome a Caja Galicia. Podes facerlle chegar a túa queixa a atencioncliente@caixagalicia.es.
A Mesa pola Normalización Lingüística lamenta que Caixa Galicia volva dar pasos atrás no uso do galego e novamente exclúa o noso idioma das súas campañas publicitarias.
Para A Mesa pola Normalización Lingüística, a actitude de Caixa Galicia é especialmente "lamentábel", porque se produce despois de que no mes de marzo a propia entidade anunciase o comezo da súa galeguización interna, respondendo a unha demanda social...
[ler máis]

*Membros de ADEGA chamados a declarar pola paralización das obras de Rinlo
Redacción, 31 de agosto 2005 Voluntarios de ADEGA-LUGO manteñen paralizadas dende hai xa 9 días as obras destinadas a unha granxa de cultivos mariños que ocuparía de forma inxustificada 42.000 m2 do LIC AS CATEDRAIS, nunha zona, ademáis, ocupada por hábitats prioritarios (hábitat 4040* de uceiras secas atlántico costeiras de erica vagans). Consecuencia desta paralización estan chamadas a declarar no xulgado de Mondoñedo -HOXE, mércores 31, ás 10 da mañá-, un grupo de 12 personas.
Acode alí en sinal de protesta e solidariedade! (Máis información 639664924-Montse)


*Posada Carriles pode ser extraditado à Venezuela
Redacción, 31 de agosto 2005 Há chances. A Procuradoria Federal dos Estados Unidos pediu ontem que o terrorista anticastrista Luis Posada Carriles, ex-funcionário da CIA, seja deportado à Venezuela, caso os Estados Unidos lhe neguem asilo político...[ler máis]

*Falamos de sexo?? Avisos e convocatorias, dixomedíxome. Novos temas no foro

Redacción, 29 de agosto
2005 Xa podes desfrutar dende este sábado novos temas e seccións no noso foro. Novos apartados para que nos contes con liberdade o que queiras, dende os rumores máis sonados até as túas experiencias máis intimas. Entra sen vergoña e fala...[Entrar no foro]



Voltar a novas

Ver anteriores