|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión ForoNOVO!!! Arquivo Ligazóns
|
*Quintana
asegura que o goberno bipartito vai comportarse sempre coma o
goberno dunha nación Redacción,
25 de
agosto
2005
O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, dixo, na apresentación
da súa equipa, que o goberno bipartito vaise comportar
sempre coma o goberno dunha nación. Os titulares dos
departamentos que integran a Vicepresidencia presentáronse
ante os medios de comunicación na Casa da Parra e
explicaron os obxectivos que teñen nas súas áreas:
Antón Losada, secretario xeral de Relacións
Institucionais; Carme Adán, secretaria xeral de Igualdade;
María Xesús Lago, secretaria xeral do Benestar; e os
directores xerais de Xuventude e de Acción Social Rubén
Cela e Bieito Seara...[ler
máis]
*A
Consellaría de Medio Ambiente non revisará a
declaración de impacto ambiental aprobada polo anterior
Goberno no caso da granxa mariña de Rinlo Redacción,
25 de agosto
2005 Logo
de tres días consecutivos de paralización das obras,
por parte de membros de ADEGA, dunha granxa de cultivos mariños
en Rinlo (Ribadeo) ubicada nunha zona incluida na Rede
Natura 2000, a Consellaría de Media Ambiente (a cargo do
PSOE) informou esta mañá que non revisará a
declaración de impacto ambiental favorábel (aprobada
polo anterior Goberno da Xunta) nin paralisará as
obras...[ler
máis]
*Convocan
concentración para esixir castigo polo lume Redacción,
25 de agosto
2005
A Asociación para a Defensa Ecoláxica de Galiza
(ADEGA),
o Comite de Defensa do Monte Galego e Asociacións Culturais
de Celanova, convocan unha concentración para este sábado
27 ás 12:00 h. na Praza Maior de Celanova baixo o lema:
“Ningún lume sen castigo, os incendios son crimes
contra a nosa terra”,
*Rascunho
de constituição une xiitas e sunitas contra divisão
do Iraque Redacción,
25 de agosto
2005
Uma nova onda de confrontações irrompeu no Iraque
entre os apoiadores do líder religioso Muqtada al-Sadr,
xiita, e por facções sunitas de um lado e a polícia
iraquiana do outro. Ocorreram conflitos nas ruas de Najaf e Bagdá
ontem. Em Bagdá, seguidores de al-Sadr cercaram três
escritórios do Conselho Supremo pela Revolução
Islâmica. Seguiu-se um tiroteio feroz entre os manifestantes
e a polícia, no leste da cidade, nos bairros de al-Habibiya
e Cidade Sadr...[ler
máis]
*Ameazan
de morte a unha xornalista por investigar á policia de
Córdoba (Arxentina) Redacción,
25 de agosto
2005
María Fernanda Villosio, xornalista do diario de LA
MAÑANA de Córdoba (Arxentina), recibiu o venres
pasado unha ameaza de morte a través duhna mensaxe de texto
no seu teléfono móbel. "O silenzo é
saúde. Sería unha lástima que perdera
físicamente a boa saúde", dixéronlle. E
ao final, a modo de asinatura, unha cruz de cemiterio. A
intimidación foi remitida desde unha páxina
web....[ler
máis]
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|