Arroutada Noticias . com!, as novas galegas na rede

Novas entre o 02/08/2005 e o 09/08/2005

Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
ForoNOVO!!!
Arquivo
Ligazóns



*A CIG maniféstase contraria á proposta de Solbes de incrementar os impostos indirectos porque prexudica fundamentalmente ás rendas máis baixas
Redacción, 09 de agosto 2005 A Confederación Intersindical Galega (CIG) critica a proposta feita pública por Pedro Solbes, para a súa aprobación nos Presupostos Xerais do estado de 2006, de incrementar os impostos indirectos, ademais de en alcol e tabaco, en produtos tan básicos como transporte, electricidade ou hidrocarburos, para facerlle fronte ao financiamento da sanidade. A CIG aposta pola aplicación de impostos directos progresivos en función das rendas, para que paguen máis aqueles que teñen máis ingresos...[ler máis]

*
Amnistia Internacional denuncia que EE.UU. detivo a 70.000 persoas fora do seu territorio
Redacción, 09 de agosto 2005 "Débese de acabar coas detencións segredas", dixo Sharon Critoph, investigadora de Amnistía Internacional. AI denunciou que unhas 70.000 persoas foron detidas por Estados Unidos fora do seu territorio e asegurou que a prisión de Guantánamo "non é máis que a punta visíbel do iceberg"....[ler máis]

*O verán e ArroutadaNoticias.com (de interese para os nosos lectores)
Edición, 09 de agosto 2005 Coa chegada do verán @s nos@s lector@s habituais puidestes observar algunhas melloras na web (o foro, a mellora de ArroutadaInternacional...) pero seguramente tamén vos decataríades de certo retraso ou lentitude á hora de actualizar as noticias en datas puntuais, isto é debido ao verán. Pero que culpa ten o verán? pois que vos podemos contar que non saibades xa, sol, praia, descanso, celebraicón do día da Patria, festival de Pardiñas e un longo etc. que fai que en algunha ocasión “descoidemos” algo a publicacón de novas. Con todo agardamos que saibaides entender que a tod@s nos fai falla un descanso (e desconectar de cando en cando) e agradecervos a tod@s @s que nos ledes que sigades aí logo destos 9 meses de andaina informativa. Moitas grazas.

*
Coa morte dun obreiro n'O Porriño son xa 54 os falecementos en accidente laboral
Redacción, 03 de agosto 2005
Onte morria un operario esmagado por contedor de 700 Kg. Néstor Óscar Iripino de 25 anos de idade, de nacionalidade italiana (aínda que natural de Arxentina) residia en Vigo e estaba casado...[ler máis]
A CIG lamenta a morte en accidente laboral do traballador de Porriño

*
ADEGA oponse ao aproveitamento hidroeléctrico do río Pontepedra
Redacción, 03 de agosto 2005 A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) presentou alegacións contrarias ao Proxecto sectorial do aproveitamento hidroeléctrico no río Pontepedra, en Tordoia (A Coruña), promovido por "Unión Distribuidores de Electricidad, SA (UDESA)". A xuízo de ADEGA, a nova central hidroeléctrica provocaría unha degradación inaceptábel nun contorno de elevada calidade ambiental. ADEGA demanda a Augas de Galicia, organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente, que non aprobe esta central hidroeléctrica...[ler máis]

*
A CIG lamenta o incremento da temporalidade nun 14,2%
Redacción, 02 de agosto 2005 Valora positivamente o descenso do desemprego e demanda a creación de emprego de calidade. Malia ter descendido o número de desempregados en 4.841 persoas, a CIG considera especialmente preocupante o elevado incremento da temporalidade. Dos datos do INEM tírase que a contratación indefinida diminuíu nun 14,39% e os contratos temporais medraron un 14,2%...[ler máis]

*Tres Trebóns, novo libro de relatos de Xurxo Souto
Redacción, 02 de agosto 2005 Na FEIRA DO LIBRO DA CORUÑA, o mércores 3 de Agosto, ás 8 do serán, Xurxo Souto presenta: TRES TREBÓNS (Edicións Xerais). Un conxunto de relatos -con prólogo de Fran Alonso- unidos pola mesma teima: a música...
[ler máis]


Voltar a novas

Ver anteriores