|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión ForoNOVO!!! Arquivo Ligazóns
|
*A
policia fai estourar un artefacto en Compostela Redacción,
23 de
xullo 2005. Ao redor das 15:45 h da tarde de hoxe a
policia procedeu a realizar unha explosión controlada dun
artefacto colocado aparentemente nos caixeiros de Caixa Galicia
situados na Praza de Galiza da capital compostelá,
despois de seren desaloxados os veciños e os comercios dos
arredores da Praza a partir das 15:00 h. Pese a que a policia non
facilita aínda información todo indica a que podería
haber xa unha persoa detida. Afortunadamente non hai ningunha
persoa ferida.
*Quintana
di que a asinatura do acordo co PSdG é o “primeiro
paso” da rexeneración democrática e dará
lugar a un executivo “que aprofundará no
autogoberno” Redacción,
23 de xullo 2005.
“Este será o Goberno da cidadanía, da
transparencia e da participación cidadá”. O
portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, afirmou esta mañá
que a asinatura do acordo de Goberno co PSdeG-PSOE significa “o
primeiro paso” da rexeneración democrática
pola que votaron maioritariamente os galegos e as galegas o pasado
19 de Xuño...[ler
máis]
*Homenaxe
a Rosalía e Castelao Redacción,
23 de xullo 2005.
Galiza Nova,
a organización xuvenil do BNG,
vai celebrar mañá sábado 24 de Xullo, e
dentro dos actos organizados arredor do Día da Patria
Galega 05, unha Homenaxe a Rosalía e a Castelao.
Será o 24 de Xullo ás 12.30
horas no Parque de San Domingos de Bonaval, Santiago de
Compostela. Na homenaxe falarán
Xosé Emilio Vicente, secretario xeral de Galiza Nova;
Uxío Breogán Diéguez, directivo da Fundación
Alexandre Bóveda; Francisco Rodríguez, portavoz do
BNG no Congreso dos Deputados.
*Divertirse
coa Galiza aberta ao mundo Redacción,
23 de
xullo 2005. Tres días de
concertos durante os que desfrutar da riqueza das músicas
do mundo; 48 horas para debater e admirar a creatividade da
sociedade galega. Unha cita imprescindíbel no
Día da
Patria. Un 25 de Xullo alternativo para quen busca diversión
e compromiso nas festas da capital de Galiza. Chega o Festigal
2005...[ler
máis]
*A
Mesa denuncia a “arbitrariedade” da concesión
da licenza de TDT á Cadea Cope e considera que tal decisión
supón “un duro golpe para a lingua galega” Redacción,
23 de xullo 2005.
A Mesa pola Normalización Lingüística
critica que non se atendese ao nivel de uso do galego á
hora de conceder as licenzas de TDT. Esta asociación
considera “arbitraria” a decisión do Goberno en
funcións favorábel á Cadea Cope, pois na
práctica significa que esa non será unha cadea de
televisión privada galega, senón a sucursal dunha
televisión de ámbito estatal...[ler
máis]
*O
Consello Nacional do BNG ratifica por unanimidade o acordo para a
formación do goberno bipartito Redacción,
23 de xullo 2005.
O Consello Nacional do BNG
amostrou a súa satisfacción polo contido das bases
programáticas que sustentarán tal acordo e en
particular polo feito de que Galiza vaia contar apartir de agora
cun Goberno que recoñoce a súa condición
nacional...[ler
máis]
*Quintana
pídelle ao PP “que saia do seu silencio” e se
comprometa a traballar por un novo estatuto para Galiza sen
“escoitar os ditados de Madrid” Redacción,
21 de xullo 2005.
O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, pediulle este serán
ao PP que “saia do seu silencio” e se “comprometa
a traballar coas outras forzas políticas para dotar a
Galiza dun Novo Estatuto”. “Queremos un Novo Estatuto
sen exclusións e queremos tamén integrar ao PP nos
traballos. O PP debe comprometerse a traballar con nós na
redacción dunha nova carta de direitos para os galegos e as
galegas. Pero para facelo, debe deixar de escoitar os ditados de
Madrid”, afirmou o líder do BNG...[ler
máis]
*Acusan
a EEUU, de ser o autor dun atentado en Iraq Redacción,
21 de
xullo 2005. Fontes iraquíes
informaron que o carro bomba que estoupou o mércores pasado
no cal morreron uns 32 nenos non foi unha acción da
resistencia iraquí senon das tropas de ocupación dos
EEUU...[ler
máis]
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|