Arroutada Noticias . com!, as novas galegas na rede

Novas entre o 17/07/2005 e o 19/07/2005

Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Anteriores
Opinión
ForoNOVO!!!
Arquivo
Ligazóns



*Anxo Quintana envía, en nome do BNG, unha mensaxe de felicitación a Óscar Pereiro
Redacción, 19 de xullo 2005. O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, enviou esta tarde unha mensaxe de felicitación a Óscar Pereiro polo seu grande trunfo na tirada de hoxe do Tour de Franza...[ler máis]

*Haiti: asesinatos das tropas de ocupacion brasileiras
Redacción, 19 de xullo 2005. A MINUSTAH (Misión das Nacións Unidas para a Estabilización de Haití), atacou unha barriada de Porto Príncipe –capital de Haití- en busca do que denominan “bandidos”. Na acción asasinaron entre 23 e 50 personas, moitos deles nenos, mulleres, traballadores que concurrían a realizar as súas labores. Para o tenente xeneral brasileiro Augusto Heleno, a operación foi: “un éxito”...[ler máis]

*Estados Unidos é incapaz de neutralizar a resistencia en Faluja
Redacción, 19 de xullo 2005. Oito meses despois do asalto do exército estadounidense a Faluja, a ciudade iraquí mantense como un bastión da resistencia, afirmou na súa edición do 16 de xullo o diario The New York Times...[ler máis]

*Israel retoma asasinatos selectivos de palestinos
Redacción, 19 de xullo 2005. Coa morte de sete palestinos alcanzados por proxectís israelíes, o Goberno do Estado hebreo retornou este venres a súa práctica de asasinatos selectivos e quebrou a tregua acordada no cúmio bilateral de febreiro pasado no balneario exipcio de Sharm al Sheik...[ler máis]

*
Dolores Villarino e Tereixa Paz as novas Presidenta e Vicepresidenta do Parlamento
Redacción, 18 de xullo 2005. Por primeira vez na historia unha muller ocupará a Presidencia do Parlamento de Galiza. A socialista Dolores Villarino foi escollida esta mañá Presidenta do Parlamento, Tereixa Paz, do BNG, ocupará a Vicepresidencia Primeria e o “popular” Jaime Pita ocupará a Vicepresidencia Segunda. A escolla da Mesa do Parlamento completouse co socialista Pablo Xavier López Vidal que será o secretario e o “popular” Xosé Manuel Baltar ocupará a vicesecretaría.

*Despedida por estar embarazada
Redacción, 18 de xullo 2005. María Luján Briasco, de 22 anos de idade, foi despedida, pola afamada empresa proveedora de tarxetas de crédito: Visa Arxentina S.A., ao presentar complicacións no seu embarazo. A moza, segundo denuncia o corpo de delegados da empresa, fora contratada “de xeito irregular, a través dunha axencia de servizos temporais, para desenvolver tarefas propias do persoal de planta permanente”...[ler máis]

*A USC acolhe o VIII Congresso da AIL (Associação Internacional de Lusitanistas)

Redacción, 17 de xullo 2005. Entre os dias 18 e 23 de Julho, a Associação Internacional de Lusitanistas, celebra o seu VIII Congresso em Santiago de Compostela. A AIL é umha Organizaçom fundada polo professor R.A. Lawton. O 1º Congresso da AIL tivo lugar em Poitiers, no ano 1984. Desde a fundaçom e desse 1º Encontro em Poitiers e com umha periodicidade de 3 anos, a AIL celebrou os seguintes Congressos:
Leeds (Grande Bretanha) (1987); Coimbra (1990); Hamburgo (1993); Oxford (1996); Rio de Janeiro (1999);
Brown University (EUA, 2002) e agora Santiago de Compostela-Galiza (2005)...[ler máis]

Voltar a novas

Ver anteriores