|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión ForoNOVO!!! Arquivo Ligazóns
|
*O
BNG xestionará 5 consellarías no futuro
bipartito Redacción,
16 de xullo 2005. As negociacións entre BNG e
PSOE poderían estar xa case definidas. Todo apunta a que os
nacionalistas xestionarán 4 consellarías (Industria
e Comercio, Vivienda, Cultura, e Medio Rural) ademais da
Vicipresidencia única a cargo de Anxo Qintana, que levaría
adunta á consellaría de Benestar Social. Quintana
ocuparía ademais a responsabilidade de Relacións
Institucionais, o que supón que será o interlocutor
oficial co Goberno Central...[ler
máis]
*Com
28% dos votos, Karl Marx é eleito o maior filósofo
da História Redacción,
16 de xullo 2005. A emissora de rádio e
televisão britânica BBC, de Londres, revelou ontem o
resultado final da pesquisa realizada por um dos seus sítios,
denominada In Our Time's
Greatest Philosopher, para
eleger entre os internautas o maior filósofo da humanidade.
Confirmando o que já havia sido divulgado pelo Diário
Vermelho,
há 15 dias, Karl Marx foi o escolhido o maior filósofo
de todos os tempos, para desespero dos neoliberais...[ler
máis]
*A
mentira da condonación da débeda Redacción,
16 de xullo 2005.
Os sete países máis industrializados do mundo máis
Rusia (G-8) acordaron en Gleneagles (Reino Unido) condonar a
débeda multilateral das nacións máis pobres,
pero a cambio esixiron a aprofundización da política
neoliberal que inclúe a privatización dos servizos
básicos como a distribución de auga potábel...[ler
máis]
*Cuba
volve a demostrar á súa capacidade de resistencia
ante os furacáns Redacción,
16 de xullo 2005.
A evacuación de máis de un millón e medio de
persoas e a movilización de uns 180 mil efectivos de
defensa civil e outras forzas permitiron a Cuba atenuar os danos
do furacán Dennis. De acordo con Luis Angel Macareño,
segundo xefe do Estado Maior Nacional da Defensa Civil (DC), esas
só foron algunhas das razóns que permitiron á
illa enfrentar do mellor modo posíbel ao meteoro, que a
afectou durante casi 10 horas...[ler
máis]
*Convocan
unha concentración para o próximo luns fronte ao
Parlamento Redacción,
16 de xullo 2005..
Coincidindo coa toma de posesión dos novos deputados e
deputadas, a comisión promotora da iniciativa lexislativa
popular(ILP) en defensa dos ríos galegos convocou unha
concentración diante do Parlamento de Galiza para o luns 18
de xullo, de 10 a 11 h. Con esta acción, quérese
chamar a atención do novo Parlamento sobre a situación
e as ameazas dos ríos galegos e sobre a propia iniciativa
lexislativa popular que terán que debater. Na concentración
está prevista a presenza de veciños e veciñas
afectados por encoros do Ulla.
*A
Xunta en funcións despídese pechando máis
escolas Redacción,
16 de xullo 2005. A Consellaría de Educación
ven de publicar unha nova modificación do catálogo
de postos de traballo nos centros de Educación Infantil e
Primaria. De novo aplica unha drástica redución
tanto do número de unidades como dos postos de traballo.
Esta redución afecta brutalmente aos centros máis
pequenos da zona rural, así como ás escolas
unitarias. Desta vez suprímense 94 postos de traballo
netos, despois de que xa o ano pasado se suprimisen outros 132
postos. O sindicato STEG denuncia a situación mediate o
presente comunicado. Achegamos cadro completo co saldo de unidades
e postos de traballo que desaparecerán para o vindeiro
curso 2005-06, segundo DOG 12/07/05, así como o número
de escolas suprimidas este ano, que veñen a incrementar
aínda máis o grande número de supresións
de anos anteriores...[ler
máis]
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|