|
Publicidade Contacto Novas Internacional Anteriores Opinión ForoNOVO!!! Arquivo Ligazóns
|
*Atentado
en Londres entre os xogos do 2012 e o G-8 Redacción,
07 de xullo 2005.
Unha vaga de explosións socudiron esta mañá a
capital londinense. Ao redor das 10:00 (hora galega) producíase
o primeiro estoupido dun total de sete, por mor dos artefactos
colocadoe en estacións de metro e nun atuobús
urbano. O caos e a desesperación apoderaronse da xente. As
primeiras cifaras oficiais falan de 33 mortos, mentres que os
medios británicos falan de 45 ou máis e miles de
feridos. As rúas da cidade ficaron colapsadas ao se cortar
as liñas de metro e os autobuses, tam só os taxis
podian circular, non sen dificuldade por mor das fortes medidas de
seguridade. Este atentado, que podería estar en mans de
Al-Qaeda, próducese tan só a 24 h. da escolla de
Londres para acoller os Xogos Olímoicos do 2012, e durante
a reunión do cúmio do G-8 en Edimburgo.
*Jorquera
di que para o BNG o esencial é conseguir un “bon
acordo para o País” e enfatiza que o programa do
bipartito se fará “con transparecencia, luz e
taquígrafos” Redacción,
07 de xullo 2005.
“Queremos un acordo á maior brevidade posíbel,
mais as présas nunca son boas conselleiras e non é
positivo traballar baixo a presión de datas límites”.
O coordenador executivo do Bloque Nacionalista Galego, Francisco
Jorquera, declarou esta mañá que o obxectivo básico
da formación nacionalista nas actuais conversas co PSOE é
conseguir “un bon acordo para o país”...[ler
máis]
*O
BNG vai pór en coñecimento dos seus servizos
xurídicos as concesións que realice o goberno galego
en funcións e anuncia que o bipartito terá que
auditalas Redacción,
07 de xullo 2005.
Jorquera advirte ao PP que cese nestas práticas, “ou
do contrario promoveremos unha Comisión de Investigación
no Parlamento na próxima lexislatura”. O coordenador
executivo do BNG, Francisco Jorquera, considerou hoxe “gravísimo”
o feito de que o Goberno galego en funcións se dispoña
a próxima semana a adxudicar as licenzas da radio e da
televisión dixital...[ler
máis]
*ADEGA,
CEMMA e FEG demandan da próxima Xunta un compromiso forte
polo desenvolvemento sostíbel Redacción,
07 de
xullo 2005.
Agardan que entenda a protección
ambiental como condición para o desenvolvemento.
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de
Galiza (ADEGA),
a Coordenadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños
(CEMMA) e a Federación Ecoloxista Galega (FEG)
demandan ao PSdG-PSOE e ao BNG
que o próximo Goberno da Xunta asuma un compromiso forte
polo desenvolvemento ecoloxicamente sostíbel, como garantía
dun futuro de benestar e de calidade de vida para os galegos e
galegas...[ler
máis]
*Arxentina
rexeitou a extradición do militante revolucionario chileno
Sergio
Galvarino Redacción,
06 de xullo
2005. A
Xustiza federal arxentina denegou onte a
extradición do militante revolucionario chileno Sergio
Galvarino Apablaza Guerra, detido en Bos Aires con documentación
falsa en novembro de 2004, porque "non estará
asegurado o seu debido proceso"...[ler
máis]
*Novas
na páxina, estreamos o foro Redacción,
05 de xullo 2005.
Hoxe apresentamos un dos novos servizos de Arroutada Noticias, o
foro. Como vimos anunciando ao longo dos últimos meses,
novos servizos e melloras van ir aparecendo na nosa web para a
comodidade e desfrute de tod@s. Non deixes de participar no
foro!
*HUMORE
MÍO (Santiago de Cuba) apresenta: CINÉSICA. Mércores
e xoves na Sala Nasa Redacción,
05 de
xullo 2005.
Dentro do programa de intercambio
cultural entre Santiago de Cuba e Santiago de Compostela, a sala
NASA acolle a presentación da compañía HUMORE
MIO coa súa obra CINÉSICA. Poderás desfrutar
de CINÉSICA´o mércores 6 e o xoves 7 deste
mês, ás 22:00h. na Sala Nasa de Compostela (Cabo Sam
Lourenzo 51-53) polo prezo de 6€...[ler
máis]
*BNG
e PSOE comezan o diálogo para dotar ao bipartito dun
programa de goberno Redacción,
05 de xullo 2005.
As
comisións negociadoras do PSdeG-PSOE e do BNG reunidas o 4
de Xullo en Santiago, acordaron iniciar o proceso de diálogo
para formar goberno. As delegacións
do PSdeG e do BNG pactaron o método de traballo a
desenvolver nas negociacións que constarán de dúas
partes, a conformación dun programa de bases para levar a
adiante polo novo goberno e a estrutura e organigrama do
Executivo...[ler
máis]
*Pérez
Mariño anuncia a súa renuncia como voceiro municipal
de Vigo Redacción,
05 de xullo 2005.
O ex-alcalde Ventura Pérez Mariño anuniou hoxe a súa
renuncia como voceiro municipal do PSOE no concello de Vigo. A
renuncia”por motivos persoais” abre as portas á
unha moción de censura para conformar de novo un goberno en
coalición BNG-PSOE. Cómpre lembrar que a demisión
de Ventura era condición indispensábel para o pacto,
logo de que este expulsara ao BNG do goberno municipal durante o
seu mandato.
*Non
houbo quórum para celebrar o congreso da FUBA Redacción,
05 de xullo 2005.
O
congreso da FUBA (Federación Universitaria de Buenos
Aires), citado para o sábado 2 de xulo ás 10.00 h.
na faculdade de psicoloxía sede Independencia, que debía
elixir á nova condución da organización
estudantil, fracasou por falta quórum...[ler
máis]
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|