|
Publicidade Contacto Novas Internacional Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*Cadea
humana o domingo en Compostela Redacción,
23 de xuño
2005. Xorde unha iniciativa na rede, (á cal
Arroutada Noticias se suma), para unir cunha cadea humana as
estatuas de Castelao e de Pablo Iglesias en Compostela. Un
acto cívico no que a cidadanía
se autoconvoca para festexar o cambio que saiu das urnas o 19X,
pase o que pase na quinta provincia.
O domingo 26, na Praza
da Alameda, a 13.00 h. Vémonos ali!
*A
CIG rexeita a proposta de reforma laboral do goberno Redacción,
23 de xuño 2005.
A proposta atenta gravemente contra os dereitos máis
básicos dos traballadores. O silencio de COO e UGT
evidencia o seu acordo implícito con eses recortes. A
CIG
considera que a proposta de reforma laboral do goberno do PSOE
atenta gravemente contra os dereitos máis elementais dos
traballadores, porque abarata con carácter xeralizado o
despedimento, elimina a garantía de tutela xudicial e
administrativa no caso de despedimentos colectivos, a obxetividade
das causas e o que é máis grave, a indemnización
por despedimento, caso de cesar unha subcontrata...[ler
máis]
*Francisco
Rodríguez di que Zapatero apenas defendeu en Bruxelas os
fundos estruturais, básicos para Galiza, e puxo toda a
énfase nos de coesión, dos que se soen beneficiar
Catalunya ou Madrid Redacción,
23 de xuño 2005.
"Hoxe demóstrase a inutilidade de que o Estado español
fose o primeiro en ratificar o Tratado Constitucional europeo".
“Vosté, señor presidente, mantivo unha postura
pouco clarificadora na cimeira da UE recentemente celebrada en
Bruxelas. Vosté amosou só preocupación polo
futuro dos Fondos de Cohesión e, en cambio, non se lle viu
moito entusiasmo en garantir os fundos estruturais, os que van a
rexións que aínda son consideradas obxectivo número
1, como Galiza, que pode perder esta condición por puro
efecto estatistico", afirmou Rodríguez...[ler
máis]
*O
EZLN desenmascara a política agresiva de paramilitares en
Chiapas Redacción,
22 de xuño 2005. A
alerta vermella emitida polo Exército Zapatista de
Liberación Nacional (EZLN) deixou ao descuberto a política
agresiva que bandas paramilitares impulsan en Chiapas, asegurou
hoxe o destacado escritor Carlos Montemayor...[ler
máis]
*Chávez:
“Inventemos un socialismo acoplado á nosa historia,
costumes e realidades” Redacción,
22 de xuño
2005. Desafío:
o presidente de Venezuela, Hugo Chávez
Frías, desde o Salón Bicameral do Palacio
Lexislativo de Asunción, onde dictou este luns unha
conferencia sobre a Integración Latinoamericana e
Caribeña, invitou aos latinoamericanos a debater o tema do
socialismo do século XXI, sistema político e
económico que considera a única vía para sair
da situación de miseria na que estánlos pobos da
rexión...[ler
máis]
*Iraq
custa máis que Corea Redacción,
22 de xuño 2005. Costa abaixo:
Os gastos militares de Estados Unidos en Iraq igualaron o
presuposto empregado na Guerra de Corea, unha cifra que será
sobrepasada en breve, afirmou hoxe a televisión canadiense
CBC...[ler
máis]
*O
BNG solicita á Xunta Eleitoral Central que os votos do
exterior que se recibiron por parte de correos con posterioridade
ás 20.00 horas do 19-x se reconten de forma
separada Redacción,
22 de xuño 2005. O Bloque
Nacionalista Galego vén de apresentar un escrito
perante a Xunta Eleitoral Central para que os votos do exterior
que se recibiron por parte de Correos e Telégrafos con
posterioridade ás 20.00 horas do 19 de Xuño se
reconten de forma separada. O BNG argumenta no seu escrito que
tendo en conta que o escrutinio do voto CERA non se iniciará
até o luns 27 de xuño “poden aínda
ficar en poder de servizos postais estranxeiros (que en muitos
casos nen sequer revisten carácter público) un
número significativo de envíos postais”...[ler
máis]
*Alerta
vermella do Exercito Zapatista Redacción,
21 de xuño 2005. Reproducimos a continuación
o comunicado enviado polo Comité
Clandestino Revolucionario Indígena-Comandancia
General del Ejército Zapatista de Liberación
Nacional: 19 DE JUNIO DEL 2005. AL
PUEBLO DE MÉXICO: A LOS PUEBLOS DEL MUNDO: HERMANOS Y
HERMANAS: A PARTIR DEL DÍA DE HOY, EL EJÉRCITO
ZAPATISTA DE LIBERACIÓN NACIONAL HA DECRETADO, EN TODO EL
TERRITORIO REBELDE, UNA ALERTA ROJA GENERAL EN BASE A ESTO LES
COMUNICAMOS:...[ler
máis]
*Venezuela
presentou hoxe a solicitude de extradición do anticastrista
Posada Carriles Redacción,
21 de xuño 2005.
Venezuela
presentou hoxe a solicitude formal de extradición do
anticastrista Luis Posada Carriles ao Departamento de Estado
norteamericano, nun volume de máis de 500 páxinas
que inclúe todo o seu expediente xudicial. "Aquí
comenza unha conta regresiva para Estados Unidos e o seu goberno
para ver cantos minutos, canto tempo seguirá protexendo a
un terrorista", dixo a vicecanceler de Venezuela, Delcy
Rodríguez...[ler
máis]
*O
BNG moveu a árbore e o PSOE levou os froitos. Fraga perde a
maioría Redacción,
20 de xuño 2005.
Onte houbo xornada electoral en Galiza, co 100% do voto escrutado
e á espera do voto emigrante, o PP perde a mairiá
absoluta por un escano. O Parlamento quedaría composto por
37 deputados do PP, 25 do PSOE e 13 do BNG.
Con este resultado parece claro un pacto entre nacionalistas e
socialistas para conformar unha alternativa de goberno. Os datos
indican, como reflectimos no noso titular, que pese a ser o BNG a
auténtica oposición ao goberno Fraga foi o PSOE quen
acadou os mellores resultados. A pesares de todo e se o voto
emigrante non indica o contrario, o BNG será a chave do
futuro goberno de Galiza. Podes consultar todos os datos por
provincias e concellos en www.eleccions2005.com.
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|