|
Publicidade Contacto Novas Internacional Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*A
Mesa chama a "votar pola lingua" o domingo Redacción,
17 de xuño 2005.
Dirixentes da Mesa pola Normalización Lingüística
presentaron nos últimos días a campaña que
esta asociación está a desenvolver para dar a
coñecer á cidadanía os verdadeiros resultados
que Manuel Fraga Ibirarne pode ofrecer sobre a situación da
lingua galega.
A Mesa está a
difundir entre a poboación unha situación que
sinalan os diversos inquéritos: A maior perda de falantes
da historia do galego produciuse durante os mandatos de Manuel
Fraga Iribarne.
Para o Presidente da Mesa, Carlos Callón,
é “especialmente grave que esta situación se
producise nun momento en que existe unha Xunta de Galiza con
competencias suficientes para impulsar a recuperación plena
da lingua propia, tal e como fixeron os gobernos de Cataluña
e Euskadi”.
Descarga
e distribue a auténtica política lingüística
de Fraga! (prema aqui!)
*Solicitan
medidas cautelares para os encoros do Ulla e unha moratoria para
todos os aproveitamentos hidroeléctricos Redacción,
13 de xuño
2005.
A Comisión Promotora da Iniciativa Lexislativa Popular, -da
que tamén forma parte a Plataforma para a Defensa do Alto
Ulla-, a través dun escrito enregado hoxe (e que esperan
poder entregar de novo máis adiante co aval de moitas máis
sinaturas de afectados e afectadas) e á vista da recente
sentencia do Xulgado do Contencioso de Pontevedra que a Resolución
de 23 de Abril de 2001 pola que se otorgaba a UNIÓN-FENOSA
unha concesión para a construcción de sete novos
aproveitamentos na cunca do Ulla...[ler
máis]
*Quintana
di en Ponteareas que o único que sabe Fraga de vivenda é
“o que lle conta o seu amigo Pepe Castro e os especuladores
que viven baixo o amparo do PP” Redacción,
8 de xuño
2005.
“Fraga
di que non mete as mans na caixa e é certo porque as ten
ocupadas aplaudindo aos que se enchen os bolsos coa corrupción
e o amiguismo”. Mítin de Ponteareas e Anxo Quintana
debulla as súas impresións sobre a politica de
vivenda que na prática, fóra da propaganda, defende
o Partido Popular e o seu candidato...[ler
máis]
*ADEGA
e a FEG piden ás Administracións públicas que
esixan o selo FSC nas súas compras de produtos
forestais Redacción,
8 de xuño
2005.
A
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
(ADEGA) e a Federación Ecoloxista Galega (FEG) asinaron un
manifesto xunto con outras organizacións de axuda ao
desenvolvemento, ecoloxistas, sindicatos e asociacións de
consumidores no que se demanda ás Administracións
públicas que esixan o selo FSC nas súas compras. As
Administracións públicas españolas, grandes
consumidoras de madeira e papel, non están a demostrar
preocupación polo problema da tala ilegal e insostíbel
en todo o mundo...[ler
máis]
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
|