Arroutada Noticias . com!, as novas galegas na rede

Novas do 03/06/2005

Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Opinión
Arquivo
Ligazóns
Anteriores


*Quintana: “ninguén ten dereito a vetar os debates con escusas de mal pagador porque sería tanto como vetar aos cidadáns”
Redacción, 3 de xuño
2005. Confirma que asistirá “sen condicións previas” a todos os que se convoquen polos medios e comprométese como presidente a un debate no Parlamento tras os 100 días de goberno.
O candidato do BNG á presidencia da Xunta, Anxo Quintana, confirmou a súa asistencia aos debates entre candidatos programados pola TVG e por TVE para os días 6 e 15, respeitivamente, e salientou que asistirá “sen ningunha condición previa” a todos os que que convoquen os meios de comunicación por considerar que é “unha demanda dos cidadáns” e un síntoma de “normalidade e modernidade” democrática...
[ler máis]

*Manifestación en Pontevedra “Pola recuperación da ría, pola saúde e máis postos de traballo”
Redacción, 3 de xuño 2005. Sairá mañá, sábado 4, ás 20:30 h. da Praza da Ferraría de Pontevedra.
Era no 1957 coa instalación de CELULOSAS DE PONTEVEDRA e no 1968 coa instalación de ELNOSA que, -con capital público estatal-, empezaba a construírse, ao pé mesmo da ría de Pontevedra, unha historia de contaminación e envelenamento que, a día de hoxe, 50 anos despois, segue afectando gravemente á produción marisqueira dunha da ría e á saúde pública de toda a comarca de Pontevedra...
[ler máis]


*
Demandan das forzas políticas unha aposta forte polo desenvolvemento sostíbel
Redacción, 3 de xuño 2005.
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), a Coordenadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) e a Federación Ecoloxista Galega (FEG) enviaron aos candidatos á Presidencia da Xunta das principais forzas políticas o documento “Un programa para a Terra. Propostas para avanzar cara a unha Galiza sostíbel na próxima lexislatura”. No comezo da campaña electoral, as organizacións ecoloxistas galegas demandan ás forzas políticas unha aposta forte polo desenvolvemento sostíbel, como garantía dun futuro de benestar e calidade de vida...
[ler máis]

*Quintana di que o 19-x se elixe ou un “presidente acabado que só sabe meter medo” ou un “presidente novo” que plante cara a Madrid con diálogo e firmeza
Redacción, 3 de xuño 2005.
“O 19 de Xuño, ninguén que leve o país no corazón pode ficar na casa e desentenderse”. O dilema, a “decisión vital”, ao que se enfrenta a sociedade galega o próximo 19 de Xuño está entre “un presidente acabado que só sabe meter medo e que só oferece mentiras” ou un “presidente novo para un país novo que plante cara a Madrid con diálogo e con firmeza”. Así o dixo esta noite, no acto de comezo de campaña, no acto de pegada de cartaces, o candidato do Bloque Nacionalista Galego á presidencia da Xunta de Galiza, Anxo Quintana...[ler máis]

*
Adega celebra o Día do Medio Ambiente con tres actividades de Educación Ambiental
Redacción, 3 de xuño 2005.
Os ríos, a Costa e os Residuos serán a temáticas a traballar neste día conmemorativo. O venres 3 de xuño a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza ADEGA vai celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente con tres actividades de educación ambiental en tres puntos distintos do país e con outras tantos centro de ensino. Neste día Adega quere salientar, tal como o ven facendo durante o resto do ano, a importancia da educación ambiental como ferramenta fundamental para acadar a sustentabilidade...[ler máis]

*
Radicalízanse as mobilizacións en Bolivia
Redacción, 3 de xuño
2005. Onte o Congreso, pospuxo para o martes 7 de xuño, a xuntanza que debia terse realizado, o 31 de maio. Horas máis tarde o presidente boliviano Carlos Mesa deu a coñecer un decreto mediante o cal convoca ao referendo autonómico e á elección de Constituintes para o 16 de outubro. Pola súa parte os viciños de O Alto preparan unha mobilización só con varóns e co obxectivo de tomar algunhas institucións...[ler máis]

*Mesa redonda na Coruña sobre “A problemática da xestión dos residuos sólidos urbanos”
Redacción, 3 de xuño 2005. Hoxe no Centro Cívico dos Mallos, na Coruña terá lugar a partir das 17:00 h. unha mesa redonda sobre o problema da xestión dos residuos sólidos urbanos. Está organizada pola
Fed. de Asociacións Veciñais de A Coruña e Area Metropolitana en colaboración con ADEGA. No acto participarán:Un Representante do Movemento Ecoloxista, D. Javier Ramírez (Técnico do Concello da Coruña), D. Antonio Roncero Corrochano (Representante do Consorcio das Mariñas), D.Javier Pérez (Representante do Movemento Vecinal)


*
Entrágase un manifesto polo emprego público do galego” no Concello de Lugo
Redacción, 3 de xuño
2005.
O manifesto reclama que os membrps da equipa de goberno do Concello de Lugo empregen a lingua galega en público cando desempeñen o seu cargo. O manifesto está asinado pola Associaçom Cultural Alto Minho, Clube Cultural Valhe-Inclán, Círculos Líticos, Associaçom Galega da Língua, Mesa pola Normalización Lingüística e pola Asociación Sócio-Pedagóxica Galega...[ler máis]

Voltar a novas

Ver anteriores


Movete polo novo Estatuto para Galiza. Asina!


Colabora coa Mesa, clica embaixo e axúdanos a galeguizar os bancos e caixas de aforros!