|
Publicidade Contacto Novas Internacional Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*Outra
Europa é posíbel, Holanda tamén di
NON! Redacción,
2 de xuño
2005. Novamente a cidadanía europea di NON ao Tratado.
Desta vez foi Holanda quen falou e falou por unha outra Europa,
votando NON ao Tratado. Cando os galegos e as galegas tivemos
ocasión de pronunciarnos sobre o Tratado europeo, aqueles
que optamos polo NON, fomos tratados de “anti-europeos”,
e de estar “fora da realidade”. Entón Franza e
Holanda son “anti-europeos”´?, están
“fora da realidade”?. O que pasa qeu aqui o PSOE e
o PP tiñan outros
intereses que son claramente diferentes aos dos e das cidadáns
e cidadás de Europa. *Quintana
ve no “NON” francés unha espléndida
oportunidade para construír europa desde os pobos e os
cidadáns e non desde os estados e o mercado *Estrepitoso
fracaso do Psoe no referendum *O
Tratado polo que se estabelece unha constitución para
Europa, da carta branca á pena de morte *Galiza
Nova continúa a súa intensa campaña
informativa contra o Tratado C. Europeu
*Quintana
ve
no “NON” francés unha espléndida
oportunidade para construír europa desde os pobos e os
cidadáns e non desde os estados e o mercado Redacción,
2 de xuño
2005. O
portavoz nacional do BNG e candidato á presidencia da
Xunta, Anxo Quintana, valorou o resultado do referendo en Francia
asegurando que “non hai que vivilo como un problema senón
como unha espléndida
oportunidade”.
A xuízo do líder
nacionalista, son millóns os cidadáns europeos “os
que consideramos que a construción da UE se pode facer
doutro xeito, pensando máis nos pobos e nos cidadáns
e menos nos estados e nos mercados”...[ler
máis]
*A
Mesa avalía nunha campaña os resultados negativos
para a lingua galega que tiveron os gobernos de Manuel
Fraga Redacción,
2 de xuño
2005. Recordan
que durante os mandatos de Fraga Iribarne se produciu a maior
perda de falantes da historia do galego.Neste período,
Cataluña e Euskadi duplicaron o número de falantes
das súas linguas propias. En Galiza DUPLICOUSE A PERDA de
galego-falantes...[ler
máis]
*O
BNG condena enerxicamente o lanzamento de cócteles molotov
sobre as sedes do PP e do PSOE e di que constitúen unha
grave ofensa ao conxunto do pobo galego Redacción,
2 de xuño
2005.
A
Executiva Nacional do Bloque Nacionalista Galego quer condenar
enerxicamente o lanzamento de cócteles molotov sobre as
sedes do PP en Ordes e do PSOE en Ourense. Para
o BNG, estes actos constitúen unha grave ofensa ao conxunto
do pobo galego xusto no momento en que a sociedade se dispón
a elexer aos seus lexítimos representantes...[ler
máis]
*Quintana
acusa a PP e a PSOE de protagonizar unha “indecente batalla
por ver quen se fai coa saca de votos dos emigrantes en
Barajas” Redacción,
2 de xuño
2005.
O candidato do BNG reúnese
co presidente uruguaio Tabaré Vázquez, a quen
trasladou as propostas nacionalistas para mellorar a calidade de
vida da colonia galega. A batalla abochorna a
“calquer demócrata minimamente consciente”,
sobre todo despois de que “uns e outros” rexeitasen
modificar a lei eleitoral para garantir que os galegos na diáspora
voten o 19 de Xuño coa mesma transparencia e garantías
democráticas dos residentes en Galiza”. A actitude de
ambos partidos é para Quintana unha “falla
de respecto cos emigrantes e unha ofensa ao conxunto da cidadanía
galega”...[ler
máis]
*Apresentación
do cd Froita Madura en Barcelona Redacción,
2 de xuño
2005.
O
pasado domingo, 29 de maio, tivo lugar no Centro Galego de
Barcelona (CGB) a presentación do CD “Froita Madura”
recentemente gravado polo Coro Lonxe da Terra. A
mesa de presentación estivo constituída polos
Señores, Luis Lamas, Presidente do
CGB; César del Caño, director do coro; Xosé
Aviñoa, catedrático de Musicoloxía da UB, e
Basilio Losada, catedrático de Filoloxías Galega e
portuguesa da UB...[ler
máis]
*Quintana
afirma en Montevideo que Fraga e Rajoy atacan ao BNG porque son
conscientes de que será o nacionalismo quen faga perder a
maioría ao PP en Galiza Redacción,
2 de xuño
2005.
Nun mítin no Teatro
Bambalinas de Bos Aires, Quintana reivindica para o BNG o legado
político do Partido Galeguista: “Castelao sabía
que Galiza precisaba de forzas políticas proprias para ter
futuro”. O candidato do
BNG á presidencia do Goberno galego, Anxo Quintana,
salientou en declaracións aos xornalistas á súa
chegada a Montevideo que as críticas de Manuel Fraga e
Mariano Rajoy á formación nacionalista obedecen “a
que están obsesionados con nós e están
obsesionados con nós porque saben que seremos nós,
co noso avanzo eleitoral, os que retiremos a Fraga do poder. Nós,
co noso avanzo eleitoral, seremos os que faremos perder ao PP a
súa maioría absoluta”...[ler
máis]
*Quintana
anuncia en Bos Aires que como Presidente se compromete a conseguir
que os emigrantes galegos no exterior voten en urna e coas
garantías que existen no País Redacción,
2 de xuño
2005.
Acusa
a Fraga de vir a América a desenvolver unha campaña
mentireira ofrecendo emprego para os fillos dos emigrantes mentres
os mozos galegos teñen que saír buscar traballo
fóra. O portavoz nacional do BNG e candidato á
presidencia da Xunta, Anxo Quintana, proclamou o seu compromiso
para asegurar que os emigrantes poidan exercer o seu voto nas
mesmas condicións das que disfrutan os galegos do interior,
polo que impulsará a reforma da lei eleitoral...[ler
máis]
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
Movete
polo novo Estatuto para Galiza. Asina!

Participa!
Desta volta gañamos nós!!!!

Colabora
coa Mesa, clica embaixo e axúdanos a galeguizar os bancos e
caixas de aforros!

|