|
Publicidade Contacto Novas Internacional Opinión Arquivo Ligazóns Anteriores
|
*Outra
Europa é posíbel, Franza di NON ao Tratado
Constitucional Europeu Redacción,
30 de maio
2005.
Vitoria do “NON” ao Tratado Constitucional Europeu en
Franza. Co
85% escrutado o “NON” obtivo o 55,96% e o “SI”,
o 44,04%, a participación foi do 70%. Os resultados do
referendum en Franza son unha viva mostra de que outra Europa é
posíbel. Isto é o que reclaman os franceses e as
francesas. Aqui na Galiza foron
os nacionalistas os únicos que tiveron a valentía de
dicirlle NON á Europa do capital e militarista que propón
o Tratado. Relacionadas: *Quintana
ve no “NON” francés unha espléndida
oportunidade para construír europa desde os pobos e os
cidadáns e non desde os estados e o mercado
*Estrepitoso
fracaso do Psoe no referendum *O
Tratado polo que se estabelece unha constitución para
Europa, da carta branca á pena de morte *Galiza
Nova continúa a súa intensa campaña
informativa contra o Tratado C. Europeu
*Quintana
di que o 19-x se confrontan dous proxectos, o do PP de equiparar
Galiza con Ceuta e Melilla e o do BNG de pór ao País
na vangarda do debate territorial Redacción,
30 de maio
2005. O
líder do BNG asiste á apresentación do
manifesto “No Nome da Esperanza, xa Vai” e acusa a
Fraga de xuntar á xente “non para falarlle dos seus
problemas, senón para meterlles medo”...[ler
máis]
*IV
Congreso da CIG: apróbase o informe de xestión,
modifícanse os Estatutos e reelíxese a Suso Seixo
como Secretario Xeral Redacción,
30 de maio
2005. Na primeira xornada do IV Congreso da
Confederación Intersindical Galega, no que participan 605
delegados, dos que 500 foron elixidos polos distintas comarcas e
federacións, proporcionalmente á afiliación,
99 como membros do actual Consello Confederal e 6 da Comisión
de Garantías, iniciáronse os debates, tras aprobarse
o Informe de Xestión da até o de agora Executiva
Confederal, con 377 votos a favor, 39 en contra e 73
abstencións...[ler
máis]
*Bolivia:
comeza unha semana casi decisiva Redacción,
30 de maio
2005. Hoxe, luns 30 podería comezar a
“nai de todas as batallas” pola soberanía
económica de Bolivia a través do manexo dos
hidrocarburos. Será cando entre artificiais acusacións
de “pago a dirixentes sociais” ou pedidos de renuncia
do Presidente e peche do Congreso, os sectores sociais deberan
unificar descurso e acción, se queren lograr os seus
obxetivos...[ler
máis]
*O
BNG apresenta un escrito ante a Xunta Eleitoral de Galiza para que
se estremen as garantías de limpeza na emisión do
voto emigrante Redacción,
30 de maio
2005. Os residentes ausentes son o 13,23 por
cento do censo galego e non existen a día de hoxe
suficientes garantías que aseguren a pureza do proceso. O
Bloque
Nacionalista Galego
vén de apresentar un escrito perante a Xunta Eleitoral de
Galiza para que se estremen as garantías de limpeza na
emisión do voto dos residentes ausentes...[ler
máis]
*Mesa
redonda sobre política ambiental en Lugo Redacción,
30 de maio
2005. A Asociación pola Defensa Ecolóxica de
Galiza (ADEGA) organiza un debate entre as tres forzas políticas
sobre política ambiental. Será mañá 31
de maio no salón de actos do Edificio de Sindicatos (ronda
da Muralla), ás 20:00 h. Participarán no debate,
Fernando Blanco, cabeza de lista do BNG por Lugo, Jaime
Castiñeira, candidato nº 7 do PP por Lugo, Ismael
Rego, candidato nº 3 do PSOE por Lugo.
*Apresentamos
Arroutada Internacional Edición,
27 de maio
2005. En
ArroutadaNoticias.com seguimos traballando para mellorar os
contidos da nosa páxina. Hoxe apresentamos Arroutada
Internacional,
unha nova sección cunha escolla das noticias máis
relevantes a nivel internacional. Arroutada
Internacional
nace logo dun grande esforzo en contactar coas mellores axencias
de prensa internacionais. Non deixes de visitala e de enviarnos os
teus comentarios!! (redaccion@arroutadanoticias.com)
*Tregua
en Bolivia Redacción,
27 de maio
2005. Onte
o presidente Carlos Mesa, deixou
entrever que decretaría a convocatoria á Asemblea
Constituinte. As presións da dereita fixerono desistir e o
seu ministro de Goberno terminou aludindo a unha conxura
para derrocar ao goberno. En tanto, hoxe, os movementos sociais
deron unha tregua en virtude da celebración do Corpus
Christi...[ler
máis]
*IV
Congreso da CIG, os días 28 e 29 de maio Redacción,
27 de maio
2005. A
Confederación
Intersindical Galega
celebra o seu IV Congreso os días 28 e 29 de maio no Pazo
de Congresos de Santiago de Compostela, baixo o lema “Organización
e loita. Garantía de Dereitos e liberdades”. O
Congreso é o órgano soberano da Confederación
Intersindical galega. Convócase cada catro anos e nesta
ocasión cóntarase coa participación de
605 delegados/as, dos cales 500 foron elixidos nos distintos
territorios e sectores proporcionalmente á afiliación,
99 como membros do actual Consello Confederal e 6 da Comisión
de Garantías...[ler
máis]
*Anuncian
a maior ofensiva antiguerrilleira en Bagdad Redacción,
27 de maio
2005. O
goberno iraquí prevé
empregar 40 mil membros das “forzas de seguridade” na
maior operación contra a resistencia á ocupación
en Bagdad, informou hoxe Sadoun al Dulaimi, ministro de Defensa. A
operación militar contará con tropas dos Ministerios
do Interior e de Defensa e está dirixida a aniquilar toda
presencia rebelde na capital iraquí...[ler
máis]
*Quintana
viaxa a Arxentina e Uruguai para dar a coñecer o programa
de goberno co que o BNG garantirá a igualdade de direitos
para os emigrantes Redacción,
27 de maio
2005. O
candidato
nacionalista
á presidencia do Goberno galego manterá entrevistas
co vicepresidente arxentino Scioli e o presidente uruguaio Tabaré
Vázquez. O portavoz nacional do BNG
e candidato á presidencia da Xunta, Anxo Quintana, iniciará
o próximo domingo unha viaxe a Arxentina e Uruguai, onde
será recibido polo vicepresidente da República de
Arxentina, Daniel Osvaldo Scioli, e polo presidente da República
Oriental de Uruguai, Tabaré Vázquez, entre outras
instancias políticas e sociais destes países...[ler
máis]
*TELESUR:
a nova voz de América Redacción,
27 de maio
2005. Foi o 24 de
maio, á mediodía, a 183 anos da Batalla de
Pichincha que
selou a Independencia del Sur da Grancolombia, de Quito. Esta vez
a clarinada do novo sinal de proba do primero medio
televisivo dos pobos do sur do continente americano, deuse no
complexo cultural
Teresa Carreño de Caracas. A Televisora do Sur é
unha empresa multiestatal integrada pola República
Bolivariana de Venezuela, Arxentina, Cuba e Uruguai e transmitiu
onte 10 minutos de avances promocionais desde os canales VIVE TV e
Venezolana de Televisión...[ler
máis]
*Quintana
replica a Fraga que o único insolidario é el porque
veta para Galiza o novo estatuto que o PP negocia en
Valencia Redacción,
27 de maio
2005. Apresenta
en Vigo as propostas nacionalistas en materia educativa e
deportiva. O portavoz nacional do BNG e candidato á
presidencia da Xunta, Anxo Quintana, replica ao candidato popular,
Manuel Fraga, que el é “o campión da
insolidariedade con Galiza” porque lle nega a este País
o que o PP concede a outras partes do Estado...[ler
máis]
*Bolivia
en horas de definicións Redacción,
27 de maio
2005. Miles de labregos,
mineiros e outros sectores populares cercan A Paz e conflúen
sobre ela, esixindo a nacionalización dos hidrocarburos e
unha Asemblea Constituiente. O imperialismo estadounidense pola
súa parte, ve como unha amenaza para a súa
seguridade o que denominan: populismo radical, encarnado en
figuras como Evo Morales, Abel Mamani, Jaime Solares, entre outros
dirixentes. Mentras, no oriente boliviano, as oligarquías
cunha política separatista intentan levar adiante un
referendun a favor da autonomía rexional...[ler
máis]
Voltar
a novas
Ver
anteriores
|
Movete
polo novo Estatuto para Galiza. Asina!
Participa!
Desta volta gañamos nós!!!!
Colabora
coa Mesa, clica embaixo e axúdanos a galeguizar os bancos e
caixas de aforros!
|