ArroutadaNoticias.com!, as novas galegas na rede

Novas entre o 24/05/2005 e o 25/05/2005

Publicidade
Contacto

Novas
Internacional
Opinión
Arquivo
Ligazóns
Anteriores


*O BNG condena enerxicamente o atentado de madrid e reafirma a necesidade da unidade das forzas democráticas para conseguir a derrota total do terrorismo
Redacción, 25 de maio 2005. A Executiva Nacional do BNG quer condenar enerxicamente o atentado cometido hoxe en Madrid e quer tamén reafirmar a necesidade da unidade das forzas políticas democráticas para conseguir a derrota total e definitiva do terrorismo...
[ler máis]

*
Quintana tilda de “letal” a política economica do PP e anuncia que sustituirá as subvencións por unhas contas públicas saneadas como instrumento de apoio aos sectores produtivos
Redacción, 24 de maio 2005.
Hai que liberar á empresa e aos emprendedores da burocracia e do clientelismo” e apostar pola innovación e o emprego de calidade.
O portavoz nacional do BNG e candidato á Presidencia da Xunta, Anxo Quintana, cualificou de “veneno letal” a política económica aplicada polo Goberno do PP, que ten que ser superada “de inmediato” por outra que sustitúa “a subvención e o clientelismo” por unhas contas públicas saneadas e transparentes que sirvan como instrumento de apoio ao sectores produtivos...[ler máis]

*Apresentación do CD "Froita Madura" do Coro Lonxe da Terra de Barcelona
Redacción, 25 de maio 2005. O Coro Lonxe da Terra, decano dunha tradición coral que se remonta uns oitenta anos atrás, na longa historia da emigración galega en Cataluña, presenta hoxe esta froita madura, cultivada con esmero durante xornadas de esforzo colectivo, coa pretensión de aportar á posteridade un producto do seu tempo.
Será o
domingo, 29 de maio de 2005, ás 19:30 h. no Centro Galego de Barcelona...
[ler máis]

*O Plano de Choque contra as listas de espera, o Novo Estatuto e o Plano de Emprego están entre as dez primeiras medidas de goberno de Quintana
Redacción, 24 de maio
2005. O candidato do BNG á presidencia da Xunta apresentou en Madrid o programa urxente de goberno. "Imos acabar co despilfarro do PP; temos por obxectivo suprimir 1000 altos cargos, o que suporá un aforro de 90 millóns de euros anuais"
, anunciou Quintana...[ler máis]

*
Quintana: “Fraga é incapaz de falar dos problemas de Galiza e só quer meter medo falando da unidade de España”
Redacción, 24 de maio 2005. O líder do BNG di que Fraga é un candidato fantasma que “se esconde e non sabe debater nen dialogar, só sabe insultar”.
O candidato do BNG á presidencia da Xunta, Anxo Quintana, respostou na tarde de onte, nun acto público celebrado na Casa da Cultura do Carballiño, ás acusacións feitas esta fin de semana polo candidato do Partido Popular do que afirmou: “Fraga é incapaz de falar dos problemas de Galiza e só quer meter medo falando da unidade de España”...[ler máis]

Voltar a novas

Ver anteriores


Movete polo novo Estatuto para Galiza. Asina!


Participa! Desta volta gañamos nós!!!!



Colabora coa Mesa, clica embaixo e axúdanos a galeguizar os bancos e caixas de aforros!